Saltar ao contido

Julio César Trujillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJulio César Trujillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1931 Editar o valor en Wikidata
Ibarra (Ecuador) Editar o valor en Wikidata
Morte19 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Quito (Ecuador) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehemorraxia cerebral Editar o valor en Wikidata
Presidente Consello de Participación Cidadá e Control Social
6 de marzo de 2018 – 19 de maio de 2019
Conselleiro Consello de Participación Cidadá e Control Social
28 de febreiro de 2018 – 6 de marzo de 2018
Coordinateur Q66818125 Traducir
12 de decembro de 2017 – 28 de febreiro de 2018
Incumbente (pt) Traducir Ombudsman (en) Traducir
6 de maio de 1997 – 20 de maio de 1997
Presidente Constitutional Court of Ecuador (en) Traducir
1982 – 1982
Deputado Nacional de Ecuador
Representa: Democracia Popular

10 de agosto de 1979 – 9 de agosto de 1984

Circunscrición electoral: Provincia de Pichincha

Presidente Democracia Popular
7 de abril de 1978 – 27 de maio de 1983
← Osvaldo Hurtado LarreaWilfrido Lucero (en) Traducir →
Deputado Nacional de Ecuador

Circunscrición electoral: Imbabura
Deputado Nacional de Ecuador

Circunscrición electoral: Provincia de Pichincha
Deputado Nacional de Ecuador
Representa: Conservative Party (en) Traducir


Circunscrición electoral: Imbabura
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Católica de Ecuador - licenciatura en Dereito, licenciatura en Ciencias Políticas, Juris Doctor (década de 1950–1958) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito constitucional e Dereito laboral Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, profesor universitario, político, xurista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Católica de Ecuador (1958–)
Universidad Andina Simón Bolívar (en) Traducir
Universidade Central de Ecuador
Universidade Católica de Santiago de Guayaquil Editar o valor en Wikidata
Partido políticoDemocracia Popular (1977–1993)
Progressive Conservative Party (en) Traducir (1976–1977)
Conservative Party (en) Traducir (1958–1976) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Q66818125 Traducir (2015–2018) Editar o valor en Wikidata
MovementoTeoloxía da liberación Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLeônidas Proaño (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: JCTrujilloCPCCS Editar o valor en Wikidata

Julio César Trujillo Vásquez, nado en Ibarra, 25 de marzo de 1931 e finado en Quito o 19 de maio de 2019, foi un avogado e político ecuatoriano que exerceu cargos de deputado e asembleísta constituínte en diferentes períodos. Exerceu a presidencia do Consello de Participación Cidadá e Control Social Transitorio.

Doutor en Xurisprudencia pola Pontificia Universidade Católica de Ecuador, onde foi profesor e decano. Como avogado, exerceu a práctica profesional por máis de 50 anos no dereito constitucional e social, mais o eido ao que máis se dedicou foi o do dereito laboral, tanto en casos individuais como colectivos, sendo asesor de varias organizacións sociais e sindicatos. Foi membro da Comisión Andina de Xuristas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e estudos

[editar | editar a fonte]

Naceu en Ibarra, capital da provincia ecuatoriana de Imbabura, o 25 de marzo de 1931. Fillo dun artesán que traballou na agricultura e dunha comerciante. Comezou os seus estudos nunha escola rural, continuando en La Salle e graduándose de bacharelato no Colexio Sánchez y Cifuentes, de Ibarra. Durante este período tivo entre os seus mestres a Leonidas Proaño, sacerdote católico dedicado á alfabetización dos indíxenas sendo un importante representante da teoloxía da liberación, pensamento ao que Trujillo se integraría.[1]

Logo de alcanzar o bacharelato migrou a Quito co soño de ser piloto mais no canto diso estudaría dereito na Pontificia Universidade Católica de Ecuador, onde chegou a obter o seu doutoramento en xurisprudencia en 1958, iniciando a partir dese momento a súa actividade laboral como profesor na mesma institución.[1][2]

Labor universitario

[editar | editar a fonte]

Iniciando a súa cátedra universitaria de dereito do traballo logo de graduarse en 1958, volveuse un destacado mestre da universidade, o cal lle valeu o nomeamento por parte dos estudantes para o decanato da facultade de xurisprudencia, buscando estes conseguir un cambio ante o longo período de Julio Tobar Donoso na administración da facultade. Trala súa designación neste cargo en 1970, deu paso á primeira reforma desta universidade.

