Saltar ao contido

Igrexa de Messukylä

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Messukylä
A igrexa de Messukylä.
Datos xerais
PaísFinlandia Finlandia
Rexión Pirkanmaa
TipoIgrexa
LocalizaciónMessukylä, Tampere
Coordenadas61°29′02″N 23°50′54″L / 61.4837917, 23.8482116
Culto
CultoIgrexa evanxélica luterana de Finlandia
DioceseDiocese of Tampere
Arquitectura
Construción1879
ArquitectosTheodor Höijer
EstiloNeogótico
Páxina webtampereenseurakunnat.fi
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Messukylä (en finés Messukylän kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no distrito de Messukylä, ao leste do centro da cidade. Foi construída en 1879, substituíndo á igrexa vella de pedra que se encontraba moi deteriorada.[1]

A igrexa, obra de Theodor Höijer, está construída en estilo Neogótico e na súa construción empregouse ladrillo vermello. O edificio é unha igrexa longa en forma de cruz finalizada cunha torre Nove anos despois da súa finalización a igrexa adquiriu o retablo pintado por Alexandra Frosterus-Såltin, e en 1889 o órgano.[1][2]

O templo foi obxecto de numerosas reparacións, tan só dez anos despois da súa finalización a torre derrubouse e na súa reparación rebaixouse a súa altura. Do mesmo xeito que aconteceu coa igrexa vella, o edificio foi danado durante a batalla de Tampere, no curso da guerra civil finlandesa. A última renovación realizouse con motivo do centenario da igrexa, foi entón cando o teito adquiriu a súa cor azul[1]

O cemiterio da igrexa foi inaugurado en 1891 e nel está enterrado o escritor finlandés Kalle Päätalo.[2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Messukylän kirkko" (en finés). tampereenseurakunnat.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Messukylän kirkko" (en finés). kyppi.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  3. "Kalle Päätalon muistomerkki" (en finés). kirjastovirma.fi. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]