Kenneth L. Hallenbeck
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1931 Ann Arbor, Míchigan. |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Míchigan. |
Actividade | |
Ocupación | Numismático. |
Familia | |
Cónxuxe | June Eugenia Miekka (1955). |
Fillos | Thomas Hallenbeck. |
Kenneth Luster Hallenbeck, nado en Ann Arbor, Míchigan, o 20 de outubro de 1931, é un numismático estadounidense, antigo presidente da American Numismatic Association.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kenneth Hallenbeck naceu en 1931 en Ann Arbor, no condado de Washtenaw, Míchigan. Cursou os seus estudos universitarios na Universidade de Míchigan, onde se graduou en 1955. Posteriormente desenvolveu a súa carreira profesional na compañía Lincoln National Life Insurance Company de Fort Wayne, Indiana, entre 1957 e 1977.[1]
Hallenbeck dedicou ao ámbito numismático toda a súa vida. No ámbito asociativo, foi membro fundador e presidente do Old Fort Coin Club. Tamén presidiu a Indiana State Numismatic Association (1965-1967), a Society of Ration Token Collectors, o Colorado Springs Coin Club, a Colorado Springs Numismatic Society e a Colorado-Wyoming Numismatic Association.[1]
En 1974 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos e, no ámbito do comercio numismático, dirixiu durante décadas a súa propia compañía, Ken Hallenbeck Coin Gallery Inc., en Colorado Springs, creada en 1983.[1]
A traxectoria de Hallenbeck está moi ligada á Amarican Numismatic Association (ANA), en cuxa xunta directiva ingresou en 1971. En 1977 dimitiu dese posto para ocupar na mesma entidade un cargo como axudante do director executivo e como conservador do Museo do Diñeiro da ANA durante catro anos. Posteriormente exerceu como vicepresidente (1987-1989) e logo o de presidente (1989-1991).[2] O 13 de agosto 2007 volveu á ANA como director executivo en funcións, en substitución de Christopher Chipoletti, ata que en 2008 foi sucedido por Larry Shepherd.[1]
Hallenbeck está considerado unha autoridade en moedas contraestampadas, aspecto no que contribuíu con varios artigos en revistas especializadas, entre elas for The Numismatist, Coin World e Numismatic Scrapbook Magazine.[1]
Como coleccionista, en 1991 declarou posuír a maior colección de tarxetas de crédito do mundo, e tamén colecciona moedas raras e curiosas.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Kenneth L. Hallenbeck casou con June Eugenia Miekka o 2 de xullo de 1955. Teñen catro fillos, entre eles Tom Hallenbeck, comerciante de moedas que se fixo cargo do establecemento comercial do seu pai en 2001 e que, como este, foi presidente da ANA (2011-2013)[2] e merecedor dos premios Glenn Smedley Memorial (2001) e Farran Zerbe Memorial (2019).[1][3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1984 Premio Goodfellou, da American Numismatic Association (ANA).[1]
- 1991: Premio Glenn Smedley Memorial, da American Numismatic Association (ANA).[3]
- 1996: Medalla ao Mérito da ANA.[3]
- 1998: Premio ao Servizo Exemplar, da ANA.[3]
- 1999: Premio Farran Zerbe Memorial, da ANA.[3]
- 2004: Premio Century Club, da ANA.[3]
- 2008: Premio á traxectoria, da ANA.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Hallenbeck, Kenneth L(uster)". En American Numismatic Biographies. Páxina 187.