Praza Central de Tampere
Praza Central de Tampere | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | praza e rúa ![]() | |||
Parte de | Tammerkoski ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Finlandia | |||
Axencia Rexional | Axencia administrativa da rexión finesa central e occidental | |||
Rexión | Pirkanmaa | |||
Concello | Tampere ![]() | |||
Localización | Tammerkoski ![]() | |||
Dimensións | ||||
Anchura | 60 m ![]() | |||
Lonxitude | 410 m ![]() | |||
Superficie | 3,3 ha ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Praza Central (en finés Keskustori ) é unha praza situada no centro da cidade de Tampere, Finlandia. A praza é atravesada por Hämeenkatu e está bordeada polas rúas Aleksis Kiven katu e Satakunnankatu e no seu extremo oriental polo Tammerkoski. Nela encóntranse algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, como a Raatihuone, a Igrexa Vella, a Antiga Biblioteca, a antiga fábrica de papel Frenckell, o Teatro de Tampere, ou as casas do Comercio, Palander ou Sumelius. O nome de Keskustori foille dado en 1936, cando se renovou boa parte da nomenclatura da cidade, ata ese momento se chamaba "Kauppatori" ("Praza do Mercado").[1]
De planta case rectangular, trátase dunha praza de grandes dimensións, cunha lonxitude de 410 metros no seu lado máis longos e 60 metros no seu lado máis estreito. A súa superficie é dunhas 3,3 hectáreas. Está dividida en diferentes sectores: ao norte sitúase "Frenckellinaukio", ao sur "Puutarhakatu", e o sector ao sur de Hämeenkatu é coñecido como "Jugendtori". A área do parque recibe nomes superpostos, dos cales os máis coñecidos son "Kirjastonpuisto" ("Parque da Biblioteca") ou "Vanhankirjastonpuisto" ("Parque da Biblioteca Vella"), e "Vanhankirkonpuisto" ("Parque da Igrexa Vella"), se ben a toda a área do parque se lle chama ás veces Koskipuisto, aínda que o Koskipuisto oficialmente está situado na outra beira do Tammerkoski.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hakula, Kuisma & Ylä-Anttila 2007, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hakula, Anna; Kuisma, Tiia; Ylä-Anttila, Kimmo (2007). "Tampereen Keskustori. Rakennetun ympäristön historia ja nykytila" (PDF) (en finés). Tampere: Cidade de Tampere: 46. Consultado o 6 de febreiro de 2021.