Saltar ao contido

SM-sarja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaSM-sarja
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSuomensarja (en) Traducir e I-divisioona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1928 – 1975 Editar o valor en Wikidata

A SM-Sarja foi a máxima competición de hóckey sobre xeo de Finlandia entre 1928 e 1975, ano no que foi substituída pola actual SM-liiga. SM-sarja é a abreviatura de Suomen mestaruussarja, "Series do Campionato Finlandés".

Ao longo da historia da competición houbo un número variante de equipos participantes, sendo de tan só tres na tempada con menos equipos (a 1934-35), se ben o número máis común de participantes foi 12.

Dende a tempada 1944-1945 houbo descensos a categorías inferiores cada tempada. Nas promocións de descenso os equipos peor clasificados se enfrontaban ao campión da 1. divisioona (Primeira División, actualmente denominada Mestis) ou eran descendidos de xeito directo da SM-sarja.

A primeira tempada da SM-sarja tivo lugar en 1928, sendo disputado en formato de copa. O campión desta primeira edición, e polo tanto o primeiro campión finés de hóckey sobre xeo, foi o Viipurin Reipas. A SM-sarja foi cancelada en 1930 debido ao mal inverno en Finlandia. Tamén foi candelada en 1940, 1942 e durante a tempada de 1944 por mor da Guerra de Inverno e a Guerra de Continuación.

A SM-sarja era xogada baixo os principios de afeccionados, polo que os clubs non tiñan que pagar aos seus xogadores máis aló da compensación por salarios perdidos. Porén, cando o hóckey sobre xeo evolucionou en Finlandia, algúns equipos comezaron a ser tratados como empresas. Nos anos 1960, dúas das principais fábricas de Finlandia, UPO e Rosenlew crearon os seus propios equipos de hóckey sobre xeo, o Upon Pallo e o Rosenlewin Urheilijat -38. Estes equipos estaban ao cargo dos fondos das compañías e os xogadores foron mercados aos equipos veciños. Este sería o primeiro paso cara ao profesionalismo.

Nos anos 1970 o concepto do hóckey sobre xeo afeccionado foi volvéndose obsoleto, xa que non había publicidade nos uniformes dos xogadores e máis cartos en xogo nos equipos, e en 1975 disputouse a derradeira tempada e foi substituída pola SM-liiga na tempada 1975-76.

O último equipo en gañar o campionato finlandés baixo a denominación de SM-sarja foi o Tappara de Tampere.

  • Entre 1928 e 1933 disputouse a xeito de copa.
  • Logo de 1933 xogouse como unha liga.
  • En 1951 foi dividida en dous grupos e se introduciron os play-offs.
  • En 1959 disputouse novamente nun grupo único antes de volver aos dous grupos na tempada 1965-66.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Ouro Prata Bronce
1928 Viipurin Reipas KIF
1929 HJK HPS
1930 non se disputou
1931 TaPa HJK
1932 HJK HPS
1933 HSK HJK
1934 HSK HPS Ilves
1935 HJK Ilves HSK
1936 Ilves KIF HJK
1937 Ilves KIF HJK
1938 Ilves HJK KIF
1939 KIF HJK Ilves
1940 non se disputou
1941 KIF HJK Ilves
1942 non se disputou
1943 KIF TPS Ilves
1944 non se disputou
1945 Ilves Tarmo KIF
1946 Ilves Tarmo TBK
1947 Ilves Tarmo TBK
1948 Tarmo Ilves TBK
1949 Tarmo Ilves TuPK
1950 Ilves Tarmo TBK
1951 Ilves Tarmo TBK
1952 Ilves HPK Tarmo
1953 TBK Tarmo TPS
1954 TBK K-Kissat HPK
1955 TBK TPS HIFK
1956 TPS Tarmo Tappara
1957 Ilves TPS Tappara
1958 Ilves Tappara Tarmo
1959 Tappara TK-V HIFK
1960 Ilves Tappara TK-V
1961 Tappara Lukko TK-V
1962 Ilves TK-V Tappara
1963 Lukko Tappara Ilves
1964 Tappara TK-V Ilves
1965 Karhut Ilves Lukko
1966 Ilves Lukko SaiPa
1967 RU-38 TPS Ilves
1968 Koo-Vee Ilves TuTo
1969 HIFK Ilves Lukko
1970 HIFK Ilves TuTo
1971 Ässät Jokerit HIFK
1972 Ilves HJK HIFK
1973 Jokerit HIFK Tappara
1974 HIFK Tappara Ilves
1975 Tappara HIFK Ilves

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]