Saltar ao contido

Tampereen jäähalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hakametsä»)
Tampereen jäähalli
Esterior.
Datos
Coordenadas61°29′45″N 23°49′27″L / 61.495833, 23.824167
LocalizaciónTampere, Finlandia Finlandia
Outros nomesHakametsä
Construción
Inauguración29 de xaneiro de 1965
ArquitectoJaakko Tähtinen
Estadio
Capacidade7 595 espectadores
PropietarioTampere
LocalíaIlves (1965-2021)
Tappara (1965-2021)
KOOVEE (1965–83, 1988-90, 1994–97, 2018-)
Webhttps://www.tampere.fi/kulttuuri-ja-vapaa-aika/liikunta/liikuntapaikat/sisaliikuntapaikat/jaahallit/tampereen-jaahalli.html
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1965
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1982
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1991
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1997
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2003
editar datos en Wikidata ]

O Tampereen jäähalli (en galego Pazo de Xeo de Tampere), tamén coñecido como Hakametsän jäähalli ou só Hakametsä (ás veces denominado tamén Hakametsa 1 para diferencialo do pavillón máis pequeno situado preto deste) en honor ao distrito no que está situado, é un pavillón deportivo da cidade de Tampere (Finlandia) adicado principalmente á práctica do hóckey sobre xeo, sendo a casa do equipo de KOOVEE, que participa na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés. Ata decembro de 2021 acolleu os encontros dos dous principais equipos desta modalidade na cidade, Ilves e Tappara, ambos os dous competindo na SM-liiga (máxima categoría do hóckey sobre xeo en Finlandia). Foi construído en 1965 e ten capacidade para 7 595 espectadores (6 399 sentados).

Interior do pavillón.

Construído en 1965, o Tampereen jäähalli é o pavillón máis antigo de hóckey sobre xeo de Finlandia. Ese ano, o país recibiu a posibilidade de acoller o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino, e Helsinqui comezou a construción dun pavillón para o torneo. Non obstante, a capital finlandesa non puido rematar o proxecto a tempo, polo que se lle propuxo a Tampere construír un pavillón e albergar os partidos da competición.

O primeiro partido que se disputou no pavillón foi un partido das estrelas entre Tampere e o resto de Finlandia xogado o 29 de xaneiro de 1965 e que finalizou cun empate a 4 goles. O primeiro partido de liga disputado enfrontou aos dous equipos locais do Ilves e o Tappara o 31 de xaneiro dese mesmo ano, decantándose a favor dos primeiros por 5 goles a 3.

Orixinalmente, a capacidade do pavillón era de 10 200 espectadores, con tan só 1 573 asentos no lado leste da pista.

A finais dos anos '90 e principios dos anos 2000, houbo un intento de construír un novo recinto multipropósito en Tampere seguindo o exemplo do Hartwall Areena, construído en Helsinqui en 1997. Porén, estes proxectos non frutificaron e o Hakametsä continúa a ser a principal sede do hóckey sobre xeo na cidade. En maio de 2010, o concello de Tampere aprobou un proxecto para comezar o novo Tampereen Keskusareena.

Números retirados no pavillón

[editar | editar a fonte]
  • 10: Heino Pulli

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]