Saltar ao contido

Panelian Raikas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PaRa
Fundación1920 (club deportivo)
década de 1950 (hóckey sobre xeo)
Cidade Panelia (Eura),
Satakunta
Finlandia Finlandia
EstadioPanelian jäähalli
LigaNaisten Suomi-sarja
CoresAmarelo, negro, azul, laranxa e branco
                             
Na rede
https://panelianraikas.seura.info/
Facebook: panelianraikas Editar o valor en Wikidata

O Panelian Raikas, tamén coñecido comoo PaRa, é un equipo de hóckey sobre xeo da vila de Panelia, no concello Eura (Satakunta, Finlandia). A entidade salienta polo seu equipo feminino, que na tempada 2022-23 compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Naisten Mestis. Xoga os seus partidos como local no Panelian jäähalli.[1]

O PaRa foi fundado o 8 de xaneiro de 1920 como club de atletismo.[2] Na década de 1950 o club incluíu a práctica do hóckey sobre xeo,[1] que acabou converténdose no único deporte da entidade.[2]

A finais da década de 1960 o equipo masculino de hóckey sobre xeo xogou na Maakuntasarja (Liga Rexional), que daquela era o terceiro nivel do hóckey finlandés. A tempada 1967-68 finalizou na derradeira posición do grupo de Länsi-Suomi (Finlandia Occidental) con tan só unha vitoria, dous empates e nove derrotas en 12 encontros, e 79 goles en contra por tan só 29 a favor, polo que descendeu.[3]

Pola súa banda, o nivel máis alto no que competiu o equipo feminino foi a Naisten Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia.[4]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Panelian jäähalli.

O PaRa xoga os seus partidos como local no Panelian jäähalli, un estadio construído entre os meses de maio e outubro de 1999 e que conta cunha pista de 56x26 m. O equipo xogou o seu primeiro partido o 28 de outubro de 1999 fronte a FPS, que finalizou con vitoria local por dez goles a cinco.[5][6]

Personalidades destacadas

[editar | editar a fonte]
A porteira internacional con Finlandia Tiina Ranne, na imaxe defendendo a portería de KalPa da Naisten Liiga, formouse no PaRa.[7]

O Panelian Raikas é coñecido por ser un bo club de formación,[1] xa que na entidade formáronse as porteiras Tiina Ranne e Eveliina Mäkinen, que participaron en competicións internacionais coa selección feminina de Finlandia.[8] Pola súa banda o porteiro Oskari Setänen e o defensa Roni Sevänen formaron parte do equipo de Lukko que se proclamou campión finlandés en 2021.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Seura" (en finés). Panelian Raikas. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2023. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Nykänen, Liisa (8 de xaneiro de 2020). "Panelian Raikas tasan sata vuotta". alasatakunta.fi (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  3. "PaRa" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  4. "PaRa (W)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  5. "Panelian jäähalli" (en finés). Eura.fi. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  6. "Halli" (en finés). Panelian jäähalli. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  7. "Tiina Ranne" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  8. Setänen, Eetu (2 de marzo de 2016). "Jääkiekkotehdas nimeltä Panelia". ls24.fi (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  9. Tuominen, Joni (17 de maio de 2021). "PaRa-kasvatit toivat mestaruuden Kanalin rannalle – "Kyllä sellainen ylpeyden aihe on ollut täällä pelata"". alasatakunta.fi (en finés). Consultado o 4 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]