Rauman Lukko
Rauman Lukko | |
---|---|
Fundación | 1936 |
Cidade | Rauma, Satakunta Finlandia |
Estadio | Äijänsuo Arena (5.400 espectadores) |
Liga | Liiga Champions Hockey League |
Campionatos | 2 |
Propietario(s) | Contineo Oy [1] |
Director | Timo Rajala |
Adestrador | Risto Dufva |
Afiliado(s) | Kajaanin Hokki (Mestis) HC Satakunta (Suomi-sarja) |
Cores | Azul e amarelo |
Na rede | |
http://www.raumanlukko.fi |
O Rauman Lukko é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Rauma (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga (a máxima competición do hóckey sobre xeo finlandés), competición que gañou nunha ocasión en 1963, antes de que adoptara a denominación actual. O equipo foi fundado en 1936 e xoga os seus encontros como local no Äijänsuo Arena, un pavillón con capacidade para 5.400 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O Lukko fundouse o 8 de novembro de 1936 no Rauma Wood, onde se celebrou a reunión fundacional. Inicialmente o club naceu para desenvolver actividades de atletismo durante o verán e de esquí no inverno, e non foi ata unha década despois cando o hóckey sobre xeo integrouse nas actividades do club, sumándose á orientación, o ciclismo, o piragüismo, a ximnasia, a natación, a halterofilia, fútbol, bandy, pesäpallo, hóckey sobre herba, e os xa citados atletismo e esquí.[2]
Oiva Helimo, quen levou as primeiras equipacións da modalidade a Rauma dende Loimaa, é considerado o pai do hóckey sobre xeo en Rauma. En 1946 Helimo invitou á exente a provar o novo deporte no xeo do estanque ao lado do serradoiro.[2]
Na tempada 1962-63 chegou o maior logro da historia do club cando o equipo de Rauma se proclamou campión do campionato finlandés, a SM-sarja, con tan só un punto máis que Tappara, que finalizou segundo. Este triunfo supuxo ademais o punto e final de seis anos consecutivos de dominio do campionato por parte dos dous grandes equipos de Tampere: Ilves (4 títulos nese período) e o propio Tappara (2 títulos neses seis anos).[3] Lukko alzouse co trofeo logo de derrotar a Tappara no derradeiro partido, disputado o 23 de febreiro, ante 7 820 espectadores. Rauma fora un equipo tradicionalmente feble na portería, problema que solucionaron coa chegada do ex xogador de SaiPa Risto Kaitala, sendo esa tempada ademais o equipo menos goleado do campionato.[4]
O 12 de novembro de 2016 o club celebrou o seu 80º aniversario no partido que o enfrontou ao Tappara.[2]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]
|
|
Números retirados
[editar | editar a fonte]Lukko ten retirado os seguintes sete números ao longo da súa historia. O número catro foi retirado en honor a dous xogadores do equipo, Teppo Rastio e Jouni Peltonen:[5]
Nº | Xogador |
---|---|
4 | Teppo Rastio |
4 | Jouni Peltonen |
7 | Matti Keinonen |
8 | Jorma Vehmanen |
13 | Jari Torkki |
26 | Matti Forss |
33 | Petri Vehanen |
77 | Erik Hämäläinen |
Equipo feminino
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lukko Naiset.
Durante anos o club contou cun equipo feminino que chegou competir na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. O Lukko oficializou o seu equipo feminino na tempada 1997-98 ao inscribilo para as eliminatorias de I-divisioona.[6] Con todo, o 28 de abril de 2023 Lukko ry, a empresa que xestionaba o equipo feminino entre outros, decidiu suprimir o equipo da Naisten Liiga sinalando unha presunta falta de xogadoras.[7]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Lukko gañou proclamouse un total de 16 veces campión de Finlandia: 1963 e 2021.[8]
- O Harry Lindbladin muistopalkinto é entregado cada ano ao equipo campión da fase regular dende a fundación da SM-liiga na tempada 1975-76. Lukko gañou este galardón nunha única ocasión: 2021.[8]
- Campión: 1964 e 1969.
