Kate Raworth
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de decembro de 1970 (54 anos) |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Campo de traballo | Economía, crecemento económico e Desenvolvemento sustentábel |
Ocupación | economista, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Oxford Oxfam |
Membro de | |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2018 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2018 |
Obra | |
Obras destacables | |
Sitio web | kateraworth.com |
Kate Raworth, nada en 1970, é unha economista inglesa da Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge. É coñecida pola obra Donut Economics: Seven Ways to Think Like a 21st-Century Economist na que propón un modelo de crecemento económico alternativo que equilibre as necesidades humanas esenciais e os límites planetarios.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Raworth estudou Política, Filosofía e Economía na Universidade de Oxford e completou un mestrado en Economía do Desenvolvemento.
De 1994 a 1997 Raworth traballou na promoción do desenvolvemento de microempresas en Zanzíbar como membro do Overseas Development Institute. De 1997 a 2001 traballou como economista e foi coautora do Informe sobre Desenvolvemento Humano do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, nos capítulos sobre globalización, novas tecnoloxías, consumo de recursos e dereitos humanos. De 2002 a 2013 foi investigadora sénior en Oxfam.[3] É investigadora sénior e membro do consello asesor do Environmental Change Institute da Universidade de Oxford;[4][5] así como socia principal do Cambridge Institute for Sustainability Leadership.[6]
En 2017, Raworth publicou Donut Economics: Seven Ways to Think Like a 21st-Century Economist. O estudo formula unha alternativa ao pensamento económico dominante e propón as condicións para unha economía sostible.
A economista española Carlota Sanz sinala que o modelo da economía do donut de Raworth «consta de dous aneis concéntricos: unha base social, para garantir que ninguén quede curto nas necesidades básicas, e un teito ecolóxico, para garantir que a humanidade non exceda os límites da Terra». Así mesmo, este modelo expón cambiar «o sistema dexenerativo a un que sexa rexenerativo e circular por deseño».[7]
En 2021, Raworth foi nomeada membro do Consello de Economía Saúde para Todos da Organización Mundial da Saúde, presidido por Mariana Mazzucato.
Obra
[editar | editar a fonte]- Kate Raworth (2017). Doughnut economics: seven ways to think like a 21st-century economist. New York, United States: Random House. ISBN 978-184794138-1. Edición en español: Economía rosquilla 7 maneras de pensar la economía del siglo XXI. Editorial Paidos (2018). Tradutor: Francisco J. Ramos. ISBN: 9788449334030.[2]
- Kate Raworth (2019). "Chapter 25: A new economics". En Extinction Rebellion. This Is Not a Drill: An Extinction Rebellion Handbook. Penguin Books. pp. 146-154. ISBN 9780141991443.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "What on Earth is the Doughnut?…". 2013-04-28.
- ↑ 2,0 2,1 Economía rosquilla - Kate Raworth | Planeta de Libros (en castelán). Consultado o 2021-05-16.
- ↑ "Kate Raworth". United Nations University. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "Finding the sweet-spot for the planet and humans: Kate Raworth to present her 'Big Idea' of doughnut economics for the 21st Century at the ECI". University of Oxford. 2017-10-04. Arquivado dende o orixinal o 8 de junio de 2020. Consultado o 2021-02-01.
- ↑ "About". 2013-04-28.
- ↑ "Kate Raworth, Senior Associate — Cambridge Institute for Sustainability Leadership" (en inglés).
- ↑ Orgaz, Cristina (28 de marzo de 2021). "Las radicales propuestas de la "economía de la dona" (y cómo quieren transformar el mundo)". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2021-10-10.