Saltar ao contido

Museokeskus Vapriikki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museokeskus Vapriikki

Tipomuseo e edificio Editar o valor en Wikidata
Parte deTampereen kaupungin historialliset museot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 61°30′11″N 23°45′37″L / 61.503, 23.7604
EstadoFinlandia
Axencia RexionalAxencia administrativa da rexión finesa central e occidental
RexiónPirkanmaa
ConcelloTampere Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónTampella Editar o valor en Wikidata
RúaAlaverstaanraitti (en) Traducir e Veturiaukio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código postal33100 Editar o valor en Wikidata
EnderezoAlaverstaanraitti 5, 33100 Tampere, Veturiaukio 2 e Alaverstaanraitti 5 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1996 Editar o valor en Wikidata
Inauguración1966 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Director/aToimi Jaatinen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais185.000, 206.171 e 188.527 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Edificio protexido por un plan urbanístico
Composto por
Contacto
Páxina WEBvapriikki.fi Editar o valor en Wikidata
Teléfono+358-5-6566966 Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: vapriikki Instagram: vapriikki Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Museokeskus Vapriikki ou simplemente Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki) é un grupo de museos que operan nas instalacións da antiga fábrica de Tampella, no barrio homónimo á beira do Tammerkoski, en Tampere, Finlandia. O centro abriu as súas portas ao público en 1996.[1]

Vapriikki toma o seu nome da palabra sueca para fábrica, fabrik.[2] Está situado no antigo taller da fábrica de Tampella, cuxas partes máis antigas se construíron na década de 1880. A metade dos aproximadamente 14 000 metros cadrados de Vapriikki están reservados para exposicións e espazos públicos, mentres que o resto son empregados para outras actividades do Centro, como investigación e traballos arqueolóxicos.[1]

Vapriikki foi elixido como o "Museo do Século" na Gala de Cultura do Século o 18 de outubro de 2017, que foi parte do programa do centenario de Finlandia.[3]

Un guerreiro de terracota en Vapriikki en 2013.

O Centro está integrado polo Museo do Correo (Postimuseo), o Museo de Historia Natural de Tampere (Tampereen luonnontieteellinen museo), o Museo de Minerais (Kivimuseo), Museo finlandés do hóckey sobre xeo (Suomen Jääkiekkomuseo), Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación (Mediamuseo Rupriikki), o Museo Finlandés dos Xogos (Suomen pelimuseo) e a exposición permanente Finlayson 200.[4]

No Centro tamén operaron con anterioridade o Museo de Arte Contemporánea de Tampere (Tampereen nykytaiteen museo), o Museo do Calzado (Kenkämuseo) e o Museo de Bonecas (Nukkemuseo).[5][6][7] Tamén acolle exposicións temporais, algunhas delas internacionais.

  1. 1,0 1,1 "Monipuolinen museokeskus" (en finés). Tampere: Museokeskus Vapriikki. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  2. [Louhenjoki-Schulman, Pirkko-Liisa & Hedenström, Kaius Suomen kulttuurinähtävyydet] |url= incorrecto (Axuda) (en finés). Helsinqui: Otava. 2003. p. 145. ISBN 951-1-12979-1. 
  3. "MUSEOKESKUS VAPRIIKKI ON VUOSISADAN MUSEO" (en finés). Asociación de Museos Finlandeses. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  4. "In which you can enjoy, learn and have fun" (en inglés). Museokeskus Vapriikki. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  5. "Nykytaiteen museo" (en finés). Museo de Arte de Tampere. 25 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  6. "Kenkämuseon näyttely Vapriikissa päättyy" (en finés). Museokeskus Vapriikki. 4 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  7. "Museokeskus Vapriikki kokosi lelunäyttelyn". Turun Sanomat (en finés). 10 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]