Saltar ao contido

Universidade Tufts

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Tufts
Logo
Tipouniversidade e institución educativa privada sen ánimo de lucro
Data de fundación1852
Nomeado en referencia aCharles Tufts
Nº de empregados1.233 Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaTufts Graduate School of Biomedical Sciences
EnMassachusetts
PaísEstados Unidos de América
42°24′25″N 71°07′11″O / 42.406949, -71.11982
Na rede
https://tufts.edu
Facebook: tuftsu Twitter: TuftsUniversity Instagram: tuftsuniversity LinkedIn: tufts-university Youtube: UCPXt4ihRwQL9kUm4psLk9zA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Tufts (en inglés: Tufts University) é unha universidade privada situada en Somerville/Medford, preto de Boston, Massachusetts (Estados Unidos). Fundouse en 1852.

Os antigos alumnos, profesores e afiliados de Tufts inclúen tres premios Nobel, doce gañadores do premio Pulitzer, cinco gobernadores estatais, dous senadores dos Estados Unidos, catro gañadores do premio Emmy e tres gañadores do premio da Academia.[1]

Foi fundado como Tufts College en 1852, pola Igrexa Universalista de América,[2] despois de que Charles Tufts donase os terreos de Walnut Hill, a zona máis elevada de Mdeford, para o campus. Porén, non comezou a funcionar de xeito ordinario até o outono de 1854, inicialmente, con 30 estudantes e o 22 de agosto de 1855, se celebrou, oficialmente a inauguración.[2]

En 1892, converteuse nunha institución mixta na que homes e mulleres recibían formación conxuntamente, mais o comedor e o aloxamento estaban separados.[2]

En 1954, mudou a denominación pola actual de Universidade Tufts, para manifestar a súa expansión.

Facultades e Escolas

[editar | editar a fonte]

A universidade está organizada en dez facultades e escolas, das cales seis escolas son exclusivamente de posgrao, unha facultade é exclusivamente de grao e o resto ofrecen programas de grao e posgrao.[3]

Facultades de Pregrao e Posgrao

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Artes e Ciencias (School of Arts and Sciences)
  • Escola de Enxeñaría (School of Engineering)
  • Facultade de Cidadanía e Servizo Público Jonathan M. Tisch (Jonathan M. Tisch College of Citizenship and Public Service)

Facultade exclusivamente de pregrao

[editar | editar a fonte]
  • Facultade de Estudos Especiais (College of Special Studies)

Facultades exclusivamente de posgrao

[editar | editar a fonte]
  • Escola de Dereito e Diplomacia Fletcher (Fletcher School of Law and Diplomacy)
  • Escola de Medicina (School of Medicine)
  • Escola de Medicina Dental (School of Dental Medicine)
  • Escola de Medicina Veterinaria Cummings (Cummings School of Veterinary Medicine)
  • Escola de Posgrao en Ciencias Biomédicas Sackler (Sackler School of Graduate Biomedical Sciences)
  • Escola de Ciencia e Política Nutricional Gerald J. e Dorothy R. Friedman (Gerald J. and Dorothy R. Friedman School of Nutrition Science and Policy)

Ten tres campus, dos que o principal está situado en Somerville/Medford, a 8 km de Boston. O segundo, está situado no barrio de Chinatown de Boston, que acolle as escolas de Medicina Gerald J. e Dorothy R. Friedman, Medicina Dental, Ciencias Biomédicas Sackler e Ciencias e Políticas Nutricionais. O terceiro, está situado en Grafton e alberga a Cummings School of Veterinary Medicine. Por último, en Talloires (Francia) mantén un campus para os seus cursos de verán.

A universidade enfatiza o servizo público en tódalas súas disciplinas sendo coñecida polo seu internacionalismo, así como polos seus programas de intercambio de estudantes.

Antigos alumnos destacados

[editar | editar a fonte]
  1. "Tufts Alumni Notables". tuftsalumni.org (en inglés). Archived from the original on 02 de xullo de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Tufts University, 1852". dl.tufts.edu (en inglés). 2010. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  3. University Tufts (8 de novembro de 2008). "BYLAWS OF TRUSTEES OF TUFTS COLLEGE". tufts.edu (en inglés). Archived from the original on 14 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]