Saltar ao contido

Pelicans Lahti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pelicans
Fundación1945
Cidade Lahti,
Päijänne Tavastia
Finlandia Finlandia
EstadioIsku Areena
(5 371 persoas)
LigaLiiga
Campionatos0
Propietario(s)Finlandia Pasi Nurminen
Finlandia Lahden Pelicans Oy
DirectorFinlandia Ilkka Kaarna
AdestradorFinlandia Kai Suikkanen
Afiliado(s)Peliitat (Mestis)
CoresAzul, negro, branco e amarelo
                       
Na rede
http://www.pelicans.fi/

O Pelicans Lahti é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lahti (Finlandia). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga. Un dos seus propietarios é o ex-porteiro da NHL Pasi Nurminen. Xoga os seus partidos como local no Isku Areena de Lahti, un pavillón con capacidade para 5 371 persoas.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

En 1891 fundouse o Viipurin Reipas na localidade de Viipuri (actual Vyborg, en Rusia), e en 1928 proclámase campión da primeira edición da máxima competición do hóckey sobre xeo en Finlandia, a SM-sarja.[1] Logo da segunda guerra mundial incluíndo a Guerra de continuación, que enfrontou á URSS e a Finlandia, Vyborg foi cedida á URSS e o club trasladouse a Lahti, convertendose no Lahden Reipas. En 1975, creouse a SM-liiga e o Kiekkoreipas, équipo de hockey sobre xeo do club polideportivo Lahden Reipas debutou na segunda división finesa, a 1.Divisioona. En 1989, o nome do club cambiou a Hockey Reipas.

O Reipas Lahti fundouse en primavera de 1992 polo editor Kari Naskinen trala quiebra do Kiekkoreipas. Na súa primeira tempada na máxima categoría 1992-93, o equipo finalizou na 12ª e última posición, mais gañou a fase de promoción e mantívose na elite do hóckey sobre xeo finés. Na tempada seguinte, o Reipas Lahti finalizou novamente na derradeira posición da clasificación, así como na cuarta e última posición da fase de promoción, polo que descendeu á 1.Divisioona.

Pelicans Lahti

[editar | editar a fonte]

En 1996, o club foi renomeado Pelicans.[1] Na tempada 1998-99, logo de finalizar no segundo posto a 1.Divisoona, o equipo disputou a promoción de ascenso á SM-liiga, batendo sucesívamente a Kokkolan Hermes, Vaasan Sport e KalPa para retornar á máxima categoría. Na tempada 1999-00, no seu retorno á SM-liiga, o equipo finalizou novamente na 12ª e última posición con tan só oito partidos gañados dun total de 54 disputados. Novamente, os Pelicans víronse obrigados a disputar a promoción fronte ao mellor equipo da 1.Divisioona, o Kärpät. A pesar de perder a promoción, os Pelicans beneficiáronse do troco na estrutura da liga, que pasou de 12 a 13 equipos, polo que se mantiveron na elite finesa.

Na tempada 2000-01, o equipo clasificouse por primeira vez na súa historia para os playoffs logo de finalizar na sétima posición a liga regular; a tempada seguinte, os Pelicans finalizaron na 5ª posición e clasificáronse novamente para os playoffs. Mais logo destas dúas tempadas, volveron a completar varias malas tempadas que os levaron a finalizar na 12ª posición na tempada 2002-03, na 13ª na tempada 2003-04, novamente na 13ª na tempada 2004-05, e novamente na 12º na tempada 2005-06. A SM-liiga converteuse nunha liga pechada na tempada 2000-01, polo que os Pelicans se mantiveron na elite sen disputar a promoción en 2004 ee 2005 a pesar da súa derradeira posición na liga.

Entre o 2007 e o 2009, o equipo clasificouse para os playoffs aproveitándose da extensión de 8 a 10 equipos clasificados para a fase final.

Na tempada 2011-12 proclamouse subcampión e conseguiu a medalla de prata logo de perder na final disputada ao mellor de sete partidos fronte ao JYP por 4-1.

