Saltar ao contido

Keflavík

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKeflavík
Imaxe

Localización
Mapa
 64°00′04″N 22°33′12″O / 64.001143, -22.553322
País insularIslandia
RexiónSuðurnes
ConcelloReykjanesbær (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.329 (2023) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude5 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Keflavík é unha das cidades máis poboadas de Islandia, cuns 21 950 habitantes segundo o censo de 2023,[1] e está situada a aproximadamente 40 quilómetros ao sur de Reiquiavik.

Fundada no século XVI, Keflavík desenvolveuse grazas á súa industria pesqueira e do peixe. Nos anos corenta do século XX os Estados Unidos construíron o Aeroporto Internacional de Keflavík, o que axudou á zona a medrar aínda máis. O aeroporto adoitou ter unha importante base militar da OTAN e foi un importante posto de recarga dos antigos voos transoceánicos que necesitaban repostaxe.

Durante a segunda guerra mundial e a guerra fría, a estación aeronáutica de Keflavik xogou un papel moi importante como controlador do trafico mariño e submarino dende os mares de Noruega e de Groenlandia ata o océano Atlántico. Durante a guerra fría engadíronse tropas aéreas dos Estados Unidos para proporcionar control por radar, captación de inimigos, reposición de combustíbel no aire e rescates aéreos e mariños.

  1. "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]