Kiekko-Vantaa
Kiekko-Vantaa | |
---|---|
Fundación | 1994 |
Cidade | Vantaa, Uusimaa Finlandia |
Estadio | Trio Areena (3 700 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | Mika Niskanen |
Afiliado(s) | Hunters (Suomi-sarja) |
Cores | Azul, laranxa e branco |
Na rede | |
https://kiekko-vantaa.fi/ |
O Kiekko-Vantaa é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vantaa (Finlandia). Foi fundado en 1994 e compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, dende a súa creación no ano 2000; o seu mellor resultado na competición foi o segundo posto conseguido no 2003. Xoga os seus partidos como local no Trio Areena, un pavillón con capacidade para 3 700 espectadores.
Dende 2017 é o club afiliado a Jokerit de Helsinqui, representante de Finlandia na Kontinental Hockey League (KHL). Na tempada 2019-20 ambos equipos asinaron un novo acordo que estará vixente ata o final da tempada 2022-23.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Antecedentes e fundación
[editar | editar a fonte]Antes da fundación do equipo había varios equipos na cidade de Vantaa: o Vantaan Kiekko (VaKi), fundado en 1974 e que competiu na 1-divisioona durante a tempada 1987-88; Tikkurilan Jää-Veikot (TJV), fundado en 1958 e que tamén xogou na 1-divisioona a tempada 1985-86; ou o Vantaa Hockey Team (VHT), que durante tres tempadas disputou a 1-divisioona (1990-1993).[2]
En 1994 fundouse o Kiekko-Vantaa, cuxos estatutos asináronse o 28 de xuño dese mesmo ano. Os encargados de asinalos foron Harri Mäntynen (Tikkurilan Jää-Veikot Ry), Matti Saari (Etelä-Vantaan Urheilijat Ry), Pertti Ahlroos (Länsimäen Kiekko Ry), Raine Heinonen (Vantaan Kiekko Ry) e Matti Laaksonen (Team Vantaa Ry). Uns meses despois, o 15 de setembro, o club foi iniscrito no rexistro de asociacións.[2]
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]O Kiekko-Vantaa comezou a súa andaina na 3-divisioona ocupando a praza que deixara o Vantaan Kiekko (VaKi). O equipo gañou a fase preliminar, así como o grupo superior, clasificándose deste xeito para as series clasificatorias para a 2-divisioona, que tamén gañaron, conseguindo deste xeito o ascenso no seu primeiro ano de existencia.[2]
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Trio Areena.
O Kiekko-Vantaa xoga os seus partidos como local no Trio Areena, un pavillón situado na área deportiva de Tikkurilan Urheilupuisto, no barrio de Viertola, pertencente ao distrito de Tikkurila (Vantaa).[3][4]
O pavillón foi inaugurado en 1974 e ten unhas medidas dee 60x30 A súa capacidade máxima para 3 700 persoas.[5]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]- Ilari Filppula
- Valtteri Filppula
- Carlo Grünn
- Juha Kaunismäki
- Antti Niemi
- Erkki Rajamäki
- Joonas Vihko
- Hannu Väisänen
- Joonas Rönnberg
- Juha Koivisto
- Sami Heinonen
Números retirados
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia, Kiekkoo-Vantaa ten retirado os seguintes tres números:[6]
Número | Xogador | Retirada do número |
---|---|---|
7 | Jukka Hakkarainen | 2007 |
10 | Petri Pitkäjärvi | 2008 |
39 | Antti Niemi | 2012[7] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "KIEKKO-VANTAA" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Historia" (en finés). Kiekko-Vantaa.fi. Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Jäähallit - Trio Areena ja Trio Harjoitushalli" (en finés). Cidade de Vantaa. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Mapa de Vantaa" (en finés). Kartta.Vantaa.fi. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Trio Areena - Tikkurila Vantaa" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). Kiekko-Vantaa.fi. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Antti Niemen numero 39 jäädytetään". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)