En 2017 o equipo conquistou o seu primeiro título internacional logo de gañar a primeira edición do Energy Steiermark Trophy, un torneo de pretemporada celebrado na cidade de Graz (Austria), na que tamén participaron o Eisbären Berlin alemán, o HK Nitra eslovaco, e o equipo local, o Graz 99ers. Na final os Pelicans derrotaron a Eisbären por 5-3.[2]

Denominacións

[editar | editar a fonte]

Os Pelicans fundáronse na cidade de Viipuri (actualmente en Rusia) baixo o nome de Viipurin Reipas.[1] A historia do equipo na cidade de Lahti começou en 1945, e dende aquela adoptou distintas denominacións ata que en 1996 adoptou a súa denominación actual:[3]

Denominacións
Nome Período
Viipurin Reipas 1891–1945
Lahden Reipas 1945–1975
Kiekkoreipas 1975–1989
Hockey Reipas 1989–1992
Reipas Lahti 1992–1996
Pelicans Lahti 1996-

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Isku Areena.
Interior do Isku Areena.

O equipo xoga os seus partidos como local no Isku Areena dende que adoptou a súa denominación actual en 1996. O pavillón está situado nas proximidades da estación de tren e o centro da cidade de Lahti, e ten capacidade para 5 371 persoas. O estadio conta tamén con salas de reunións e dous restaurantes.[4][5][6]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Capitáns

[editar | editar a fonte]
Jan Latvala exerceu de capitán nas tempadas 2009-2010 e 2010-2011.

O primeiro xogador en ser nomeado capitán do equipo foi o finlandés Erkki Mononen na tempada 1966-67, dende aquela sucedéronse un total de 16 capitáns, a maioría deles liderando o equipo en solitario, coas únicas excepcións das tempadas 2001-2002 e 2009-2010, nas que Mika Niskanen e Toni Koivunen primeiro, e Erik Kakko e Jan Latvala despois, compartirion capitanía. Erik Kakko foi o xogador que máis tempadas exerceu de capitán cun total de catro en solitario e unha xunto con Jan Latvala.[a] De todos os capitáns que tivo o equipo tan só un non naceu en Finlandia, foi o dinamarqués Stefan Lassen. Os diferentes xogadores que teñen sido capitáns do equipo ao longo da súa historia son:[7]

Capitáns de 1966 a 2003
Nome(s) Período
Erkki Mononen 1966 a 1968
Ilpo Koskela 1968-1969
ningún capitán 1969 a 1990
Erkki Laine 1990 a 1994
ningún capitán 1994 a 1996
Tony Grönroos 1996 a 1998
Kimmo Peltonen 1998-1999
Mika Niskanen 1999 a 2001
Mika Niskanen e Toni Koivunen 2001-2002
Jari Kauppila 2002-2003
Capitáns dende 2003
Nome(s) Período
Toni Koivunen 2003-2005
Erik Kakko 2005 a 2009
Erik Kakko e Jan Latvala 2009-2010
Jan Latvala 2010-2011
Arttu Luttinen 2011-2012
Tommi Paakkolanvaara 2012 a 2014
Juha Leimu 2014-2015
Antti Erkinjuntti 2015 a 2017
Stefan Lassen 2017-2018
Hannes Björninen 2018-2021
Joonas Jalvanti 2021-2022
Miika Roine 2022-

Números retirados

[editar | editar a fonte]

Os Pelicans retiraron tres números en honor a outros tantos xogadores.[8] Erkki Laine, finado nun accidente en 2009, foi homenaxeado cunha estatua en fronte do Isku Areena revelada o 28 de novembro de 2017, converténdose na primeira estatua de hóckey sobre xeo de Finlandia.[9] Todos os xogadores homenaxeados naceron en Lahti.

