Khatia Buniatishvili
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ka) ხატია ბუნიათიშვილი 21 de xuño de 1987 (37 anos) Batumi (Unión Soviética) |
Educación | Tbilisi State Conservatoire (en) Universidade de Música e Arte Dramática de Viena |
Actividade | |
Ocupación | pianista de música clásica |
Período de actividade | 2008 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Michel Sogny (pt) , Tengiz Amirejibi (en) e Oleg Maisenberg (pt) |
Instrumento | Piano |
Familia | |
Irmáns | Gvantsa Buniatishvili |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | khatiabuniatishvili.com |
Khatia Buniatishvili (en xeorxiano: ხატია ბუნიათიშვილი), nada en Batumi (Adzaria, Xeorxia) o 21 de xuño de 1987, é unha pianista de concerto xeorxiana establecida en París, e nacionalizada francesa no 2017.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Khatia comezou a estudar piano baixo a ensinanza da súa nai á idade de 3 anos, como a súa irmá Gvantsa. Deu o seu primeiro concerto coa Orquestra de Cámara en Tbilisi á idade de 6 anos. Dende os 10, deu concertos en Europa, Rusia, Ucraína, Armenia, Israel e os Estados Unidos. Graduouse na Escola Central de Música de Tbilisi, e logo ingresou no Conservatorio Estatal de Tiflis, no 2003.
Buniatishvili, que describiu o piano como "símbolo de soidade musical", escolleu este instrumento sobre o violín a pesar do seu oído absoluto. Ela e a súa irmá aprenderon xuntas a tocar o piano e tocaban dúos na casa. As súas actuacións xuntas adoitan ser memorables.
Entre outras, Buniatishvili presentouse na Orquestra de París, baixo a dirección de Paavo Järvi, baixo a batuta de Daniele Gatii e a Orquestra Filharmónica de Londres. Tamén interpretou música de cámara con músicos como Gidon Kremer e Renaud Capuçon.
No 2010 recibiu o premio Borletti-Buitoni, e foi incluída na serie da BBC Nova Xeración de Artistas. A Vienna Musikverein e Konzerthaus nomeáronna como Rising Star para a tempada 2011-12, e no 2012 foi galardoada co premio a Mellor Recentemente chegada do Ano nos premios Eco Klassik.
No 2010, esta pianista firmou un contrato co selo discográfico Sony Classical. O seu álbum debut no 2011 marcou o 200 aniversario do nacemento de Franz Liszt, e incluía a súa Sonata en Si menor, Liebestraum No.3, a Campanella, a Rapsodia húngara no. 2 e o Vals Mephisto. Classic FM declarou na súa recesión do álbum que “Buaniatishvili é unha artista xove con enorme temperamento e técnica que fai que un pense na xove Martha Argerich”. Na revista Gramophone estivo menos impresionada dado que Jed Distler criticou un Liebesträume no. 3 de “textura e ritmo impreciso” e sobre a interpretación da Sonata en Si menor declarou que “o seu inquieto sentido rítmico, os seus erros de cálculo nas dinámicas e a carencia xeral de planificación a longo prazo é desgastante despois de varias audicións”. Esta gravación estivo seguida por un álbum adicado a Chopin no 2012, no cal combina obras para piano só con Concerto para piano no.2 en Fa menor de Chopin.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Khatia recibiu os seguintes premios e recoñecementos:
- 12º. Arthur Rubinstein International Piano Master Competition (2008): gañadora do Terceiro Premio xunto cun Premio Especial por “mellor intérprete dunha peza de Chopin” e o Premio en Eilat “favorito da audiencia”.
- 3º Competencia Internacional de Piano Tbilisi (2005): Gañadora do segundo premio xunto co Premio Especial “por habilidade artística” e Premio Especial “mellor xove pianista Xeorxiana”.
- Un premio Borletti-Buitoni Trus no 2010.
Discografía
[editar | editar a fonte]- 2011 - Franz Liszt, 22, obra para piano de Liszt (Sony Classical).
- 2012 - Chopin 23 coa Orquestra de París dirixida por Paavo Järvi (Sony Classical).
- 2014 -Motherland, 24, obras para piano solo (Sony Classical).
- 2016 -Kaleidoscope - Pictures at an Exhibition, 25, obras para piano de Mussorgsky, Stravinsky e Ravel (Sony Classical).
- 2017 -Rajmàninov - Piano Concertos N° 2 & 3 (Sony Classical).
- 2010 -Hymns and Prayers, álbum de Stevan Kovacs Tickmayer, música de César Franck e Giya Kancheli (ECM).
- 2011 - Peter I. Tchaikovsky / Victor Kissine, Piano Trios, con Gidon Kremer e Giedre Dirvanauskaite (ECM).
- 2014 - Renaud Capuçon & Khatia Buniatishvili: Franck, Grieg, Dvorak Violin Sonatas (ECM).