Julián Zugazagoitia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1899 ![]() Bilbao, España ![]() |
Morte | 9 de novembro de 1940 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena ![]() |
![]() | |
17 de maio de 1937 – 8 de abril de 1938 ← Ángel Galarza (en) ![]() | |
![]() | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Vizcaya (capital) (en) ![]() | |
![]() | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 18 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Badajoz (en) ![]() ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, xornalista, escritor ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
Interesado en | Movemento obreiro en España ![]() |
![]() |
Julián Zugazagoitia Mendieta, nado en Bilbao o 5 de febreiro de 1899, e finado en Madrid o 9 de novembro de 1940, foi un político, xornalista e escritor socialista español. Coñecido como Zuga nos ambientes políticos, tamén empregou os pseudónimos de Fermín e Julián Mendieta. Desempeñou a Secretaría Xeral de Defensa Nacional ó finalizar a guerra civil española. Tras exiliarse en Francia, foi capturado pola policía secreta alemá e entregado ás autoridades españolas. Morreu fusilado polo goberno franquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira política
[editar | editar a fonte]Fillo dun obreiro metalúrxico, Fermín Zugazagoitia (en varios dos seus artigos usou como pseudónimo Fermín Mendieta), afiliouse ás Xuventudes Socialistas da agrupación bilbaína ó pouco de crearse, e da que foi presidente en 1920. Dende este posto, enfrontouse e opúxose ó proceso de escisión que daría lugar á creación do Partido Comunista de España. Estivo moi influído por Tomás Meabe, o propio Pablo Iglesias e Indalecio Prieto. Militante do Partido Socialista Obrero Español, o seu achegamento ás posicións máis moderadas dentro das organizacións socialistas debíase a que, máis que unha formación doutrinal, a súa elección estivo moi marcada polo humanismo. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi condenado a desterro en Santoña, onde iniciou a súa carreira literaria.
Emulou ó seu pai e foi elixido concelleiro en Bilbao nas eleccións municipais de España de 1931 que propiciaron a fin da monarquía de Afonso XIII. Despois, obtivo a acta de deputado ó Congreso nas Eleccións Xerais de 1931 en España pola provincia de Badaxoz. Pertencía á póla centrista, "prietista" do PSOE.
Cofundador o 11 de febreiro de 1933 da Asociación de Amigos da Unión Soviética, creada nuns tempos nos que a dereita sostiña un ton condenatorio en relación ós relatos sobre as conquistas e os problemas do socialismo na URSS.
Guerra civil
[editar | editar a fonte]Durante a guerra civil foi un dos escasos dirixentes socialistas que ficou en Madrid ó producirse o asalto franquista en novembro de 1936. Ó caer o goberno de Largo Caballero, tralos sucesos de maio, foi nomeado Ministro da Gobernación con Juan Negrín con quen compartía a idea de que non se debía render o goberno lexítimo da república a os sublevados, aínda que foi contrario á participación do Partido Comunista no goberno e, nese senso, próximo ás teses de Indalecio Prieto. Ocupou o posto até abril de 1938. Dende esa data até a fin da guerra, desempeñou a Secretaría Xeral de Defensa Nacional.
Exilio e fusilamento
[editar | editar a fonte]Saíu ó final da guerra dende Cataluña até Francia e fixou a súa residencia en París, onde tras ser delatado foi detido o 27 de xullo de 1940 pola Gestapo (durante a ocupación nazi de Francia) e entregado ás autoridades franquistas xunto ó tamén xornalista socialista Francisco Cruz Salido, Teodomiro Menéndez, socialista asturiano, o director de escena Cipriano Rivas Cherif, cuñado de Manuel Azaña, e dous íntimos amigos deste: Carlos Montilla e Miguel Salvador Carreras. O autor da súa detención e posterior entrega en España foi o policía Pedro Urraca Rendueles.[1] Nun xuízo sumarísimo e despois de tomar declaración a todos os procesados, o xeneral Arroyo deu por rematada a instrución da causa o 16 de outubro, calificando os feitos relatados como constitutivos de delito de rebelión, previsto no artigo 237 e seguintes do Código de Xustiza Militar.[2] En aplicación de devandito código, os seis procesados, agás Teodomiro Menéndez, foron condenados a morte, aínda que posteriormente Rivas Cherif, Montilla e Salvador foron indultados. O 9 de novembro, xunto con Francisco Cruz Salido e outros catorce presos, foi fusilado en Madrid nas tapias do cemiterio da Almudena.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El cazador de rojos", El País Consultado o 5 de xaneiro de 2011
- ↑ "Guerra y vicisitudes de los españoles. Lectura breve". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de decembro de 2016.
- ↑ De Rivas Cherif, Cipriano (1 de maio de 1978). "Tres mártires: Companys, Zugazagoitia y Cruz Salido" (PDF). Tiempo de historia (42): 4–25.
- ↑ Preston, Paul (2011). El holocausto español. Odio y exterminio en la guerra civil y después (1.ª ed.). Barcelona: Debate. p. 644. ISBN 978-84-8306-852-6.