Saltar ao contido

Museo Lenin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Lenin

Tipomuseu biográfico (pt) Traducir e museo Editar o valor en Wikidata
Tema principalLenin Editar o valor en Wikidata
Parte deMuseo dos Traballadores Werstas Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 61°30′N 23°48′L / 61.5, 23.8
EstadoFinlandia
Axencia RexionalAxencia administrativa da rexión finesa central e occidental
RexiónPirkanmaa
ConcelloTampere Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCasa dos Traballadores de Tampere Editar o valor en Wikidata
RúaHämeenpuisto Editar o valor en Wikidata
Código postal33200 Editar o valor en Wikidata
EnderezoHämeenpuisto 28, 33200 Tampere Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1946 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1946 Editar o valor en Wikidata
Demolición3 de novembro de 2024 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Premios
Contacto
RedesFacebook: 200140623376365 Instagram: leninmuseo Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Museo Lenin é un museo da cidade de Tampere, Finlandia. Trátase do único museo de occidente adicado á figura do revolucionario ruso Vladimir Lenin.

Está situado na Casa dos Traballadores de Tampere, onde en 1905 Lenin e Stalin reuníronse por primeira vez con motivo dunha conferencia do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso. Foi inaugurado o 20 de xaneiro de 1946 para conmemorar a morte de Lenin, e en 2014 foi transferido ao Museo dos Traballadores Werstas, despois do cal foi renovado, reabrindo as súas portas en 2016. O museo está situado na sala onde tivo lugar a reunión entre ambos revolucionarios.[1]

O museo foi galardoado coa Orde da Amizade dos Pobos en 1986 polo consello do Sóviet Supremo da Unión Soviética. Dende a disolución da Unión Soviética, o museo desenvolveu unha visión máis crítica do traballo de Lenin e a Unión Soviética.

Entre os visitantes do museo encóntranse varios altos cargos da Unión Soviética como Nikita Khrushchev, Nikolai Bulganin, ou o primeiro astronauta Iuri Gagarin, o que dá mostra da alta significación política do museo.[1]

  1. 1,0 1,1 "Miksi Tampereella on Lenin-museo?" (en inglés). Lenin-Museo. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2017. Consultado o 18 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]