Museo de Arte de Tampere
Aparencia
Museo de Arte de Tampere | |
---|---|
Coordenadas | 61°29′55″N 23°44′38″L / 61.4986, 23.7439 |
País | Finlandia |
Cidade | Tampere |
Tipo | Museo de arte |
Administrador | Cidade de Tampere |
Director | Taina Myllyharju, Janne Gallen-Kallela-Sirén e Anneli Ilmonen |
Inauguración | 1931 |
Visitantes | 30 000–40 000 |
Na rede | |
https://tampereentaidemuseo.fi/ e http://www.tampere.fi/taidemuseo.html | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo de Arte de Tampere é un museo da cidade de Tampere, Finlandia. Abriu as súas portas o 31 de outubro de 1931, o que o converte no museo máis antigo do interior de Finlandia e o terceiro museo de arte máis antigo do país..[1][2] O Museo de Arte encóntrase no distrito de Amuri, preto de Pyynikintori. É propiedade da cidade de Tampere dende 1985, e está operado polo servizo de museos da cidade. O edificio que o acolle foi deseñado por Carl Ludvig Engel e a súa construción finalizou en 1838, se ben o seu redeseño como museo de arte foi realizado por Hilja Gestrin en 1931. Entre 1982 e 1984 tivo lugar a última gran remodelación, na que o espazo se ampliou cunha área subterránea, e dotouse ao museo de tecnoloxía moderna.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Korkki, Jari; Niemelä, Jari (1995). Tutkimusmatkoja Tampereen taloihin (en finés). Tampere: Tampere-Seura. pp. 82–84. ISBN 951-9080-60-0.
- ↑ Virtauksia. Tampereen kaupungin taidekokoelmat (en finés). Tampere: Tampereen taidemuseo. 2007. pp. 8, 37. ISBN 978-951-609-354-6.
- ↑ "Yleistä museosta" (en finés). Tampere: Museo de Arte de Tampere. 19 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2013. Consultado o 10 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo de Arte de Tampere ![]() |