KH-11
KH-11 (Keyhole-11) ou Kennan, tamén denominados Crystal, son unha serie de satélites de recoñecemento electroópticos de alta resolución operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Os KH-11 son os primeiros satélites de recoñecemento estadounidenses electroópticos de alta resolución, usando imaxes dixitais e retransmitíndoas case en tempo real. Substitúen aos satélites KH-8 e KH-9.[1][2]
Crese que os satélites usan un espello primario de 2,4 m de diámetro, o que proporciona unha resolución teórica de 15 cm a nivel do solo. As primeiras unidades usarían posiblemente detectores de fotodiodo, mentres que posteriormente pasaríase a usar detectores CCD. Os satélites teñen tamén certa capacidade de detección de sinais electrónicas. Os satélites son fabricados por Lockheed Martin e teñen masas entre 13.500 e 17.000 kg. Os KH-11 retransmiten os seus datos a través do sistema de satélites de comunicacións SDS.[1][2]
Lanzáronse 17 KH-11 mediante foguetes Titan 3D, Titan 34D, Titan 4 e Delta 4 entre 1976 e 2019, cun lanzamento fallado.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
KH-11 1 | 19 de decembro de 1976 | Titan-3D | Éxito |
KH-11 2 | 14 de xuño de 1978 | Titan-3D | Éxito |
KH-11 3 | 7 de febreiro de 1980 | Titan-3D | Éxito |
KH-11 4 | 3 de setembro de 1981 | Titan-3D | Éxito |
KH-11 5 | 17 de novembro de 1982 | Titan-3D | Éxito |
KH-11 6 | 4 de decembro de 1984 | Titan-34D | Éxito |
KH-11 7 | 28 de agosto de 1985 | Titan-34D | Fracaso |
KH-11 8 | 26 de outubro de 1987 | Titan-34D | Éxito |
KH-11 9 | 6 de novembro de 1988 | Titan-34D | Éxito |
KH-11 10 | 28 de novembro de 1992 | Titan-4(04)A | Éxito |
KH-11 11 | 5 de decembro de 1995 | Titan-4(04)A | Éxito |
KH-11 12 | 20 de decembro de 1996 | Titan-4(04)A | Éxito |
KH-11 13 | 5 de outubro de 2001 | Titan-4(04)B | Éxito |
KH-11 14 | 19 de outubro de 2005 | Titan-4(04)B | Éxito |
KH-11 15 | 20 de xaneiro de 2011 | Delta-4H | Éxito |
KH-11 16 | 28 de agosto de 2013 | Delta-4H | Éxito |
KH-11 17 | 19 de xaneiro de 2019 | Delta-4H | Éxito |
KH-9 18 | 20 de xuño de 1983 | Titan-34D | Éxito |
KH-9 19 | 25 de xuño de 1984 | Titan-34D | Éxito |
KH-9 20 | 18 de abril de 1986 | Titan-34D | Fracaso |