Julio Veiga Valenzano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX A Coruña |
Morte | Madrid |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | compositor , violinista , crítico musical |
Familia | |
Pai | Pascual Veiga |
Julio Veiga Valenzano, nado na Coruña e finado en Madrid, foi un compositor, violinista e crítico musical galego, fillo de Pascual Veiga Iglesias.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi discípulo de Jesús de Monasterio, rematou a carreira en 1888 e xa en 1889 acadou un grande éxito como concertista no Casino Republicano.[1]
Colaborou como crítico e articulista na Ilustración Musical Hispano-Americana, sendo de especial relevancia un artigo asinado en Madrid en xuño de 1894, no que sinala os elementos que caracterizan á música galega: a sinxela consonancia harmónica e a melodía exuberante de forza rítmica, derivando deles un terceiro elemento, que puidéramos denominar estético, en quen se confunden entrañablemente aqueles, di no seu artigo.[1]
Compuxo varias obras, entre elas unha colección de valses para piano, titulada Al vuelo, e tamén a melodía para canto e piano ¡Fatalidad!.