Saltar ao contido

Xunta de Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Junta de Andalucía»)
O palacio de San Telmo, sede da Presidencia da Xunta de Andalucía.

A Xunta de Andalucía (en castelán: Junta de Andalucía) é a institución na que se organiza o goberno da Comunidade Autónoma de Andalucía. Está integrada polo Parlamento de Andalucía, a Presidencia da Xunta de Andalucía e polo Consello de Goberno da Xunta de Andalucía.

Os presupostos do ano 2010 ascenderon a 33.737.7 millóns de euros[1] e posúe máis de 200.000 empregados directos.

No 2014, a Presidenta da Xunta de Andalucía é Susana Díaz Pacheco, pertencente ao Partido Socialista Obrero Español de Andalucía (PSOE-A). Na Xunta goberna o PSOE desde a creación da primeira Xunta preautonómica o 27 de maio de 1978, cando Plácido Fernández Viagas chegou a presidencia en detrimento de Jaime García Añoveros, de UCD. A presenza do PSOE na presidencia é polo tanto anterior á autonomía de Andalucía e esténdese ao longo de 32 anos e 6 presidencias distintas.

Logo da Xunta de Andalucía.

Símbolo xenérico da Xunta de Andalucía
O símbolo xenérico é unha síntese do escudo, con atributos de modernidade e dinamismo. Contén de xeito sintético os elementos que definen o escudo de Andalucía:

  • A Bandeira en forma de arco de medio punto, expándese converténdose en ondas que se proxectan cara o exterior.
  • Hércules concéntrase nun triángulo, figura estética, que como un compás apunta ao norte.

Con esta simboloxía represéntase a nova Andalucía de progreso, en movemento e en comunicación directa cos cidadáns, estando tamén presente nos Organismos, Entidades e Empresas Públicas que xestiona ou nos que participa, así como no patrimonio que mantén, facendo patente a súa acción de goberno.[2]

Institucións

[editar | editar a fonte]

Parlamento

[editar | editar a fonte]
Edificio do Hospital de las Cinco Llagas, sede do Parlamento de Andalucía.
Artigo principal: Parlamento de Andalucía.

O Parlamento de Andalucía é a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Andalucía. Está composto por deputados elixidos mediante sufraxio universal directo, os cales representan ao pobo andaluz.[3] O Parlamento de Andalucía constituíuse por primeira vez no 1982, tras a aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981. A actual sede está no antigo Hospital de las Cinco Llagas en Sevilla.

Presidente

[editar | editar a fonte]

O Presidente da Xunta de Andalucía é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma. A súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno do Parlamento de Andalucía e o seu nomeamento correspóndelle ó rei.

Consello de Goberno

[editar | editar a fonte]

O Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desenvolvemento da función executiva e administrativa da Xunta de Andalucía. Está composto polo Presidente da Xunta de Andalucía, quen o preside, e polos Consejeros nomeados por el para facerse cargo das diversas Consejerías.

Reúnense habitualmente os martes de todas as semanas.[4]

Consejerías

[editar | editar a fonte]

Na lexislatura actual (2012-2016) a Xunta de Andalucía está composta polas seguintes 11 consellerías, ordenadas por prelación:[5]

O primeiro Consello de Goberno formouse o 7 de maio de 2012 trala constitución do Parlamento e a sesión de investidura do novo presidente, José Antonio Griñán, tralas eleccións do 25 de marzo de 2012. O presidente nomeou a 11 conselleiros e un vicepresidente. Posteriormente, o 27 de agosto de 2013 produciuse a dimisión do presidente, celebrándose unha sesión de investidura os días 4 e 5 de setembro onde o Parlamento outorgou a confianza a Susana Díaz a cal formou novo goberno o 9 de setembro de 2013.

