Kärpät Naiset
Oulun Kärpät Naiset | |
---|---|
Fundación | 1990 |
Cidade | Oulu, Ostrobotnia do Norte Finlandia |
Estadio | Oulun Energia Areena (6.614 espectadores) |
Liga | Naisten Liiga |
Campionatos | 3 (2012, 2017, 2018) |
Propietario(s) | Oulun Kärpät 46 RY |
Director | Saija Tarkki |
Adestrador | Sanna Lankosaari |
Afiliado(s) | Kärpät Akatemia (Naisten Mestis) |
Cores | Amarelo, negro e branco |
Na rede | |
https://www.oulunkarpat46.fi/joukkueet/5010 e https://www.karpatnaiset.fi/ | |
O Kärpät Naiset, ou simplemente Kärpät, é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Oulu (Finlandia). Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés.
Foi fundado a principios da década de 1990, e na tempada 1994-95 debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.[1] Con tres campionatos, conquistados nas tempadas 2011-12, 2016-17 e 2017-18, sete medallas de prata e outras sete de bronce, Kärpät é un dos equipos femininos máis exitosos do país.
Historia
[editar | editar a fonte]A práctica do hóckey sobre xeo en categoría feminina en Kärpät comezou na tempada 1990-91, cando anunciou que crearía un equipo de nenas e comezou a procura de xogadoras. Inicialmente o equipo xogou na liga distrital de nenos.[2]
Na tempada 1992-93 participou por primeira vez na liga, xogando no grupo tres da I-divisioona xunto co SoPan, Te-Kin, KaTen, PaKan, EtPon e KeKin. As achegas de Anne Haapalainen (14+5=19), Annakaisa Pahkala (10+8=18) e Sari Räisänen (5+2=7) axudaron ao equipo a finalizar a liga na terceira posición.[3]
Non foi ata a tempada 1994-95 cando o equipo debutou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, daquela denominada Naisten SM-sarja. Na súa primeira tempada entre os mellores equipos do país nórdico salientaron Katja Riipi, Sanna Lankosaari e Niina Siren.[3]
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Oulun jäähalli.
As Kärpät, como o equipo masculino do club, xogan os seus partidos como locais no Oulun Energia Areena, situado no Centro Deportivo de Raksila, no distrito homónimo da cidade de Oulu. O estadio foi construído en 1975, aínda que experimentou varias reformas nos anos 1988, 1994 e 2004.[4][5] O Oulun Energia Areena ten capacidade para 6 050 persoas, das cales 4 301 localidades son sentadas, 1 749 localidades son de pé e outras como zonas para persoas discapacitadas, e conta con 12 palcos.[6][4] En 2006, o principal arrendatario da sala, o equipo masculino dos Kärpät, nomeou o estadio "Oulun Energia Areena". O cambio de nome foi posible grazas a unha resolución da cidade en 2003, pola cal os principais arrendatarios da sala podían vender o nome do local.[7]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadoras
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado a 14 de febreiro de 2024.[8]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- A Aurora Borealis Malja (Copa Aurora Boreal) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da Naisten Liiga. É o trofeo principal da competición. Kärpät Naiset gañou un total de tres veces o trofeo: 2012, 2017 e 2018.[9]
- Bronce: 2013[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
*G: Goalie (porteiro)
*C: Center (central)
*W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
*D: Defenceman (defensa). - ↑ As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
- Referencias
- ↑ "Historia" (en finés). oulunkarpat46.fi. Consultado o 23 de setembro de 2020.
- ↑ "HISTORIA" (en finés). Kärpät Naiset. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 "Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. 6 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de xuño de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 "Oulun jäähalli" (en finés). Cidade de Oulu. Consultado o 5 de marzo de 2024.
- ↑ "OULUN KÄRPÄT" (en finés). junnut.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2004. Consultado o 5 de marzo de 2024.
- ↑ "Oulun Energia Areena" (en finés). karpat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024.
- ↑ Kaleva 13 de setembro de 2006, p. 5 (en finés)
- ↑ "KOKOONPANO Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 14 de febreiro de 2024.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 "Eniten mitaleita Naisten Liigassa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024.
- ↑ Mujunen, Johanna (25 de febreiro de 2013). "Kärppien Helin: "Haastoimme hyvin Euroopan parhaan naisjoukkueen"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)