Kanada-malja
Tipo | premio deportivo |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
Vixencia | 1950 – |
A Kanada-malja (en galego Copa Canadá), coñecido popularmente como "poika" (en galego fillo)[1] é un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado cada ano en Finlandia ao campión dos play-offs da SM-liiga. O trofeo recibe o seu nome por ter sido doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O trofeo entregouse por primeira vez en 1951 ao Ilves de Tampere, e estaba formado por unha copa na súa parte superior sobre unha base de madeira. Ao final da tempada 1976-77 engadiuse a primeira capa de madeira adicional, mentres que a segunda foi engadida na tempada 2003-04.[2] Cada ano engádese unha placa de prata co nome do equipo gañador ao trofeo.[1]
En 1992 fíxose unha copia en prata da Kanada-malja e a orixinal foi entregada para exhibirse no Museo finlandés do hóckey sobre xeo, onde está exposta xunto con outros trofeos. Despois do último partido, o equipo campión dos play-offs é presentado co trofeo orixinal, mais pouco despois a copa volta ao museo e é substituída pola copia. O trofeo orixinal está feito de alpaca e a copia está feita completamente de prata.[3][4]
Na tempada 2019-20 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs, polo que a Kanada-malja non foi entregada a ningún equipo ese ano. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación.[5][6] O gañador da liga regular recibe o Harry Lindbladin muistopalkinto (en galego Trofeo Memorial Harry Lindblad), que non está considerado tan prestixioso como a Kanada-malja.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de campións de Finlandia de hóckey sobre xeo.
Casificación de equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Prata | Bronce | Último campionato |
---|---|---|---|---|
Tappara | 17 | 13 | 7 | 2024 |
Ilves | 16 | 9 | 12 | 1985 |
TPS | 11 | 12 | 4 | 2010 |
Kärpät | 8 | 4 | 6 | 2018 |
HIFK | 7 | 5 | 11 | 2011 |
Jokerit | 6 | 6 | 2 | 2002 |
Ässät | 3 | 4 | 2 | 2013 |
TBK | 1 | 0 | 5 | 1955 |
HPK | 2 | 3 | 9 | 2019 |
Lukko | 2 | 3 | 6 | 2021 |
JYP | 2 | 2 | 5 | 2012 |
KOOVEE | 1 | 3 | 3 | 1968 |
Karhut | 1 | 0 | 0 | 1965 |
RU-38 | 1 | 0 | 0 | 1967 |
Tarmo | 0 | 3 | 2 | |
HJK | 0 | 1 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Rasinkangas, Toni (11 de maio de 2019). "Kanada-maljaa on runnottu juhlissa vuosikymmeniä, Poika on ollut jopa polttopuina". Hämeen Sanomat (en finés). Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Seppänen, Antti (12 de setembro de 2019). "Kausi käyntiin – mestaruusviiri nousee Hämeenlinnassa" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Kanada-malja taas rikki!". Iltalehti (en finés). 14 de abril de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "EXHIBITIONS" (en inglés). jaakiekkomuseo.fi. Consultado o 6 de xullo de 2020.
- ↑ "Liiga kausi päättyy välittömästi" (en finés). Liiga.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020.
- ↑ "Jääkiekon SM-liigakausi päättyy välittömästi – Suomen mestaruutta ei jaeta". Iltalehti (en finés). 13 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020.