Saltar ao contido

Igrexa vella de Aitolahti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa vella de Aitolahti
A igrexa vella de Aitolahti.
Datos xerais
PaísFinlandia Finlandia
Rexión Pirkanmaa
TipoIgrexa
LocalizaciónAitoniemi, Tampere
Coordenadas61°32′45″N 23°53′29″L / 61.545793, 23.8914802
Culto
CultoIgrexa evanxélica luterana de Finlandia
DioceseDiocese de Tampere
Arquitectura
Construción1928
ArquitectosBirger Federley
EstiloHistoricista
Páxina webtampereenseurakunnat.fi
editar datos en Wikidata ]

A igrexa vella de Aitolahti (en finés Aitolahden vanha kirkko) é un templo evanxélico luterano da cidade de Tampere, Finlandia. Está situada no centro da cidade, no barrio de Aitoniemi, na área do que era o antigo municipio de Aitolahti. Foi deseñada por Birger Federley e construída en pedra e ladrillo en 1928. O terreo no que se edificou foi doado polo propietario da propiedade Laalahti, o profesor Rurik Pihkala, mentres que o terreo empregado para o cemiterio foi doado por Kustaa e Ida Ruokonen.[1] Trátase dunha igrexa de planta rectangular sen torre. A igrexa imita os templos medievais de pedra na escolla dos materiais, entre outras cousas. Foi construída con axudantes[2]

A igrexa ten capacidade para 230 persoas. O retablo] é un vitral obra do alemán Fritz Hilbert. Na igrexa ten un órgano de 9+1 rexistros construído en 1928 na fábrica de órganos de Kangasala que foi modernizado en 1966.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Nummi,, Ulla-Kristiina et. al (2007). Aitolahden kulttuuriympäristöinventointi, osa II: Kulttuuriympäristökohteet (PDF) (en finés). Cidade de Tampere. p. 81. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de agosto de 2012. Consultado o 08 de abril de 2021. 
  2. "1900-1949 - Tampereen seurakuntayhtymä" (en finés). Tampereen seurakunnat. Consultado o 8 de abril de 2021. 
  3. "Aitolahden vanha kirkko" (en finés). Tampereen seurakunnat. Consultado o 8 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]