A reforma consistiu na implantación do sistema de créditos e semestres en lugar dos seis anos de estudo de cursos pechados, substituíuse o estudo dos códigos polo estudo do dereito, deuse un importante impulso ao dereito público e iniciouse a preocupación polo dereito económico. Pero disto o máis importante sería que xa non sería suficiente declararse católicos para ingresar ás cátedras, senón ter outras calidades e virtudes como: seriedade, puntualidade e responsabilidade.

O pai xesuíta que era vicechanceler da universidade, Alfonso Villalba, propúxoo como vicerreitor, iniciando as súas funcións en 1971 tras declararse que as súas funcións de decano non eran incompatibles coas do vicerreitorado. Unha vez no cargo deu paso á democratización da institución xunto ao reitor dese tempo, Hernán Malo.[3]

Ingreso na política

[editar | editar a fonte]

Participou en política na rama progresista do Partido Conservador chegando a ser asembleísta constituínte e deputado. Traballou xunto aos sindicatos de orientación demócrata cristiá e grupos sociais da Serra de Ecuador. Liderou un grupo de conservadores que se desafilia do Partido Conservador para achegarse ao traballo con grupos excluídos.

Durante as ditaduras dos anos setenta, foi perseguido pola súa loita pola democracia. Foi confinado á selva amazónica por varios meses.[4]

En 1977 liderou a constitución de Democracia Popular, sendo orixinalmente o seu precandidato á presidencia pero máis tarde cedería o posto a Osvaldo Hurtado Larrea quen asumirá a candidatura de vicepresidente xunto a Jaime Roldós Aguilera nunha alianza coa Concentración de Forzas Populares.[5] A ditadura non permitiu a inscrición de DP para evitar unha alianza coa CFP, pero de todos os xeitos, realizouse a alianza que tivo como candidato o seu binomio. Julio César Trujillo foi elixido lexislador en 1978, mesmo ano no que asumiría a presidencia da súa organización política até 1983.[6][7][8] Durante ese tempo exercería a presidencia do Tribunal de Garantías Constitucionais durante o ano de 1982.[9]

Volveuse candidato presidencial do oficialismo democristián en 1984, tivo un mal resultado electoral, quedando sétimo de nove candidatos co 4,7 % dos votos, isto por mor da impopularidade do réxime de Osvaldo Hurtado. Permaneceu na Democracia Popular até 1993, en que o partido deu un xiro cara á dereita.

[editar | editar a fonte]

Trujillo permaneceu no centro-esquerda política. A partir de 1997, vinculouse ao traballo do movemento indíxena Pachakutik, á vez que era designado como primeiro defensor do pobo da historia de Ecuador en marzo dese mesmo ano. Porén, aos 15 días da súa posesión renunciou ao cargo por falta de recursos para a institución.[10][11]

Pachakutik tívoo de candidato para ser asembleísta por Pichincha, participando na Asemblea Constituínte que elaborou unha Constitución que recoñecía os dereitos colectivos de grupos indíxenas e afroecuatorianos, así como permitiu a aplicación de medios ancestrais de xustiza indíxena. En 2006, foi candidato a deputado por Pichincha por Pachakutik, mais non conseguiu o escano.

A inicios do goberno de Rafael Correa formou parte da Comisión da Verdade; xunto con Elsie Monge, monseñor Luis Alberto Luna Tobar e Pedro Restrepo; dedicada á investigación de violacións aos dereitos humanos por parte do Estado que foron cometidas entre 1984 e 2008.[12]

Ascenso ao Consello de Participación Cidadá

[editar | editar a fonte]

No último período do goberno de Rafael Correa integrou, a partir do 2015, a Comisión Nacional Anticorrupción (CNA), formada pola Fronte Unitaria de Traballadores (FUT), que se dedicou a investigar caso de corrupción sendo os seus membros homenaxeados o Día dos Traballadores de 2017 á vez que serían acusados xudicialmente de calumnias polo contralor Carlos Pólit. Tamén forma parte do colectivo YASunidos do cal foi o seu avogado, apoiando a consulta contra a explotación do Parque Nacional Yasuní.