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Aarne Honkavaara: outorgado ao máximo goleador durante a tempada regular. Foi entregado por primeira vez en 1934, antes da profesionalización da liga. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador de Ilves e da seleccionador masculino Aarne Honkavaara. Un total de catro xogadores de Lukko recibiron este galardón, todos eles cun galardón na súa carreira no equipo de Rauma:[8]
- Pentti Jokinen: 1963
- Jouni Rinne: 1976
- Juha Riihijärvi: 1996
- Pasi Saarela: 2005
- Memorial Jarmo Wasama: outorgado anualmente dende 1972 ao mellor xogador debutante da tempada. Recibe o seu nome en honor ao xogador de Ilves Jarmo Wasama. Ao longo da súa historia, dous xogadores de Lukko fixéronse co galardón:[8]
- Janne Grönvall: 1991
- Joni Lehto: 1995
- Trofeo Kalevi Numminen: entregado ao mellor adestrador da tempada. Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e adestrador Kalevi Numminen. Tan só un adestrador de Lukko conseguiu o galardón ao longo da historia do equipo:[8]
- Pekka Virta: 2021
- Trofeo Lasse Oksanen: entregado ao mellor xogador durante a liga regular dende 1994. Leva o nome de Lasse Oksanen, nomeado mellor xogador do país en 1966. Dende a súa introdución, Tres xogadores de Lukko gañaron o trofeo.[8]
- Juha Riihijärvi: 1996
- Justin Danforth: 2020
- Robin Press: 2021
- Trofeo Jari Kurri: entregado anualmente ao mellor xogador durante os play-offs. O premio foi outorgado por primeira vez na tempada 1993-94 e leva o nome do ex xogador Jari Kurri, considerado o mellor xogador finlandés da historia. Tan só un xogador de Lukko recibiu o gallardón:[8]
- Eetu Koivistoinen: 2021
- Trofeo Pekka Rautakallio: entregado anualmente dende 1978 ao mellor defensa. Recibe o nome do primeiro xogador que recibiu o galardón, Pekka Rautakallio. Tan só un xogador do equipo recibiu o galardón dende a súa introdución:[8]
- Robin Press: 2021
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Leva o nome de Raimo Kilpiö, ex xogador de Ilves e da selección nacional. Dous xogadores do equipo teñen conseguido o trofeo:[8]
- Teppo Rastio: 1956
- Jari Laiho: 1980
- Trofeo Urpo Ylönen: entregado anualmente dende 1978 ao mellor porteiro da tempada. O ex-porteiro Urpo Ylönen, nomeado mellor porteiro do Campionato do Mundo de 1970, dálle nome ao trofeo. Catro porteiros do equipo teñen alzado o trofeo:[8]
- Jarmo Myllys: 1988
- Petr Bříza: 1992
- Boris Rousson: 1995
- Lassi Lehtinen: 2021
- Trofeo Veli-Pekka Ketola: outorgado anualmente dende 1934, antes da profesionalización da liga, ao xogador que máis puntos rexistrou ao longo da tempada. O trofeo leva o nome do ex xogador Veli-Pekka Ketola, internacional con Finlandia e nomeado mellor xogador finlandés en dúas ocasións (1974 e 1978). Un total de catro xogadores de Lukko conseguiron o galardón:[8]
- Juha Riihijärvi: 1996
- Perttu Lindgren: 2011
- Ville Vahalahti: 2014
- Justin Danforth: 2020
- Trofeo Matti Keinonen: outorgado cada ano dende 1978 ao xogador máis efectivo (xogador co mellor rexistro plus/minus). . Recibe o nome do ex xogador e membro do Salón da Fama do hóckey sobre xeo finlandés Matti Keinonen. [8]
- Harri Tikkanen: 2010
- Anrei Hakulinen: 2021
- Trofeos da Asociación de Xogadores
- Kultainen kypärä (casco dourado): outorgado anualmente dende 1987 ao mellor xogador da SM-liiga por votación da Asociación de Xogadores. Tres xogadores de Lukko conseguiron este recoñecemento:[9]
- Jarmo Myllys: 1988
- Juha Riihijärvi: 1996
- Justin Danforth: 2020
- Trofeo Juha Rantasila: entregado por primeira vez en 2008, este trofeo é entregado ao defensor que máis goles anotou na tempada. Leva o nome do ex xogador nado en Pori Juha Rantasila. Dous xogadores do equipo conseguiron o galardón:[9]
- Janne Niskala: 2015
- Robin Press: 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lukko teki voitollisen vuosituloksen". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Rauman Lukko perustettiin tasan 80 vuotta sitten!" (en finés). RaumanLukko.fi. 8 de novembro de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2024.
- ↑ Matilaisen, Ville (24 de maio de 2018). "Rauman Lukko mestaruuskeväänään" (en finés). Yle. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1962/63" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 15 de marzo de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Lukko" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ "Lukko" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023.
- ↑ Seppä, Lassi (28 de abril de 2023). "Lukko luopuu Naisten Liigan paikastaan". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de maio de 2023.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 8 de agosto de 2021.
- ↑ 9,0 9,1 "Pelaajayhdistyksen Kultainen kypärä Petri Kontiolalle" (en finés). Liiga.fi. 4 de maio de 2021. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2021. Consultado o 8 de agosto de 2021.