Museo finlandés do hóckey sobre xeo
Museo finlandés do hóckey sobre xeo Suomen Jääkiekkomuseo | |
---|---|
Logotipo do museo á entrada do mesmo. | |
Coordenadas | 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.50306, -23.76028 |
País | Finlandia |
Cidade | Tampere |
Tipo | Museo especial |
Inauguración | 1979 (no Tampereen jäähalli) 2000 (no Museokeskus Vapriikki) |
Na rede | |
http://www.jaakiekkomuseo.fi/ e http://www.jaakiekkomuseo.fi/?lang=en | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Suomen Jääkiekkomuseo (en galego Museo finlandés do hóckey sobre xeo) é un museo situado na cidade finlandesa de Tampere adicado á historia do hóckey sobre xeo. O museo abriu as portas en 1979 e orixinalmente encontrábase no Tampereen jäähalli (principal pavillón de hóckey sobre xeo da cidade), ata que no ano 2000 se trasladou ao complexo museístico do Museokeskus Vapriikki.[1]
O museo do hóckey sobre xeo finlandés é considerado o segundo mellor museo de historia do hóckey sobre xeo do mundo por detrás do Hockey Hall of Fame de Toronto.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O museo do hóckey sobre xeo finlandés fundouse en 1978,[3] se ben abriu as súas portas por primeira vez en Tampere o 13 de decembro de 1979 no Tampereen jäähalli[a] e parte dos obxectos expostos orixinalmente foran exhibidos nunha exposición a principios dese mesmo ano na mesma cidade sede da entidade bancaria Tampereen Aluesäästöpankin (traducible ao galego como "Caixa de Aforros Rexional de Tampere") como parte das celebracións do 50º aniversario da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo (Suomen Jääkiekkoliito).[4] Os fundadores do museo foron Harry Lindblad, Juhani Linkosuo, Aarne Honkavaara, Usko Teromaa, Kalervo Kummola e Kimmo Leinonen.[5]
Usko Teromaa era xerente da pista de xeo de Hakametsä e con el o museo instalouse no estadio, primeiro nun pequeno espazo no andar do corredor que co tempo acabaría aumentando no andar inferior. Kalervo Kummola pola súa banda tivo como función principal nos inicios do museo a recadación de fondos, que sería tan exitosa que a nova institución non precisou dun empréstito bancario durante a fase de posta en marcha.[6]
En 1985, Kimmo Leinonen regresou a Finlandia dende América do Norte traendo a idea de crear un salón da fama no que homenaxear ás persoas máis relevantes da modalidade no país.[6]
Durante os anos nos que permaneceu no estadio de Hakametsä mantívose de xeito modesto e grazas á axuda de persoas desinteresadas, entre as que salientou a figura do ex xogador Aarne Honkavaara e a súa familia. Nos seus inicios o museo abría unha hora antes dos partidos da SM-liiga, e outros días con cita previa.[4]
En 2001, o museo trasladouse ao Centro Museístico Vapriikki, co que conseguiu ampliar as súas instalacións cun espazo de 440 metros cadrados que,[3] con todo seguiron a ser insuficientes para acoller todos os materiais cos que conta, o que levou a expoñer a posibilidade de trasladalo museo a unha nova localización, unha posibilidade que o presidente da xunta do museo recoñeceu durante a celebración do 40º aniversario da institución en 2019.[6]
En 2014, o museo presentou unha nova exposición principal que contou con, entre outras pezas, o anel de campión da National Hockey League (NHL) de Ville Nieminen, así como obxectos da súa colección non exhibidos ata o momento.[7]
O 14 de outubro de 2017 o museo presentou unha exposición principal completamente renovada, sendo a terceira dende o seu traslado a Vapriikki. Na nova exposición renovada o público puido ver algúns dos galardóns máis importantes entregados na competición doméstica.[8] Concidindo coa apertura da nova exposición realizouse a cerimonia de introdución das novas personalidades do salón da fama. Esta foi a primeira vez que o museo acolleu a cerimonia de nomeamento, na que os "leóns" Veli-Pekka Ketola e Jari Kurri entregaron os premios.[3]
O 8 de marzo de 2020, coincidindo co 20º aniversario da segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino finlandés, a Mestis, o museo organizou un día temático sobre a competición, na que o público puido familiarizarse cos equipos, os xogadores e os trofeos, e que culminou cunha competición de tiro no simulador do museo.[9]
