Kalkidan Gezahegne
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1991 (33 anos) Adís Abeba, Etiopía |
Actividade | |
Ocupación | mediofondista, fondista |
Nacionalidade deportiva | Bahrain Etiopía |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | 10 000 metros 10 quilômetros (pt) |
Participou en | |
7 de agosto de 2021 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 10 000 m feminino (pt) (2ª) |
Kalkidan Gezahegne, nada en Adís Abeba o 8 de maio de 1991, é unha atleta de medio fondo de Bahrain especializada en 1500 metros. Representou a Etiopía antes de adquirir a nacionalidade de Bahrain en 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gañou a medalla de prata en 1500 metros no 2008 Campionato Mundial Júnior de 2008 en Bydgoszcz (Polonia). Obtivo outra prata no Campionato Africano Júnior de Atletismo de 2009 en Bambous (Mauricio), no que acabou por detrás da surafricana Caster Semenya.[1] Xa como absoluta, Kalkidan acabou novena en 1500 metros no Mundial de Atletismo de 2009 en Berlín e quinta en 3000 metros na IAAF World Athletics Final de 2009.
No Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 2010 en Doha (Qatar), tivo unha reacción sorprendente ao clasificarse para a final. En plena eliminatoria, chocou con Yevgeniya Zolotova e caeu. Ergueuse para continuar a carreira, e non só alcanzou as súas competidoras, senón que amais gañou a carreira co tempo máis rápido de calquera corredor da xornada.[2] Na final superou a súa compatriota Gelete Burka, daquela campioa, e gañou o ouro. Con 18 anos e 310 días naquel momento, converteuse na vencedora máis nova dun Mundial de Atletismo en Pista Cuberta. Superou, así, o récord da romanesa Gabriela Szabo, 15 anos atrás.[3] Non puido participar no campionato ao ar libre ese ano debido a unha lesión.[4]
As súas mellores marcas persoais son:
- 4:02.98 minutos en 1500 metros, en xullo de 2009 en Atenas (Grecia)
- 4:37.76 minutos na carreira da milla, en setembro de 2009 en Rieti (Italia)
- 8:38.61 minutos en 3000 metros, en setembro de 2009 en Tesalónica (Grecia)
Dende 2017, especializouse en carreira de fondo, 5000 metros e 10000 metros. Destaca a súa medalla de ouro en 5000 metros nos Xogos Asiáticos de Iacarta en 2018.
Nos Xogos Olímpicos de Toquio en 2021, Kalkidan obtivo a medalla de prata en 10000 metros en 29 min 56 s 18, trala neerlandesa Sifan Hassan. Superou notabelmente a etíope Letesenbet Gidey, quen ostentaba o récord mundial nesa distancia[5].
O 3 de outubro de 2021, Kalkidan bateu o récord mundial en 10 km por estrada na carreira The Giants Geneva en Xenebra, Suíza. Con 29:38, superou a marca anterior por 5 segundos.[6]
O 14 de novembro de 2021, participou na carreira popular ourensá do San Martiño, na que ficou en cuarto lugar.
Mellores resultados
[editar | editar a fonte]Acontecemento | Tempo (m:s) | Data | Local |
---|---|---|---|
1500 m | 4:00.97 | 29 de maio de 2011 | Hengelo, Países Baixos |
1500 m (interior) | 4:03.28 | 10 de febreiro de 2010 | Estocolmo, Suecia |
Carreira de milla (interior) | 4:24.10 | 20 de febreiro de 2010 | Birmingham, Reino Unido |
3000 m | 8:34.65 | 4 de setembro de 2018 | Zagreb, Croacia |
3000 m (interior) | 8:37.47 | 19 de febreiro de 2011 | Birmingham, Reino Unido |
5000 m | 14:52.92 | 1 de xuño de 2021 | Montreuil, Francia |
10000 m | 29:50.77 | 8 de maio de 2021 | Maia, Portugal |
10km (estrada) | 29:38 | 3 de outubro de 2021 | Xenebra, Suíza |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ouma, Mark (2009-08-02). African Junior Champs, Day 4 Arquivado 04 de agosto de 2009 en Wayback Machine.. IAAF. Consultado o 2010-03-15.
- ↑ Morse, Parker (2010-03-12). Doha 2010 - Day 1 Wrap. IAAF. Consultado o 2010-03-12.
- ↑ Ramsak, Bob (2010-03-14). Doha 2010 - Gezahegne recovers from heat tumble to become youngest ever female champion. IAAF. Consultado o 2010-03-15.
- ↑ Jalava, Mirko & Julin, A. Lennart (2010-12-28). 2010 - End of Year Reviews – Middle Distances. IAAF. Consultado o 2010-12-28.
- ↑ "Sifan Hassan décroche sa troisième médaille des JO de Tokyo avec l'or sur 10 000 m". L'Équipe (en francés). Consultado o 2021-08-20.
- ↑ "Gezahegne breaks world 10km record in Geneva, Chelimo goes sub-30 in Valencia, Kumela breaks Kosice course record" [Gezahegne bate o récord mundial de 10 quilómetros en Xenebra, Chelimo fai menos de 30 en Valencia, Kumela bate o récord de Kosice] (en inglés). Consultado o 2021-10-04.