Saltar ao contido

Karel Čapek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKarel Čapek

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1890 Editar o valor en Wikidata
Malé Svatoňovice, República Checa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de decembro de 1938 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Vinohrady, República Checa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vyšehrad (pt) Traducir, 12B-47 Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatólico non practicante Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculty of Arts, Charles University in Prague (en) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura xuvenil, Escrita creativa e profesional, xornalismo, actividade tradutora, Literatura infantil, obra de teatro e peza teatral Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Países Baixos (1931–1932)
Praga
Hradec Králové (pt) Traducir
Brno Editar o valor en Wikidata
Ocupacióntradutor, escritor, escritor de literatura infantil, filósofo, crítico literario, pintor, ensaísta, escritor de ciencia ficción, dramaturgo, novelista, xornalista, realizador, fotógrafo, poeta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoCiencia ficción Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioK. Č.
Karel Plocek
B. Č.
Karel Vašek Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalJosef Čapek: Irmãos Čapek (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeOlga Scheinpflugová (1935–1938), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
PaiAntonín Čapek Editar o valor en Wikidata
IrmánsHelena Čapková
Josef Čapek Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Чапек Карел)
Obálky knih,
Medvik >>>:Čapek, Karel, 1890-1938, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0135015 Allmovie: p316420 IBDB: 7041
BNE: XX1721445 Bitraga: 3605 Musicbrainz: 3dd966a1-9f0a-4012-8b49-15e9ac34d8bd Discogs: 1667965 WikiTree: Čapek-86 Find a Grave: 2221 Editar o valor en Wikidata

Karel Čapek [ˈkarɛl ˈʧapɛk], nado en Malé Svatoňovice (Bohemia, Imperio Austrohúngaro) o 9 de xaneiro de 1890 e finado en Praga o 25 de decembro de 1938, foi un escritor en lingua checa. É coñecido por ser o creador do concepto de robot, que apareceu por vez primeira na súa obra de teatro R.U.R. (1920). Como homenaxe, moitos lectores adoitan deixar robots en miniatura na súa tumba no cemiterio de Praga.

Tumba de Čapek no cemiterio de Praga, co tradicional robot de xoguete.
Casa dos irmáns Čapek en Praga.

Un dos seus primeiros relatos fantásticos é Továrna na Absolutno ("A fábrica do Absoluto", 1922). Nun Universo concibido segundo as teorías panteístas de Baruch Spinoza e as da relatividade de Albert Einstein, o invento dun enxeñeiro trastorna a conduta humana e a social cando, desintegrando a materia para producir enerxía, libera tamén o místico "Divino Absoluto".

Unha obra que se adoita encadrar no xénero da ciencia ficción polo seu carácter distópico é Válka s Mloky ("A guerra das píntegas", 1936), novela de fina ironía que se considera unha sátira sobre o nazismo e o capitalismo. Na costa de Sumatra descóbrese unha nova especie de criatura, unha píntega xigante do xénero Andrias, capaz de aprender dos humanos malia non ter en principio unha intelixencia similar. O sistema capitalista mundial aprovéitase das criaturas para realizar todo tipo de labores ingratas ao ser humano, e todos os países comezan a adquirilas en gran número. Mais case ninguén é consciente de que a extensión das píntegas polo planeta Terra é unha ameaza. Critícase sucintamente no libro o Nacionalsocialismo emerxente e un sistema económico e unha orde mundial incapaces (e non interesados) en pararlle os pés. Amais do fondo político e filosófico, a novela de Čapek inclúe chiscadelas ao mundo periodístico (Čapek colaborou con diversas publicacións, como Lidové noviny).

Obra selecta

[editar | editar a fonte]
  • R.U.R. (teatro, 1921). O tema fundamental aparece xa perfilado no relato "Systém" ("O sistema") en 1919.
  • Ze života hmyzu ("Da vida dos insectos"; teatro, 1921. Escrita co seu irmán Josef)
  • Továrna na Absolutno ("A fábrica do Absoluto"; 1922).
  • Věc Makropulos ("O asunto Makropulos"; 1922). Inspirou unha ópera de Leoš Janáček
  • Krakatit ("A krakatika; 1923)
  • Adam stvořitel ("Adán o creador; 1927)
  • O ano do xardineiro (Zahradníkův rok, 1929; traducida ao galego por Fernando de Castro García e publicada por Rinoceronte editora en 2009[1])
  • Výlet do Španěl ("Viaxe a España"; 1930)
  • Válka s Mloky ("A guerra das píntegas"; 1936)
  1. Ficha de O ano do xardineiro en LG3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]