Co fin do goberno de Correa, o seu nome foi mencionado para integrar a Fronte de Transparencia e Loita Contra a Corrupción, organismo nomeado, mais non aceptou formar parte deste organismo dependente do goberno de Lenín Moreno. Sería tras a consulta popular que foi designado presidente do Consello de Participación Cidadá Transitorio en 2018, organismo xurdido das ternas enviadas polo presidente Lenín Moreno á Asemblea Nacional, iniciando a avaliación, destitución e designación de autoridades dos órganos de control do estado.

Finalizando o seu período neste organismo, iniciou unha campaña para eliminar este organismo. En primeira sinalou que apoiaría o voto nulo nas eleccións destas autoridades e que ía comezar a colleitar sinaturas para eliminar o organismo unha vez deixe as súas funcións.[13] O 6 de abril de 2019 forma o Comité pola Reinstitucionalización Nacional xunto con Rosalía Arteaga, Gustavo Noboa, José Ayala Lasso, Enrique Ayala Mora, Nelsa Curbelo, Simón Espinoza, Hernán Pérez Loose e Pablo Dávila; co propósito de eliminar o Consello de Participación Cidadá.[14]

Pasamento

[editar | editar a fonte]
Unha homenaxe á vida de Julio César Trujillo no campus da PUCE Pontificia Universidade Católica de Ecuador, en Quito o 20 de maio de 2019.

O 14 de maio de 2019, horas despois de render informe dos labores feitos polo Consello de Participación Cidadá transitorio, Trujillo sufriu un desmaio e foi inmediatamente trasladado ao Hospital Metropolitano, ao norte da cidade de Quito.[15] Horas despois, confirmouse que sufriu un accidente cerebrovascular e o seu estado de saúde mantívose como reservado crítico.

O 17 de maio de 2019, Julio César Trujillo faleceu tras estar tres días internado no Hospital Metropolitano de Quito debido a un ictus.

  1. 1,0 1,1 "La Andina rinde homenaje al destacado maestro y jurista Julio César Trujillo" (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  2. "Julio César Trujillo, 50 años de trayectoria en el ámbito jurídico – Periódico Expectativa – Noticias de Ibarra Imbabura Ecuador". www.expectativa.ec (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  3. "Homenaje a Julio César Trujillo | Análisis Jurídico". www.analisisjuridico.com (en castelán). Consultado o 13 de setembro de 2018. 
  4. La Posta (20 de marzo de 2018). "Castigo Divino: Julio César Trujillo". Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  5. La Posta (21 de novembro de 2017). "Castigo Divino: Osvaldo Hurtado". Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  6. "Mahuad fulminó la DP al someterla al PSC y a LFC". El Telégrafo (en castelán). 11 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2018. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  7. "Elecciones y Democracia en el Ecuador, Los Partidos Políticos, Documentos Básicos" (PDF). 1989. 
  8. Flavia Freidenberg y Manuel Alcantara Sáez (2001). "Los dueños del poder - Los partidos políticos en Ecuador (1978-2000)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2017. 
  9. Tribunal Supremo Electoral (1989). Elecciones y Democracia en Ecuador. TSE
  10. "Historico autoridades DPE - Defensoría del Pueblo". Defensoría del Pueblo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  11. Defensoría del Pueblo de Ecuador, ed. (2017). "Defensoría del Pueblo: 20 Años de Vida Institucional" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2018. Consultado o 12 de setembro de 2018. 
  12. "Julio César Trujillo, un defensor de los derechos y la democracia, falleció". El Comercio. Consultado o 27 de xuño de 2019. 
  13. "Julio César Trujillo insta a votar nulo en la elección del nuevo Consejo de Participación Ciudadana". El Universo (en castelán). 15 de marzo de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  14. "Trujillo conforma un Comité para viabilizar la eliminación del Consejo de Participación Ciudadana". El Comercio. Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  15. "Hospitalizan a Julio César Trujillo por derrame cerebral". Ecuavisa (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2019.