Casa Palander
Casa Palander | ||||
---|---|---|---|---|
A casa Palander vista dende Keskustori | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Parte de | Tammerkoski ![]() | |||
Estilo | arquitectura Art Nouveau ![]() | |||
Uso(s) | Residencial e comercial | |||
Localización | ||||
Enderezo | Keskustori 7 e Aleksis Kiven katu 11 ![]() | |||
Localización | Keskustori, 7 Tampere (Finlandia) | |||
| ||||
Estado | Finlandia | |||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | |||
Rexión | Pirkanmaa | |||
Concello | Tampere ![]() | |||
Construción | ||||
Remate | 1901 (á leste do edificio), 1905 (á oeste do edificio) | |||
Dimensións | ||||
Plantas | 6 | |||
Implicados | ||||
Arquitecto(s) | Birger Federley Vihtori Heikkilä | |||
Patrimonio cultural | ||||
Edificio protexido por un plan urbanístico | ||||
[ Wikidata ] |
A Casa Palander (en finés Palanderin talo) é un inmoble de estilo Art Nouveau na cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, no extremo sur de Keskustori no barrio de Nalkala. O edificio de seis pisos conta con numerosas tendas e oficinas. Os tres andares superiores son na súa maior parte vivendas privadas. Na parte central do piso superior da fachada de Keskustori estivo situado un estudio, que é unha das partes máis famosas do edificio. Neste estudo traballaron moitos artistas locais e estranxeiros, salientando Hugo Simberg e Kimmo Kaivanto.[1][2] O estudio pertenceu durante moito tempo á cidade de Tampere.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]En 1897 o vice-xuíz Karl Verner Palander mercou a propiedade do número 7 de Keskustori. A idea era construír unha casa de estilo Art Nouveau. Contratou a Birger Federley como arquitecto do proxecto e a Jonas Andersson como mestre construtor.[1][4] A parte oriental da casa foi finalizada de acordo cos seus planos en 1901. Inspirado pola Exposición Universal de París de 1900, Palander quixo cambiar os planos, e para a parte occidental inacabada solicitou novos deseños a Vihtori Heikkilä. Logo Federley presentou unha denuncia por unha alteración non autorizada do seu deseño.[5] A parte oeste que dá á rúa de Alexis Kivi foi finalizada catro anos despois.[1]
O propio Palander viviu na casa ata a súa morte en 1922, momento no que a casa pasou a ser propiedade do Banco de Finlandia. En relación coa compra, a casa foi modificada para ser máis apropiada para o uso como oficina. Ademais a porta principal foi reconstruída segundo o estilo da década de 1920.[6] A oficina do banco estivo situada na planta baixa e a casa era tamén coñecida como o edificio do Banco de Finlandia. Hoxe en día, o Banco de Finlandia non é o propietario do inmoble, e a Casa Palander foi restaurada a principios dos anos 2000.[1]
A Casa Palander ía ser demolida en base ao plan urbanístico de 1938. Con todo, os planos non chegaron materializarse co estalido da segunda guerra mundial.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa Palander |
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Palanderin talo" (en finés). matkailu-opas.com. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ Nikula, Joel (xuño de 2012). "KULTTUURIHISTORIAALISESTI ARVOKKAAN KORJAUSKOHTEEN DOKUMENTOINTI" (PDF) (en finés). Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ Niemelä, Jari (2008). Tamperelaisen Tiedon Portaat. Tampereen asiat aasta yyhyn (en finés). Tampere: Tampere-Seura. p. 142. ISBN 978-952-5558-05-0.
- ↑ Tampereen historia - Jonas Anderssonin lentävä lavitsa 1908 [Ligazón morta]
- ↑ Miettunen, Katja-Maria. "Birger Federley (1874-1935)" (en finés). Koskesta Voimaa. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ Kuusinen, Janne. "Tampereen Keskustorin rakennuskannan muutokset 1918-1940" (en finés). Koskesta Voimaa. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2017. Consultado o 5 de febreiro de 2021.
- ↑ Tampereen historia - Keskustori Tampereen sydämessä on monta näytöstä kokenut [Ligazón morta]