Justo Fernández Suárez
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 ![]() Vilaronte, España ![]() |
Morte | 23 de xullo de 1936 ![]() Ribadeo, España ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Ribadeo ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Justo Fernández Suárez,[1] coñecido como Galochía, nado en Vilaronte (Foz) cara a 1910 e finado en Ribadeo o 23 de xullo de 1936, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José María Fernández Couto. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 con outros veciños da Veiga marcharon a Ribadeo cando souberon que a columna militar sublevada avanzaba desde Lugo para tomar a vila. Justo ía á cabeza da expedición conducindo un coche e xa en Ribadeo, na curva de Covelas, el e os seus acompañantes encontráronse coas tropas que viñan desde Lourenzá. Tres gardas civís que ían diante en moto pararon o vehículo, mandaron baixar aos ocupantes e mataron a Justo por facer o ademán de sacar unha arma. Foi soterrado nunha fosa común do cemiterio de Ribadeo. Os seus restos, xunto cos de Manuel Mon Miranda, foron exhumados pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) da fosa común do cemiterio de Ribadeo en 2023.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nalgunhas fontes aparece como Justo Fernández Couto por confusión cos apelidos do pai.
- ↑ Cristina L. Felipe (1/6/2023). "Memoria Histórica exhumará a dos asesinados en Ribadeo en julio del 36". El Progreso (en castelán).