Bandeira de Andalucía  Composición do Consello de Goberno da Xunta de Andalucía - IX Lexislatura  
Consellería Conselleiro Competencias
Presidenta da Xunta de Andalucía Susana Díaz Pacheco
Representación máxima da Comunidade Autónoma. Elección dos Conselleiros. Dirección e coordinación o Consello de Goberno. Coordinación as Administracións Públicas.[6]
Vicepresidencia da Xunta de Andalucía e Consellería de Administración Local e Relacións institucionais
Diego Valderas Sosa Relacións co Goberno central, Deputacións provinciais, Mancomunidades e concellos. Consumo, Dereitos da cidadanía, Participación, Voluntariado, Memoria histórica.[7]
Consellería da Presidencia
Manuel Jiménez Barrios Asistencia política, técnica e xurídica do Presidente e do Goberno, protocolo, xestión económica da Presidencia, comunicación, BOJA[8]
Consellería de Facenda e Administración Pública
María Jesús Montero Cuadrado Política económica e financeira, programación, seguimiento, avaliación, coordinación e verificación das actuacións de contido económico e financeiro, entre estas os Presupostos da Xunta[9]
Consellería de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego
José Sánchez Maldonado Educación superior, investigación científica e innovación tecnolóxica, axuda ás empresas para I D, sociedade da información, industria, enerxía, minas, cooperativas, incentivos rexionais e tecnolóxicos [10], cooperación económica y desarrollo de mercados. Relaciones laborales, seguridad y sanidad en el trabajo, tutela del Servicio Andaluz de Empleo, políticas de autoempleo, red de UTEDLT (desarrollo local y tecnológico en áreas rurales[11]
Consellería de Igualdade, Saúde e Políticas Sociais
María José Sánchez Rubio Sanidade e hixiene pública, hospitais e consumo. Familia, terceira idade, discapacitados, integración social, prestacións no contributivas e asistencia social[12]
Consellería de Educación, Cultura e Deporte
Luciano Alonso Alonso Educación infantil, primaria e secundaria, formación profesional. Arte e cultura, patrimonio histórico - bibliográfico - sonoro - imaxe, museos. Promoción do deporte[13]
Consellería de Xustiza e Interior
Emilio de Llera Suárez Bárcena Coordinación da acción do Consello en materia de seguridade e servizos de emerzencias, eleccións e consultas, espectáculos e actividades recreativas, voluntariado, drogodependencias, protección de animais[14]
Consellería de Fomento e Vivenda
Elena Cortés Jiménez Obras públicas, infraestruturas e organización do transporte por estrada, ferroviario, marítimo e aéreo[15]
Consellería de Agricultura, Pesca e Desenvolvemento Rural
Elena Víboras Jiménez Agricultura, gandaría, agroalimentación, desenvolvemento rural e pesca, acuicultura e investigación agropecuaria.[16]
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
María Jesús Serrano Jiménez Protección do medio ambiente, auga, espazos naturais, vías pecuarias, montes públicos, cotos de caza e control cinexético.[17]
Consellería de Turismo e Comercio
Rafael Rodríguez Bermúdez Planificación, promoción e desenvolvemento do turismo, comercio, artesanía.[18]
Fonte: Xunta de Andalucía

Defensor do Pobo Andaluz

[editar | editar a fonte]

O Defensor do Pobo Andaluz é unha institución cuxa misión principal é a protección e defensa en Andalucía dos Dereitos e Liberdades establecidos no primeiro título da Constitución española. Para isto ten a potestade de inspeccionar aos concellos, ás deputacións provinciais así coma á Xunta de Andalucía. O Defensor do Pobo Andaluz é elixido polo Parlamento de Andalucía para desenvolver as súas funcións durante cinco anos, período tras o que pode renovado.

