Hämeenkatu, Tampere
Hämeenkatu | |
---|---|
Tipoloxía | Rúa |
Dimensións | |
Lonxitude | aproximadamente 1 km |
Localización | |
Inicio | Rautatienkatu |
Fin | Hämeenpuisto |
Localidade | Tampere |
Hämeenkatu (en galego rúa de Häme ou rúa de Tavastia) é a principal rúa da cidade de Tampere, en Finlandia. Localizada no centro da cidade, ten case un quilómetro de longo e 28,5 metros no seu punto máis ancho. A rúa cruza o Tammerkoski pola ponte Hämeensilta.
Hämeenkatu comeza no leste na intersección con Rautatienkatu, nas proximidades da estación de tren, corre de leste a oeste ata Hämeenpuisto e o seu pavimento é empedrado. Anteriormente a case todas as interseccións contaban con semáforos, mais na actualidade Hämeenkatu é unha rúa destinada a transporte público.
Coa construción da liña de tranvía que comezou en 2017, e en relación co proxecto, renováronse as beirarrúas, as árobores da rúa e a ilminación. Do mesmo xeito levouse a cabo a renovación da ponte Hämeensilta. O proxecto finalizará en 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hämeenkatu, Tampere |