Kibi no Makibi
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ja) 吉備真備 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 695 (Gregoriano) ![]() Mabicho, Xapón (en) ![]() ![]() |
Morte | 3 de novembro de 775 (Gregoriano) ![]() |
Udaijin | |
766 – | |
Tōgū gakushi (en) ![]() | |
741 – | |
Q15897777 ![]() | |
716 – ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Confucianismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, cortesán, político ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Familia | Clan Kibi ![]() |
Fillos | Q11412647, Kibi no Yuri ![]() |
Kibi no Asomi Makibi (xaponés: 吉備朝臣真備), nado en 695 e finado o 3 de novembro de 775, foi un erudito e nobre xaponés do período Nara, que chegou a exercer como vice-embaixador nipón na China dos Tang.[1] Tamén foi coñecido como Kibi Daijin (xaponés: 吉備大臣, lit. "Ministro Kibi").
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Kibi no Makibi naceu no condado de Shimotsumichi, na provincia de Bitchū (actual Kurashiki, na prefectura de Okayama). Foi chamado Shimotsumichi-no Asomi Makibi, sendo fillo de Shimotsumichi-no Asomi Kunikatsu. O clan Shimotsumichi era unha familia da elite local, que formaba parte do meirande clan Kibi. Kibi era tamén o antigo nome da súa rexión natal (a provincia de Kibi), que incluía as provincias de Bitchū, Bizen, Bingo e Mimasaka.
Viaxe a China
[editar | editar a fonte]En 717 ou 718, Kibi no Makibi uniuse á misión xaponesa enviada a Tang (kentōshi), xunto con Abe no Nakamaro[2] e Genbō.[3] Kibi permaneceu na China durante dezasete anos, para logo regresar ao Xapón.[4] É considerado o importador do go ao arquipélago, así como o introdutor da arte do bordado.[1]
Carreira política
[editar | editar a fonte]En 737, foi ascendido ao quinto rango júnior. A súa influencia na corte desencadeou a rebelión de Fujiwara no Hirotsugu de 740. En 751, como sénior do cuarto rango, foi enviado á dinastía Tang como vice-embaixador. Regresou ao Xapón en 753.
Pasou varios anos en Kyūshū como administrador en Dazaifu (a principal representación gobernamental na illa), para despois volver a Nara. En 764, liderou o proxecto da construción do Tōdai-ji,[1] tras o cal foi promovido ao terceiro rango júnior.
Foi nomeado líder do exército para frear o alzamento de Fujiwara no Nakamaro. Alcanzou o segundo rango en 765, asumindo o posto de Gran Conselleiro (dainagon 大納言) e, máis adiante, o de Ministro da Dereita (udaijin 右大臣). En 770, apoiou a un dos candidatos ao trono, polo que presentou a súa dimisión ao non ser este coroado. A corte só aceptou retiralo da súa posición militar, mais permaneceu como Ministro da Dereita até 771.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Tras retirarse, dedicouse ao estudo dos principios confucianos e as súas aplicacións á administración xaponesa.[1] Faleceu en 775, con oitenta anos de idade.
Contribucións
[editar | editar a fonte]Algunhas fontes atribúenlle a invención dun dos silabarios xaponeses, o katakana.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Nussbaum 2002, p. 512.
- ↑ Nussbaum 2002, p. 3.
- ↑ Nussbaum 2002, p. 235.
- ↑ Fogel 1996, p. 22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fogel, Joshua A. (1996). The Literature of Travel in the Japanese Rediscovery of China, 1862-1945 (en inglés). Stanford University Press. ISBN 9780804764780.
- Nussbaum, Louis-Frédéric (2002). Japan Encyclopedia (en inglés). Belknap. ISBN 9780674017535.