Khimik Voskresensk
Khimik Voskresensk Химик Воскресенск | |
---|---|
Fundación | 2005 |
Cidade | Voskressensk, Óblast de Moscova Rusia |
Estadio | Pazo de Xeo Podmoskovie (4.500 espectadores) |
Liga | Molodezhnaya Khokkeinaya Liga |
Conferencia | Oeste |
División | Noroeste |
Campionatos | 0 |
Afiliado(s) | HK Sarov (Vysshaya Liga) Tchaïka (MHL) |
Cores | Azul e amarelo |
Na rede | |
http://www.voshimik.ru/ | |
O Khimik Voskrenensk (en ruso Химик Воскресенск), tamén coñecido como Moscova Hockey Club Khimik, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Voskresensk, Óblast de Moscova (Rusia). Xoga os seus partidos como local no Pazo de Xeo Podmoskovie, un pavillón con capacidade para 4.500 espectadores e que anteriormente era coñecido como Khimik Sports Palace.
Este equipo non debe confundirse co HC Atlant Moscow, equipo que se trasladou e polo que foi substituído no 2005. Debido a que era un equipo de expansión, foi relegado á Vysshaya hokkeinaya liga antes do seu éxito na tempada 2007-08 e o seu ascenso á KHL, na que competiría durante un ano.
En xullo de 2009 o equipo declarouse en bancarrota.[1] Sen embarbo posteriormente informouse de que o equipo xogaría na Vysshaya hokkeinaya liga na tempada 2009-10.[2] O equipo non foi aceptado a tempada 2010-2011|11]] na VHL e os órganos de xestión da liga propuxéronlle un paro dun ano ao club.[3] A directiva do club decidiu participar na MHL na tempada 2010–11 baixo o nome de MHC Khimik.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Vysshaya hokkeinaya liga: 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Game over for chemists". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2009. Consultado o 24 de maio de 2012.
- ↑ Хоккей: "Химик" будет играть в высшей лиге
- ↑ Контуры Высшей лиги
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficialArquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.