KD Avia
Aparencia
KD Avia | ||
---|---|---|
IATA KD | OACI KNI | Indicativo KALININGRAD AIR |
Fundación | 8 de outubro de 1945 | |
Fin das operacións | 8 de setembro do 2009 |
KD Avia (IATA: KD, OACI: KNI) foi unha aeroliña rusa que tivo a súa base no Aeroporto de Khrabrovo en Kaliningrado, Rusia. Establecida o 8 de outubro de 1945 co nome de Kaliningrad Avia comezou a operar en 1946, no ano 2004 estableceu servizos internacionais e pouco despois, o 25 de maio de 2005 cambiou o seu nome a KD Avia ao tempo que renovaba a súa frota substituíndo os Tupolev Tu-134 e Tupolev Tu-154 por Boeing 737-300.