KH-5
KH-5 (Keyhole-5) ou Argon, parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA que contou con dúas variedades.[1][2][3]
KH-5 baseado no Agena B
[editar | editar a fonte]A primeira variedade de KH-5 estaba baseado na etapa superior do foguete Agena B, que proporcionaba control de actitude unha vez en órbita. A cápsula de retorno da película tiña o seu propio retrofoguete de propelente sólido para regresar á Terra e era recollida mentres estaba aínda no aire mediante un avión especialmente equipado. A carga útil de cada KH-5/Agena B consistía nunha única cámara Corona panorámica cunha resolución de 140 m. Lanzáronse sete KH-5/Agena B entre 1961 e 1962, todos mediante foguetes Thor Agena B, con só dúas misións (a quinta e a sétima) producindo imaxes útiles. Dous dos lanzamentos fallaron.[2]
KH-5 baseado no Agena D
[editar | editar a fonte]Similares aos KH-5/Agena B, usaban unha etapa final dos Agena D como corpo do satélite. Levaban igualmente unha cámara Corona panorámica de 140 m de resolución. Lanzáronse cinco KH-5/Agena D entre 1963 e 1964 usando Thor Agena D, un deles fallando por problemas no foguete lanzador.[3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2][3] | Data de lanzamento[1][2][3] | Foguete lanzador[1][2][3] | Notas[1][2][3] |
---|---|---|---|
KH-5 1 | 17 de febreiro de 1961 | Thor Agena B | Éxito. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 2 | 8 de abril de 1961 | Thor Agena B | Éxito. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 3 | 8 de xuño de 1961 | Thor Agena B | Fallo. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 4 | 21 de xullo de 1961 | Thor Agena B | Fallo. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 5 | 15 de maio de 1962 | Thor Agena B | Éxito. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 6 | 1 de setembro de 1962 | Thor Agena B | Éxito. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 7 | 9 de outubro de 1962 | Thor Agena B | Éxito. Modelo KH-5/Agena B. |
KH-5 8 | 26 de abril de 1963 | Thor Agena D | Fallo. Modelo KH-5/Agena D. |
KH-5 9 | 29 de agosto de 1963 | Thor Agena D | Éxito. Modelo KH-5/Agena D. |
KH-5 10 | 29 de outubro de 1963 | Thor Agena D | Éxito. Modelo KH-5/Agena D. |
KH-5 11 | 13 de xullo de 1964 | Thor Agena D | Éxito. Modelo KH-5/Agena D. |
KH-5 12 | 21 de agosto de 1964 | Thor Agena D | Éxito. Modelo KH-5/Agena D. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2020). "KH-5" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-5 Argon (Agena-B based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-5 Corona (Agena-D based)" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: KH-5 |