Mestis
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Liga superior | SM-liiga |
Liga inferior | Suomi-sarja |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 2000 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | mestis.fi |
A Mestis, (de Mestaruussarja), é a segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés por detrás da SM-liiga, e a máxima categoría á que pode ascender un equipo por méritos deportivos.
A liga foi creada no ano 2000 para substituír a primeira división. Dende aquela converteuse na máxima categoría á que pode ascender un equipo por méritos deportivos no país, xa que ese ano a SM-liiga foi pechada e ningún equipo pode acceder á liga sen ser aceptado pola liga. Logo da tempada 2004-05, o KalPa foi aceptado na SM-liiga.
No ano 2022 o HK Zemgale letón converteuse no primeiro equipo estranxeiro en participar na competición,[1] con todo a participación do equipo letón na Mestis non continuou na tempada 2023-24.[2]
Na primavera de 2023 a Mestis outorgaba unha licenza aos Jokerit de Helsinqui,[3] que competiran na SM-liiga[a] ata a tempada 2013-14, logo da cal pasaron a competir na Kontinental Hockey League (KHL) euroasiática. Os Jokerit abandonaron a KHL antes do inicio dos play-offs da tempada 2021-22 logo da invasión rusa de Ucraína a finais de febreiro de 2022.[4][5] Do mesmo xeito, a liga anunciaba que, debido á situación económica dos Peliitat de Heinola, a liga decidira non concederlles unha licenza para continuar na competición un ano máis,[6] a pesar de que o equipo conseguira manter a súa praza na liga logo de vencer a serie de pomoción/descenso fronte o Nokian Pyry (4-0).[7]
Equipos 2024-25
[editar | editar a fonte]Nome | Cidade | Estadio | Fundación | Último ascenso á Mestis |
---|---|---|---|---|
Hermes | Kokkola | Kokkolan jäähalli | 1953 | 2015 |
Hokki | Kajaani | Kajaanin jäähalli | 1968 | 2019 |
IPK | Iisalmi | Kankaan jäähalli | 1966 | 2016 |
Jokerit | Helsinqui | Helsingin jäähalli | 1967 | 2023 |
Ketterä | Imatra | OmaSp Areena | 1957 | 2017 |
KeuPa HT | Keuruu | Keuruun jäähalli | 1995 | 2014 |
Kiekko-Pojat | Joensuu | Mehtimäen jäähalli | 1953 | 2015 |
Kiekko-Vantaa | Vantaa | Tikkurilan Areena | 1994 | 2000 |
RoKi | Rovaniemi | Lappi Areena | 1979 | 2015 |
TuTo | Turku | Rajupaja Areena | 1929 | 1996 |
Historial de equipos
[editar | editar a fonte]Campións
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Prata | Bronce |
2001 | Jukurit | TuTo | Hermes |
2002 | Jukurit | KooKoo | KalPa |
2003 | Jukurit | K-Vantaa | KooKoo |
2004 | KalPa | Jukurit | Hermes |
2005 | KalPa | Sport | TuTo |
2006 | Jukurit | Sport | TuTo |
2007 | Hokki | Jukurit | Sport |
2008 | TuTo | Hokki | Jukurit |
2009 | Sport | Jokipojat | Hokki |
2010 | Jokipojat | D Team | KooKoo |
2011 | Sport | Jukurit | D Team |
2012 | Sport | Jokipojat | KooKoo |
2013 | Jukurit | KooKoo | TuTo |
2014 | KooKoo | Jukurit | TuTo |
2015 | Jukurit | KooKoo | Hokki |
2016 | Jukurit | Hokki | Jokipojat |
2017 | SaPKo | Kiekko-Vantaa | Espoo United |
2018 | KeuPa HT | TuTo | SaPKo |
2019 | Ketterä | KeuPa HT | TuTo |
2020 | Tempada cancelada | ||
2021 | Ketterä | Hermes | IPK |
2022 | Ketterä | K-Espoo | RoKi |
2023 | K-Espoo | Ketterä | RoKi |
2024 | IPK | Ketterä | K-Espoo |
Campionatos por equipo
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Prata | Bronce |
Jukurit | 7 | 4 | 1 |
Sport | 3 | 2 | 1 |
Ketterä | 3 | 2 | 0 |
KalPa | 2 | 0 | 1 |
KooKoo | 1 | 3 | 3 |
TuTo | 1 | 2 | 5 |
Hokki | 1 | 2 | 2 |
Jokipojat | 1 | 2 | 1 |
KeuPa HT | 1 | 1 | 0 |
K-Espoo | 1 | 0 | 2 |
SaPKo | 1 | 0 | 1 |
IPK | 1 | 0 | 1 |
K-Vantaa | 0 | 2 | 0 |
Hermes | 0 | 1 | 2 |
D-Team/JYP-Akatemia | 0 | 1 | 1 |
Espoo United | 0 | 0 | 1 |
IPK | 0 | 0 | 1 |
RoKi | 0 | 0 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés e actualmente denominada Liiga.
- Referencias
- ↑ "Latvian mestari HK Zemgale pelaa ensi kaudella Mestistä" (en finés). Mestis.fi. 12 de agosto de 2022. Consultado o 17 de outubro de 2022.
- ↑ Eskelinen, Jesse (3 de maio de 2023). "Jokereille myönnettiin Mestis-lisenssi – Peliitat jäi ilman lisenssiä". Jatkoaika (en finés). Consultado o 5 de maio de 2023.
- ↑ Kivioja, Olli; Touru, Ville (3 de maio de 2023). "Vahvistus tuli! Jokerit Mestikseen". Ilta Sanomat (en finés). Consultado o 5 de maio de 2023.
- ↑ "JOKEREIDEN KAUSI ON OHI" (en finés). jokerit.com. 25 de febreiro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2022.
- ↑ Miettinen, Heikki; Hakola, Tero (5 de abril de 2022). "Jokerit antoi lopullisen vahvistuksen – seura jättää hyvästit KHL-liigalle". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 6 de abril de 2022.
- ↑ "Kohuseura pudotettiin Mestiksestä – näin kulissipeli ratkesi: "Ei se auta, että suullisesti jotain vähän lupailee"". mtvuutiset.fi (en finés). 3 de maio de 2023. Consultado o 5 de maio de 2023.
- ↑ "JoKP välieriin toisessa jatkoerässä ratkenneen jännitysnäytelmän päätteeksi - Peliitat säilytti Mestis-paikan" (en finés). Mestis.fi. 4 de abril de 2023. Consultado o 5 de maio de 2023.