Tracy Chapman
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1964 (60 anos) Cleveland, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Universidade Tufts |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical e artes escénicas |
Ocupación | cantautora, compositora, guitarrista, artista urbana, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 1986 - |
Xénero artístico | Rock alternativo, American folk music (en) , Blues, Soul, música pop e folk rock |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Elektra Records Atlantic Records Fast Folk (en) |
Cronoloxía | |
5 de xullo de 2006 | Montreux Jazz Festival 2006 (en) (Miles Davis Hall (en) ) |
16 de xullo de 1992 | Montreux Jazz Festival 1992 (en) (Montreux Casino (en) ) |
4 de xullo de 1988 | Montreux Jazz Festival 1988 (en) (Montreux Casino (en) ) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Notable Black American Women |
Sitio web | tracychapman.com |
|
Tracy Chapman, nada en Cleveland (Ohio) o 30 de marzo de 1964, é unha cantante de música folk rock estadounidense, vencedora por diversas veces do Grammy, tornada mundialmente famosa polas súas cancións "Baby Can I Hold You" e "Fast Car".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tracy Chapman toca a guitarra e escribe cancións desde nena. Ingresou no programa A Better Chance, o que lle permitiu frecuentar a Wooster School, en Connecticut e posteriormente a Universidade Tufts, en Medford (Massachussets). En maio de 2004, esta Universidade concedeulle o título de doutora honoris causa en Belas artes, pola súa contribución como unha artista socialmente comprometida e polas súas realizacións artísticas.
Aínda estando na facultade, Chapman comezou a presentarse nas rúas, tocando o seu contrabaixo en cafés de Cambridge, Massachussets. Mentres esperaba a súa graduación académica, asinou contrato coa SBK Records, en 1988, lanzando o seu primeiro álbum, titulado Tracy Chapman -que foi logo aclamado pola crítica-, e comezou a realizar xiras e conquistar o público. Após a súa aparición nun programa de TV, en homenaxe aos setenta anos de Nelson Mandela, en xuño, a canción "Fast Car" alcanzou o cume das listas de éxitos nos Estados Unidos, ficando entre as 10 máis executadas da lista da Billboard Hot 100, con outras cancións na lista como "Baby Can I Hold You".
O disco vendeuse ben, alcanzando varios certificados de venda da RIAA (discos de platino), e facéndoa conseguir no ano seguinte (1989) catro Grammy Awards, inclusive a de mellor artista revelación.
Chapman tornouse, despois disto, unha artista ligada a Amnistia Internacional, participando da xira "Human Rights Now!". Segundo algunhas fontes, Chapman converteuse nunha das máis influentes artistas no medio universitario norteamericano dos anos 80.
O seu álbum seguinte, Crossroads (1989), non tivo o mesmo éxito comercial. En 1992, cando lanzou o seu traballo seguinte - Matters of the Heart - o seu público quedaba restrinxido a fans dedicados. A pesar de todos acreditaren que a súa carreira xa estaba conxelada, sorprendeu os analistas en 1995, con New Beginning, que vendeu máis de 3 millóns de copias apenas nos EUA, e rendeulle un Grammy, en 1997, de mellor canción de rock.
En 2000, Telling Stories foi un álbum con músicas máis envorcadas cara ao rock que cara ao estilo pop, que até entón practicara. A canción que dá título ao disco foi bastante executada nas radios europeas, e nalgúns segmentos norteamericanos.
O sexto álbum foi Let It Rain, de 2002, que Chapman divulgou en xira pola Europa e EUA en 2003.
Where You Live, sétimo álbum da cantante, foi lanzado en setembro de 2005. Con este traballo realizou xiras polos EUA e Europa.
Discografía
[editar | editar a fonte]Tracy Chapman (1988)
- "Fast Car" (US #6, UK #5)
- "Talkin' 'Bout A Revolution" (US #75, UK #85)
- "Baby, Can I Hold You?" (US #48, UK #94)
Crossroads (1989)
- "Crossroads" (US #90, UK #61)
- "Subcity"
- "All That You Have Is Your Soul"
Matters of the Heart (1992)
- "Bang Bang Bang"
- "Dreaming On A World"
New Beginning (1995)
- "Give Me One Reason" (US #3)
- "New Beginning"
- "Smoke and Ashes"
- "The Promise"
Telling Stories (2000)
- "Telling Stories"
Collection (2001)
Let It Rain (2002)
- "You're The One"
- "Another Sun"
Where You Live (2005)
- "Change"
- "America"
Outros traballos
[editar | editar a fonte]Duetos:
- "The Thrill Is Gone" con B. B. King no álbum Deuces Wild
- "Give Me One Reason" con Eric Clapton no álbum A Very Special Christmas
- "Baby Can I Hold You" con Luciano Pavarotti no DVD/álbum Pavarotti and friends for Cambodia and Tibet
- "Ain't No Sunshine" con Buddy Guy no álbum Bring 'em In
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tracy Chapman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés).