Saltar ao contido

HC Turun Palloseura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TPS
Fundación1929
Cidade Turku,
Finlandia Propia
Finlandia Finlandia
EstadioHK-areena
(11.820 espectadores)
LigaLiiga
Champions Hockey League
Campionatos11
Propietario(s)Turun Palloseuran säätiö (37 %)
Varamiespalvelu Oy
Miikka Kiprusoff
TS-Yhtymä
Mikko e Saku Koivu [1]
DirectorFinlandia Kari Hietarinta
AdestradorFinlandia Kai Suikkanen[2]
Afiliado(s)TuTo (Mestis)
CoresNegro e branco
           
Na rede
http://hc.tps.fi/
Facebook: hctps Twitter: HCTPS Instagram: hctps Youtube: UCTFN4eJu6uAatDb6VR9XZag Editar o valor en Wikidata
Seccións activas da
TPS
Floorball Fútbol
(feminino)
Fútbol
(masculino)
Hóckey sobre xeo
(feminino)
Hóckey sobre xeo
(masculino)

O HC TPS Turku Oy, ou simplemente Turun Palloseura (abreviado TPS), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en once ocasións (dez dende que adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no HK-areena, pavillón con capacidade para 11.820 espectadores.

O TPS fundouse en 1922 como Turun Palloseura, de onde deriva o acrónimo. A sección de hóckey sobre xeo do club comezou as súas actividades en 1929. Actualmente o nome da compañía propietaria do equipo é HC TPS Turku Oy.

O TPS gañou o campionato finlandés de hóckey sobre xeo en 11 ocasións (1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010), sendo as dez últimas baixo a denominación actual da liga (SM-liiga), sendo o terceiro equipo con máis títulos por detrás do Ilves (16) e o Tappara (15). Seis dos once títulos do club foron conseguidos co adestrador Hannu Jortikka entre as tempadas 1989-91 e 1999-01. O TPS ten tamén conta nas súas vitrinas con dúas Copas de Finlandia.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]
Números retirados de TPS
Xogador Posición Carreira Data da retirada Referencias
3 Timo Nummelin
8 Juhani Wahlsten
15 Reijo Leppänen
16 Rauli Tammelin
23 Hannu Virta

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Dende que se creou a SM-liiga teñen pasado os seguintes adestradores polo banco do TPS:

Equipo feminino

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: TPS Naiset.
Xogadoras do TPS durante un partido en Tampere durante a tempada 2021-22 da Naisten Liiga.

O equipo feminino da Turun Palloseura fundouse en 1989 e comezou a súa andaina esa mesma tempada na I-divisioona.[4]

Debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés na tempada 1990-91, finalizando na quinta posición dun total de sete equipos, e non se clasificou para a postempadaa.[5] Con todo, na tempada 1992-93, logo de tres tempadas consecutivas na elite, o equipo descendeu de novo á I-divisioona e estivo durante toda esa década e a dos anos 2000 movéndose entre diferentes categorías ata que na tempada 2017-18 o equipo proclamouse campión da Naisten Mestis e regresou á máxima categoría, recentemente renomeada "Naisten Liiga".[4]

En 2022 o TPS fixo historia logo de clasificarse por primeira vez para os play-offs, mais caeu nas semifinais fronte o K-Espoo e finalizou a tempada na cuarta posición.[4]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeos colectivos

[editar | editar a fonte]
A Kanada-malja, trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión de Finlandia.
SM-liiga
  • A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. TPS gañou proclamouse un total de 11 veces campión de Finlandia: 1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001 e 2010.[6][7][8][a]
    • 13 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 1943, 1955, 1957, 1967, 1977, 1982, 1985, 1994, 1996, 1997, 2004, 2021 e 2022.[6]
    • 4 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1953, 1978, 1979, 1981.[6]
  • O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. TPS gañou este galardón en 13 ocasións: 1976, 1980, 1982, 1985, 1989, 1990, 1991, 1993, 1994, 1998, 1999, 2000 e 2004.[8]
Suomen Cup
  • Campión: 1955 e 1956
IIHF European Champions Cup
  • Campión: 1994
European Hockey League
  • Campión 1997
IIHF Super Cup
  • Campión: 1997
Outros
  • O Aaro Kivilinnan muistopalkinto é entregado cada ano ao mellor equipo de hóckey sobre xeo de Finlandia. O trofeo é determinado pola clasificación final do equipo na Liiga ou Mestis, o seu equipo na liga feminina e os seus equipos en categorías inferiores. TPS gañou o trofeo un total de seis veces dende a súa creación na tempada 1972–73: 1977, 1991, 1995, 1997 (compartido con Jokerit), 2002 e 2004.[9]
  1. O primeiro título do equipo foi conquistado antes da profesionalización da liga, sendo denominada daquela SM-sarja.
Referencias
  1. Propietarios do TPS[Ligazón morta]
  2. HC TPS: Suikkanen ja Lehtonen palaavat TPS-valmennukseen[Ligazón morta]
  3. Jatkoaika.com, ed. (26 de outubro de 2008). "TPS vapautti Hannu Virran ja Kalle Kaskisen valmennusvastuusta". Consultado o 16 de outubro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "TPS" (en finés). Leijonat.fi. 7 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023. 
  5. "Naisten SM-sarja. 1990-1991 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de outubro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "TPS" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  7. "Mestaruudet" (en finés). HC TPS Turku Oy. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  9. Mennander, Pasi (2 de maio de 2015). "Aaro Kivilinnan muistopalkinto Bluesille - Kauden paras seura 2014-15 - Kärpät niukalla piste-erolla toinen" (en finés). Federación Finlandesa e Hóckey sobre Xeo. Consultado o 1 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]