Saltar ao contido

Casa Tirkkonen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Tirkkonen
A casa Tirkkonen en 2013.
Edificio
LocalizaciónKauppakatu 6
Kuninkaankatu 21
Tampere (Finlandia)
Coordenadas61°29′54″N 23°45′27″L / 61.4982968, 23.7574024
Remate1901
Dimensións
Plantas3
Equipo
Arquitecto(s)Lars Sonck
Birger Federley
editar datos en Wikidata ]

A Casa Tirkkonen (en finés Tirkkosen talo) é un inmoble de estilo Art Nouveau da cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, na intersección das rúas Kauppakatu e Kuninkaankatu. O edificio foi deseñado por Lars Sonck e Birger Federley e a súa construción finalizouse en 1901. O mercador Nikolai Tirkkonen realizou o encargo do novo edificio.[1]

O edificio aínda conserva o primeiro sistema de tubos pnemáticos que se instalou na cidade en 1907, e que transería cartos e recibos a través de tubos de latón entre a caixa central da tenda e as caixas rexistradoras.[2]

  1. "Kauppaneuvos Nikolai Tirkkonen (1875–1926)" (en finés). Biografiakeskus. Consultado o 11 de marzo de 2021. 
  2. Vinnari, Paul (6 de xaneiro de 2020). "Tampereella toimi Suomen ensimmäinen putkipostijärjestelmä jo vuonna 1907 – se on yhä jäljellä tunnetussa jugend-talossa". Aamulehti (en inglés). Consultado o 11 de marzo de 2021.