Números retirados dos Pelicans
Xogador Posición Carreira Ref.
11 Hannu Koskinen C 1972-1986 [8][10]
13 Erkki Laine LW 1975-1995 [8][11]
17 Kari Eloranta D 1976-1991 [8][12]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Dende que o club adoptou a súa denominación actual en 1996, os Pelicans tiveron trece adestradores diferentes, dos cales dous deles (Hannu Aravirta e Petri Matikainen) dirixiron o equipo en dúas etapas distintas. O primeiro adestrador dos Pelicans foi Kari Eloranta, que é ademais o que máis tempo estivo á fronte do equipo de Lahti cun total de seis tempadas consecutivas entre a 1996-97 e a 2001-02. Con todo, foi con Kai Suikkanen cando o equipo logrou o seu mellor resultado histórico logo de proclamarse subcampión da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga. A seguinte táboa mostra todos os adestradores do equipo dende 1996:[1]

Adestradores dos Pelicans
Nome Período
Kari Eloranta 1996-2002
Petteri Hirvonen Tempadas 2002-03 ata 2003-04
Petteri Sihvonen Tempada 2003-04
Petri Matikainen Tempada 2004-05
Jami Kauppi Tempada 2005-06
Hannu Aravirta Tempadas 2005-06 a 2008-09
Mika Toivola Tempadas 2009-10 a 2010-11
Pasi Räsänen Tempada 2010-11
Kai Suikkanen 2011-2013
Hannu Aravirta Tempada 2013-14
Tomi Lämsä Tempada 2014-15
Petri Matikainen 2015-2018
Ville Nieminen Tempada 2018-19 a 2019-20
Jesse Wellin Tempada 2019-20
Tommi Niemelä 2020-

Lahti-Kiekon Hall of Fame

[editar | editar a fonte]

O Lahti-kiekon Hall of Fame naceu en 2013 para homenaxear ás personalidades que realizaron unha maior achega ao hóckey sobre xeo na cidade de Lahti e de Finlandia. Inicialmente foron introducidos 15 nomes: Ilpo Koskela, Erkki Mononen, Seppo Liitsola, Teemu Hiltunen, Hannu Koskinen, Erkki Laine, Kari Eloranta, Jarmo Mäkitalo, Markku Hakulinen, Yrjö Hakulinen, Reijo Mäki-Korvela, Harri Nyman, Harri Toivanen, Juhani Jokela e Pentti E Rantanen.[13] As persoas nomeadas para o Lahti-Kiekon Hall of Fame son escollidas por un comité integrado por persoas coñecedoras da historia e o presente do hóckey sobre xeo da cidade e do país. En 2019 estaba integrado polos seguintes nomes:[14]

  1. Erkki Laine tamén foi capitán do equipo en solitario durante catro tempadas, mais non compartiu a capitanía con ningún outro xogador.
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Historiaa" (en finés). Pelicans Lahti. Consultado o 9 de febreiro de 2019. 
  2. "EBEL - So lief die erste Energy Steiermark Trophy in Graz!" (en alemán). eishockeyonline.at. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  3. "Pelicans Lahti. Name Changes" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  4. "Saapuminen hallille" (en finés). Pelicans.fi. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  5. "ISKU AREENA Lahti" (en finés). luhy.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  6. "Isku Areena" (en finés). Cidade de Lahti. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  7. eliteprospects.com (ed.). "Pelicans - Team Captaincy History" (en inglés). Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Jäädytetyt numerot" (en finés). Pelicans. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  9. "Lahtelaisen jääkiekkolegendan patsas paljastetaan parin viikon kuluttua". Etelä-Suomen Sanomat (en finés). 13 de novembro de 2017. Consultado o 112 de febreiro de 2019. 
  10. "Hannu Koskinen" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  11. "Erkki Laine" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  12. "Kari Eloranta" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 12 de febreiro de 2019. 
  13. Rauhanlaakso, Esa (20 de novembro de 2013). "15 nimeä Lahti-kiekon Hall of Fameen". Etelä-Suomen Sanomat (en finés). Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  14. "Lahti-Kiekon Hall of Fame" (en finés). Pelicans Lahti. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]