O 26 de xaneiro de 2021 inaugurou unha exposición adicada ao equipo de Tampere Ilves con motivo do seu 90º aniversario.[10]
En 2022, de cara á celebración en Tampere e Helsinqui do Campionato do Mundo dese ano, a exposición principal foi renovada, e durante o evento o número de visitantes aumentou, e o público do museo foi máis internacional.[11] A exposición procurou a sostibilidade empregando, entre outras cousas, vitrinas vellas modificadas para que se viran diferentes e a principios dese mesmo ano anunciouse que o museo abriría un espazo destinado a exposicións temporais.[2]
Colección
[editar | editar a fonte]Pirkko Linkosuo, a filla de Juhani Linkosuo, un dos membros fundadores do museo, recibiu de seu pai o encargo de procurar obxectos e recordos para o museo. O seu labor, poñéndose en contacto con persoas e entidades de toda Finlandia, deu froitos en pouco tempo e axiña seconseguiron obxectos para a colección.[6]
A colección do museo inclúe 300 000 fotografías, 30 000 obxectos e unha colección de 700 camisolas.[12] Entre os obxectos da colección encóntrase a Kanada-malja (Copa Canadá) orixinal,[b][13] ou as Copa do Mundo conquistada pola selección masculina de Finlandia en 1995, 2011 e 2019, que son os obxectos máis atractivos para o público, e entre as pezas máis valiosas dos fondos do museo encóntrase a primeira camisola a raias verdes e negras de Ilves.[11][14] As pezas da colección viaxan pola historia do hóckey sobre xeo finlandés, amosando o ser rápido desenvolvemento ata converterse no deporte máis popular do país nórdico, e a maior parte delas foron doadas ou emprestadas, como os aneis de campión da Stanley Cup de Esa Tikkanen e Ville Nieminen.[14]
A exposición conta tamén cunha sección adicada ao deporte feminino,[15] se ben esta é comparativamente moi reducida.
Salón da Fama (Suomen Jääkiekkoleijonat)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Suomen Jääkiekkoleijonat.
No museo tamén se atopa o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés, denominado Suomen Jääkiekkoleijonat (en galego "leóns do hóckey sobre xeo finlandés"), creado en 1985 por iniciativa de Kimmo Leinonen, que acababa de regresar a Finlandia dende América do Norte. No "Salón da Fama" homenaxéase ás persoas máis relevantes do hóckey sobre xeo finlandés, tanto xogadoras e xogadores, como adestradoras e adestradores, árbitras e árbitros, así como outras personalidades que influíron non desenvolvemento do hóckey sobre xeo en Finlanda.[16][6]
Inicialmente introducíronse 36 persoas, o número máis alto ata o momento,[17] mais na actualidade cada ano só poden ser elixidas entre cero e seis persoas.[16]
Exposicións temporais
[editar | editar a fonte]- Erotuomarin rooli e Hakametsä (2021–2022)[18]
- Ilves 90 vuotta (2021)[19]
- Aarne Honkavaara 1924–2016 e Nuoret Leijonat 2016 (2016–2017)[20]
- Maskit (2015–2016)[21]
- Urheiluidolit – Suomalaisen urheilumaailman idoleita ja fanikulttuuria (2014–2015)[22]
- Jäänmurtaja Jari Kurri – Palkintoja legendaariselta uralta (2013–2014)[23]
- Pekka Marjamäki 1947–2012 (2013)[24]
- Teräsmies Teppo Numminen – Neljän vuosikymmenen puolustaja (2011–2012)[25]
- Pelin henki – Jukka Raution valokuvia (2009–2011)
- Leijonakultaa! Suomi jääkiekon maailmanmestari 1995 (2006–2008)[26]
- Kohotetaan Kanada-malja! – Jääkiekon SM-liiga 1975–2005 (2005–2006)[27]
- Lätkässä kortteihin – Suomalaisia jääkiekkokortteja 1965–2004 (2004–2005)[28]
- Kotijäät kutsuvat – Suomessa järjestetyt jääkiekon MM-kisat (2003)[29]
- Leijonat olympiakaukalossa 1952–2002 – 50 vuotta suomalaista olympiakiekkoa (2002) (en colaboración cos museos de Tampere e o Museo do Deporte)[30]
Empresas asociadas
[editar | editar a fonte]O museo ofrece ás empresas a posibilidade de facerse socias do museo, o que lles permite por exemplo realizar eventos no museo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén coñecido como Hakametsä, o nome do distrito no que se encontra.
- ↑ A Kanada-malja é o trofeo entregado ao equipo campión dos play-offs da máxima categoría do hockey sobre xeo finlandés, a SM-liiga.
