Kehräsaari
Aparencia
Kehräsaari é unha área comercial e de negocios situado á beira do Tammerkoski, no barrio de Nalkala entre a praza Laukontori e o centro comercial Koskikeskus, na cidade de Tampere (Finlandia). Antigamente Kehräsaari foi unha illa na que se encontraba unha fábrica de agullas.
Na actualidade acolle, entre outras cousas o Cine Niagara e varios restaurantes.[1] Ao carón de Kehräsaari encóntrase a fábrica de cartón de Tako.[2]
En 1986 finalizou a construción da ponte de Kehräsaari, unha ponte peonil que conecta a área con Vuolteentori e Koskikeskus na outra beira do Tammerkoski.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "INFO. SIJAINTI" (en finés). Arhouse Cinema Niagara. Consultado o 15 de abril de 2021.
- ↑ "Tako board mill" (en finés). metsaboard.com. Consultado o 15 de abril de 2021.
- ↑ Koivisto, Tuomo (2010). "Tammerkosken sillat". Tammerkoski (en finés) (7). p. 5.
- ↑ Vasara, Päivi (7 de febreiro de 2019). "Ennen tämä paikka oli sotkuinen rytöpesä – Nyt ydinkeskustan uusittu Vuolteentori palkittiin viihtyvyydestä". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de abril de 2021.