Mariana Mazzucato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1968 (56 anos) Roma, Italia |
Educación | Universidade Tufts New School for Social Research (pt) Princeton High School (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Brighton and Hove (pt) |
Ocupación | economista, profesora universitaria, autora |
Empregador | Universidade de Sussex London Business School (en) |
Influencias | |
Participou en | |
22 de maio de 2022 | World Economic Forum Annual Meeting 2022 (en) |
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 |
22 de xaneiro de 2019 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019 |
World Government Summit 2015 (en) | |
Familia | |
Cónxuxe | Carlo Cresto-Dina |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | marianamazzucato.com |
Mariana Mazzucato, nada en Roma o 16 de xuño de 1968, é unha economista, con dobre nacionalidade estadounidense e italiana.[1] É profesora de Economía de Innovación e Valor Público e directora do Instituto para a Innovación e o Propósito Público na University College London (UCL) e no RM Phillips Chair en Economía de Innovación na Universidade de Sussex. En 2013, The New Republic considerouna unha das "tres persoas pensadoras máis importantes sobre innovación".[2] É doutora honoris causa pola Universitat Oberta de Catalunya (2022).[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A investigación de Mazzucato céntrase na relación entre os mercados financeiros, a innovación e o crecemento económico, a nivel empresarial, industrial e nacional. Traballa no marco schumpeteriano da economía evolutiva, estudando a orixe e evolución das diferenzas persistentes entre as empresas e como estas diferenzas varían entre sectores e ao longo do ciclo de vida da industria. Os seus estudos empíricos centráronse nas industrias do automóbil, PC, biotecnoloxía e farmacéutica. No seu traballo máis recente analizou a coevolución do cambio tecnolóxico e das burbullas nas bolsas. Nela, afirma que a volatilidade do prezo das accións tende a ser maior a nivel de empresa e industria cando a innovación tecnolóxica é máis "radical".
Innovación financiada con fondos públicos
[editar | editar a fonte]En 2013, Mazzucato publicou The Entrepreneurial State: Myths of the Public Versus the Private Sector. O libro de 2013 argumenta que a idea do Estado como unha organización burocrática estática que só necesita "arranxar" os erros do mercado, deixando o emprendemento dinámico e a innovación ao sector privado, é un erro. Ela mostra unha serie de estudos de casos en diferentes sectores, incluíndo biotecnoloxía, produtos farmacéuticos e tecnoloxías limpas, para demostrar que o Estado está a realizar os investimentos de alto risco antes de que o sector privado se implique. Nun capítulo que examina o iPhone, describe doce tecnoloxías que o fan "intelixente" - internet, GPS, a súa pantalla táctil e Siri activado por voz- que foron financiadas polo Estado.[4]
Dous capítulos do libro están dedicados á "tecnoloxía verde". Detalla os fondos públicos que cre que están sentando as bases desta revolución dun xeito similar a como investiu o Estado nas áreas de alto risco da biotecnoloxía e a nanotecnoloxía. O libro conclúe coa afirmación da autora de que en todos estes exemplos, os riscos foron socializados mentres que as recompensas foron privatizadas, e considera diferentes formas de cambiar esta dinámica para producir máis "crecemento inclusivo".
En 2015 unha edición estadounidense publicada por Public Affairs incluíu unha nova introdución. En 2015 nun artigo en Foreign Affairs ofreceu un resumo do libro e describiu as súas implicacións para que o sector público comparta non só os riscos, senón tamén as recompensas.
Creación de valor e extracción de valor
[editar | editar a fonte]Tamén centrouse na desigualdade no seu traballo con William Lazonick (profesor e director do Center for Industrial Competitiveness da Universidade de Massachusetts). O seu traballo conxunto, "The Risk-Reward Nexus: Who Takes the Risk? Who Gets the Rewards?" describe a tensión entre como se crea o valor e como se extrae o valor no capitalismo moderno. Nel argumentan que existe un desequilibrio entre a distribución "colectiva" da asunción de riscos no proceso de innovación e a distribución cada vez máis estreita das recompensas. O artigo publicouse por primeira vez en 2012 para o think tank Policy Network.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curriculum Vitae". Official website. Mariana Mazzucato. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2015.
- ↑ "The Three Most Important Thinkers About Innovation You Need To Know". The New Republic (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2018.
- ↑ Universitat Oberta de Catalunya (UOC). Fundacio per la Universitat Oberta de Catalunya. Consultado o 2022-07-06.
- ↑ Mazzucato, Mariana; Sanjulián Arrupe, Javier; Solé, Anna (2019). El Estado emprendedor: mitos del sector público frente al privado (en español). ISBN 978-84-9187-277-1. OCLC 1120553776. Consultado o 2020-09-23.