- Referencias
- ↑ "Museum Centre" (en inglés). vapriikki.fi. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Runsas, Jari (2 de xaneiro de 2022). "JÄÄKIEKKOMUSEO AVAA UUDEN NÄYTTELYN APRILLIPÄIVÄNÄ". Tampereen Kauppakamari Lehti (en finés). Consultado o 23 de xuño de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "JÄÄKIEKKOMUSEO SIIRTYI UUTEEN AIKAKAUTEEN" (en finés). Suomen Jääkiekkohistoriallinen Seura. Consultado o 27 de xuño de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 "Suomen Jääkiekkomuseo täyttää 40 vuotta" (en finés). Vapriikki. 10 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2022. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ "Suomi-kiekon merkkipaaluja" (en finés). Liiga e Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. Consultado o 22 de xuño de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Laakso, Mika (14 de decembro de 2019). "Suomen Jääkiekkomuseo täytti 40 vuotta, tulevaisuudessa yhä enemmän digitaalisia palveluita luvassa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 27 de xuño de 2022.
- ↑ "Suomen jääkiekkomuseo" (en finés). Vapriikki. 2014. Consultado o 28 de xuño de 2022.
- ↑ "Suomen jääkiekkomuseo" (en finés). menoinfo.fi. 2017. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ "Jääkiekkomuseossa on Mestis-meininkiä" (en finés). Vapriikki. 4 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2022. Consultado o 27 de xuño de 2022.
- ↑ "Ilves 90 -näyttely Jääkiekkomuseossa" (en finés). VisitTampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 Kujansuu, Valtteri; Sirén, Anna (23 de maio de 2022). "Suomen jääkiekkomuseo ikuistaa jo nyt yhä käynnissä olevia kotikisoja – yllättävätkin asiat voivat muodostua vetonauloiksi". Yle.fi (en finés). Consultado o 23 de xuño de 2022.
- ↑ "KOKOELMAT" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "NÄYTTELY" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019.[Ligazón morta]
- ↑ 14,0 14,1 "Suomen jääkiekkomuseo on lätkäfanin paratiisi" (en finés). jalkipeli.net. 20 de xuño de 2021. Consultado o 23 de xuño de 2022.
- ↑ "Suomen Jääkiekkomuseo" (en finés). visittampere.fi. Consultado o 23 de xuño de 2022.
- ↑ 16,0 16,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT" (en finés). Suomen Jääkiekkomuseo. Consultado o 12 de febreiro de 2019.
- ↑ "SUOMEN JÄÄKIEKKOLEIJONAT". JÄÄKIEKKOKIRJA 2022 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 584.
- ↑ "Erotuomarin rooli -näyttely nyt Jääkiekkomuseossa – Pienoisnäyttely kunnioittaa Hakametsän jäähallia" (en finés). Leijonat.fi. 15 de setembro de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ Suonsyrjä, Vesa (3 de febreiro de 2021). "Jääkiekkomuseossa nähtävissä Ilves 90 vuotta näyttely!" (en finés). Ilves. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Jääkiekkomuseossa avautuu kaksi pienoisnäyttelyä" (en finés). Vapriikki. 11 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2022. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Maskit" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Urheiluidolit" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Valokuva Jäänmurtaja Jari Kurri - Palkintoja legendaariselta uralta -näyttely Jääkiekkomuseossa" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Valokuva Pekka Marjamäki 1947-2012" (en finés). Vapriikki. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Näyttelykalenteri". Museoon! (en finés) (Cidade de Tampere): 27. 2011. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Arkistoidut näyttelyt 2009-2005" (en finés). Vapriikki. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2022. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Jääkiekkomuseossa kohotetaan Kanada-maljaa". mtvuutiset.fi (en finés). 21 de abril de 2005. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Lätkässä kortteihin - suomalaisia jääkiekkokortteja 1965-2004". Turun Sanomat (en finés). 25 de setembro de 2004. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "MM-pokaali esillä Tampereen jääkiekkomuseossa". mtvuutiset.fi (en finés). 16 de setembro de 2002. Consultado o 26 de xuño de 2022.
- ↑ "Aarne Honkavaara: Oslon olympiakaukalossa ei kahvattu". mtvuutiset.fi (en finés). 15 de febreiro de 2002. Consultado o 26 de xuño de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo finlandés do hóckey sobre xeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do museo (en finés)
- Sitio web do complexo Vapriikki (en finés) (en inglés) (en ruso)