Jules Quicherat
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Étienne Julien Joseph Quicherat ![]() 13 de outubro de 1814 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 8 de abril de 1882 ![]() París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse ![]() |
Director École des chartes (pt) ![]() | |
1871 – 1882 ← Léon Lacabane (pt) ![]() ![]() | |
Presidente Société de l'École des chartes (en) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | École des chartes (pt) ![]() Liceo Louis-le-Grand ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia, arqueoloxía, filoloxía, Diplomática e diplomacia ![]() |
Ocupación | arqueólogo, historiador da arte, filólogo, escritor, historiador, mestre ![]() |
Membro de | |
Interesado en | Xoana de Arco ![]() |
Alumnos | Albert Sorel ![]() |
Familia | |
Irmáns | Louis-Marie Quicherat ![]() |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature ![]() |
![]() |
Jules Étienne Joseph Quicherat, nado en París o 13 de outubro de 1814 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1882, foi un historiador e arqueólogo francés, coñecido pola edición do Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol., 1841-1849) e por estar considerado un dos pioneiros do estudo da arqueoloxía en Francia.[1] Irmán do latinista Louis Marie Quicherat.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Collège Sainte-Barbe, onde recibiu unha educación clásica, máis tarde escribiu unha historia do centro en tres volumes. En 1835 entrou na École des chartes en 1834, obtendo o título de arquivista paleógrafo, e logo pasou a traballar na Bibliothèque Royale, en 1847 inaugurou un curso de leccións de arqueoloxía na École des chartes, e máis tarde foi designado profesor de arqueoloxía medieval e mais tamén asumiu en 1849 o posto de profesor de diplomática[2] daquela escola, que dirixiu desde 1871 ata a súa morte. Cara ao final da súa vida comezou a transcribir as leccións de arqueoloxía, que se publicaron postumamente.
Obras
[editar | editar a fonte]- Procès de condamnation et de réhabilitation de Jeanne d'Arc (5 vol. 1841-1849)
- Aperçus nouveaux sur l'histoire de Jeanne d'Arc (1850)
- Thomas Basin (1855-1859)
- L'Alésia de César rendue à la Franche-Comté (1857)
- Histoire de sainte Barbe (1860-1864)
- De la formation française des anciens noms de lieu (1868)
- Histoire du costume en France (1875)
- Rodrigue de Villandrando (1879)
- Mélanges d'archéologie et d'histoire (1885-1886), póstumo.