Saltar ao contido

Turku HC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turku HC
Fundación2021
Cidade Turku,
Finlandia Propia
Finlandia Finlandia
EstadioImpivaaran jäähalli
(1 200 persoas)
LigaNaisten Suomi-sarja
CoresVermello, negro e branco
                 
Na rede
https://sites.google.com/view/turkuhockeyclub/etusivu?authuser=0&pli=1

O Turku Hockey Club é un equipo de hóckey sobre xeo feminino da cidade de Turku, Finlandia. O equipo foi fundado en 2021 e na tempada 2022-23 compite na Naisten Suomi-sarja, a terceira categoría do hóckey sobre xeo finlandés. Xoga os seus partidos como local no Impivaaran jäähalli, un pavillón con capacidade para 300 persoas.

O equipo foi fundado en 2021, contando inicialmente con xogadoras que en anos anteriores xogaran en TPS, TuTo ou UJK, así como xogadoras afeccionadas e outras procedentes do ringette.[1] O equipo estreouse na tempada 2021-22, cando competiu na terceira categoría do hóckey sobre xeo feminino do país nórdico, a Naisten Suomi-sarja.[2]

O Turku HC comezou a súa segunda tempada, a 2022-23 na segunda categoría, a Naisten Mestis, mais logo de colleitar 15 derrotas noutros tantos partidos viuse relegado a xogar de novo a Naisten Suomi-sarja.[2]

Pavillóns

[editar | editar a fonte]

O Turku HC emprega distintas pistas de xeo da cidade de Turku para as súas actividades: o Impivaaran jäähalli, o Varissuon jäähalli, así como o Raision jäähalli, este último na localidade de Raisio.[3]

O Impivaaran jäähalli, un estadio construído en 1981 e con capacidade para 1 200 persoas.[4] O Varissuon jäähalli pola súa banda foi construído en 1984 e ten capacidade para 750 persoas.[5] Finalmente o Raision jäähalli, construído en 2001, ten dúas pistas de xeo, a principal con capacidade para 450 persoas.[6]

Personalidades

[editar | editar a fonte]

Xogadoras

[editar | editar a fonte]

Siiri Seppälä foi a primeira capitá do equipo na tempada inaugural do club.[7]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

O encargado de dirixir o equipo na súa primeira tempada foi Kasperi Seppälä, quen permaneceu tan só unha tempada no equipo da antiga capital. Na tempada 2022-23 Jari Lempinen estaba á fronte do equipo.[8]

  1. "Turku Hockey Club ry" (en finés). Turku Hockey Club ry. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Turku HC" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  3. "Pelaaminen" (en finés). Turku Hockey Club ry. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  4. "Impivaaran jäähalli" (en finés). Ice Stadium Portal. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  5. "Varissuon jäähalli" (en finés). Ice Stadium Portal. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  6. "Raision jäähalli 1" (en finés). Ice Stadium Portal. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  7. "Turku HC - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 
  8. "Turku HC - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 4 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]