Saltar ao contido

Joe Dassin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoe Dassin

(1970) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Joseph Dassin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Joseph Ira Dassin Editar o valor en Wikidata
5 de novembro de 1938 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1980 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Papeete (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Hollywood Forever Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Michigan College of Literature, Science, and the Arts (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, cantautor, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata - 1980 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoChanson Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, piano, violín, Banjo, Acordeón, voz e Helicón Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Music Entertainment
RCA Records
Columbia Records
CBS Disques (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJulien Dassin Editar o valor en Wikidata
PaisJules Dassin Editar o valor en Wikidata  e Béatrice Launer Editar o valor en Wikidata
IrmánsJulie Dassin
Richelle Dassin Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0202087 Allocine: 35938 Rottentomatoes: celebrity/joseph_dassin
Youtube: UCZSzKmWnL7bZ05O0d0FavLw BNE: XX4578615 Spotify: 64LCTpIu9Iji2EPaxxPpxF iTunes: 27541729 Last fm: Joe+Dassin Musicbrainz: 475b7312-4fcb-49a4-8bcc-cf3a679b255a Songkick: 85131 Discogs: 109517 Allmusic: mn0000517119 WikiTree: Dassin-3 Find a Grave: 3671 Deezer: 2636 Genius: Joe-dassin Editar o valor en Wikidata

Joseph Ira Dassin, máis coñecido como Joe Dassin, nado en Nova York o 5 de novembro de 1938 e finado en Papeete (Tahití) o 20 de agosto de 1980, foi un músico estadounidense e francés particularmente coñecido nos países francófonos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dassin foi fillo de Jules Dassin, actor e director norteamericano xudeu, autor de obras do chamado "cine negro", e de Beatrice Launer, virtuosa violinista de orixe húngara. Pasou a súa infancia en Nova York e Os Ánxeles, (California) e, sendo aínda neno, acompañóu aos séus pais ao exilio en Europa vítimas da política anticomunista do senador Joseph McCarthy.

Despois de estudar no Instituto Le Rosey en Suíza e o bachalerato en Grenoble, Dassin regresou aos Estados Unidos para estudar etnoloxía na Universidade de Míchigan (Ann Arbor, Míchigan). Acabaría regresando novamente a Francia, onde traballou como técnico para o seu pai, aparecendo incluso nalgunas das súas películas. Por intercesión de Catherine Régnier, amiga da súa primeira muller Maryse Massiera, conseguiu que a compañía discográfica americana CBS empezase a gravar as súas cancións.

Na década de 1960 acadou os seus primeiros éxitos grazas a temas como "Les Dalton", "Guantanamera", "Siffler sur la colline" ou "Les Champs-Élysées". Na década de 1970 as cancións de Dassin alcanzaron a cúspide das listas de éxito en Francia e levárono definitivamente á fama. É a época de "L'Amérique", "Le Moustique", "Si tu t'appelles mélancolie", "Le café des trois colombes" e especialmente "L'été indien".

Probablemente como un recoñecemento aos seus pais de ideoloxía de esquerda, as gravacións de Dassin foron permitidas na Unión Soviética. Foi tamén un talentoso políglota, gravando cancións en alemán, castelán, italiano e grego, ademais por suposto en francés e en inglés.

Ao longo dos anos tamén actuou como compositor, escribindo cancións para outros cantantes da época, como Carlos, Mélina Mercouri (esposa do seu pai), France Gall ou Marie Laforêt.

Trala morte do seu primeiro fillo (Joshua), separouse de Maryse e casou con Christine Delvaux, con quen tivo dous fillos: Jonathan e Julien.

Morreu aos 41 anos dun ataque cardíaco, durante as súas vacacións en Tahití, o 20 de agosto de 1980. Foi sepultado no Hollywood Forever Cemetery en Hollywood, California.

De entre os compositores xa falecidos, Joe Dassin é o que xera máis ingresos por dereitos de autor en Francia.[Cómpre referencia]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • À New York (1966)
  • Les Deux Mondes de Joe Dassin (1967)
  • Le Chemin de papa (1969)
  • L'Amérique (1970)
  • Elle était oh!... (1971)
  • Joe (1972)
  • 13 nouvelles chansons (1973)
  • À l'Olympia (live) (1974)
  • Le Costume blanc (1975)
  • Le Jardin du Luxembourg (1976)
  • Les Femmes de ma vie (1978)
  • 15 ans déjà (1979)
  • Blue Country (1979)
  • Little Italy (1982)
  • Éternel (2005; póstumo con algunhas cancións inéditas)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Puisque tu veux tout savoir ! - Claude Lemesle - Éditions Albin Michel (2005) (en francés)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]