Julio Cid Conde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Vilar de Santos | |
22 de marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) | |
Actividade | |
Ocupación | político, zapateiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Julio Cid Conde foi un zapateiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zapateiro en Allariz. Afiliado ao PSOE. Foi elixido alcalde de Vilar de Santos o 22 de marzo de 1936, logo de tomar posesión como concelleiro xestor nomeado polo Gobernador civil. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1] Foi detido a principios de febreiro de 1950 acusado de formar parte dun grupo capitaneado por José Cid Conde que se dedicaba a facer atracos na comarca de Allariz,[2] Condenado, estivo preso na Colonia Penitenciarla de El Dueso (Santoña), e saíu en liberdade condicional en xaneiro de 1959.[3]
Predecesor: - |
Alcalde de Vilar de Santos 1936 |
Sucesor: - |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE, 6-8-1941, p. 3050.
- ↑ "La guardia civil detiene a una banda de atracadores", La Región, 7-2-1950, p. 4.
- ↑ BOE, 19-3-1959, p. 4364 .
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2008). A Limia: 1931-1953. Historia e memoria. Sarreaus: Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. p. 106. ISBN 978-84-612-6855-9.