Consello Consultivo

[editar | editar a fonte]

O Consello Consultivo de Andalucía é o órgano superior consultivo do Consello de Goberno e da Administración da Xunta de Andalucía, incluídos os seus organismos. Así mesmo, é o órgano supremo de asesoramento das entidades locais e dos organismos e entes de dereito público das dependentes, así coma das universidades públicas andaluzas.[19]

Consello Audiovisual de Andalucía

[editar | editar a fonte]

O Consello Audiovisual é a autoridade audiovisual independente encargada de velar polo respecto dos dereitos, liberades e valores constitucionais e estatutarios nos medios audiovisuais, tanto públicos coma privados dentro de Andalucía, así coma do cumprimento da normativa vixente en materia audiovisual e de publicidade.[20]

Presidentes da Xunta

[editar | editar a fonte]
Bandeira de Andalucía Lista de Presidentes da Xunta de Andalucía desde 1978
Período Presidente Observacións
Nome Partido
Xunta Preautonómica[21] 1978-1979 Plácido Fernández Viagas PSOE Dimite o 2 de xuño de 1979
1979-1982 Rafael Escuredo Rodríguez PSOE
I Lexislatura 1982-1984 Rafael Escuredo Rodríguez PSOE Dimite o 17 de febreiro de 1984
1984-1986 José Rodríguez de la Borbolla PSOE
II Lexislatura 1986-1990 José Rodríguez de la Borbolla PSOE
III Lexislatura 1990-1994 Manuel Chaves González PSOE
IV Lexislatura 1994-1996 Manuel Chaves González PSOE
V Lexislatura 1996-2000 Manuel Chaves González PSOE
VI Lexislatura 2000-2004 Manuel Chaves González PSOE
VII Lexislatura 2004-2008 Manuel Chaves González PSOE
VIII Lexislatura 2008-2009 Manuel Chaves González PSOE Dimite o 7 de abril de 2009
2009 Gaspar Carlos Zarrías Arévalo PSOE En funcións
2009-2012 José Antonio Griñán Martínez PSOE
IX Lexislatura 2012-2013 José Antonio Griñán Martínez PSOE Dimite o 27 de agosto de 2013
2013-2015 Susana Díaz Pacheco PSOE
X Lexislatura 2015-2019 Susana Díaz Pacheco PSOE
XI Lexislatura 2019- Juan Manuel Moreno PP
Fonte: Xunta de Andalucía
  1. Web da Xunta de Andalucía, presupostos de 2010, os primeiros nos que se reduce o seu montante respecto do ano anterior
  2. Junta de Andalucía - Consejeríade la Presidencia - Manual de identidad Corporativa[Ligazón morta]
  3. «El Parlamento de Andalucía representa al pueblo andaluz», Estatuto de Autonomía de Andalucía, 2007, Título IV, Capítulo I, artículo 100. Fuente: Xunta de Andalucía Arquivado 02 de setembro de 2007 en Wayback Machine..
  4. http://www.juntadeandalucia.es/SP/JDA/CDA/Secciones/Consejo_de_Gobierno/JDA-CDA_Eleccion_Consejo/0,20323,2008,00[Ligazón morta]
  5. "Consejerías". 
  6. Estatuto de autonomía para Andalucía, artículo 117.
  7. "Consejería de Administración Local y Relaciones institucionales". Xunta de Andalucia. Consultado o 23 de outubro de 2013. 
  8. Fuente: Consejería de la Presidencia[Ligazón morta].
  9. Fuente: Consejería de Economía y Hacienda.
  10. Fuente: Ver explicación y resumen de los Incentivos Regionales.
  11. Fuente: Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa.
  12. Fuente: Consejería de Salud.
  13. Fuente: Consejería de Cultura.
  14. Fuente: Consejería de Gobernación Arquivado 02 de abril de 2009 en Wayback Machine..
  15. Fuente: Consejería de Obras Públicas y Transportes.
  16. Fuente: Consejería de Agricultura y Pesca.
  17. Fuente: Consejería de Educación Arquivado 28 de abril de 2010 en Wayback Machine..
  18. Fuente: Consejería de Turismo, Comercio y Deporte[Ligazón morta].
  19. Art. 129 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
  20. Art. 131 del Estatuto de Autonomía de Andalucía
  21. Período preautonómico: Antes da adopción do Estatuto de Autonomía en outubro de 1981.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]