Naisten SM-sarja 1988-1989
Tipo | Auroraliiga |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
A tempada 1988-1989 da Naisten SM-sarja foi a sétima tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.
Ao final da tempada o EVU de Vaasa conseguiu o primeiro título da súa historia.
Estrutura da tempada
[editar | editar a fonte]A competición xogouse nun único grupo e só se disputou unha liga regular, se ben se xogou un partido de desempate entre os dous primeiros clasificados da liga regular ao remataren co mesmo número de puntos.[1] O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Nome | Cidade |
---|---|
EVU | Vantaa |
Ilves | Tampere |
Ilves-Kiekko | Tampere |
HIFK | Helsinqui |
Shakers | Kerava |
SaiPa | Lappeenranta |
Sport | Vaasa |
Ässät | Pori |
Liga regular
[editar | editar a fonte]Ao final da liga regular o Ilves de Tampere finalizou na primeira posición con 25 puntos logo de gañar 11 partidos e empatar tres. O EVU de Vantaa finalizou co mesmo número de puntos logo de sumar 12 vitorias, un empate e unha vitoria. O Ilves foi o equipo máis goleador con 106 goles a favor, metres que o EVU foi o menos goleado logo de encaixar tan só 11 goles. Por contra as xogadoras do Sport de Vaasa foron o equipo que máis goleado (129) e o que menos goles anotou (26). O Ilves protagonizou unha vez máis as maiores goleadas, como o 24-0 e o 0-19 fronte o Sport.[2]
Ao final da tempada as Ilves-Kiekko finalizaron na última posición e tiveron que xogarse a permanencia fronte as Tiikerit de Hämeenlinna.[2]
- Clasificación
Pos. | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Ilves | 14 | 11 | 3 | 0 | 106 | 18 | +88 | 25 |
2 | EVU | 14 | 12 | 1 | 1 | 79 | 11 | +68 | 25 |
3 | HIFK | 14 | 8 | 2 | 4 | 53 | 33 | +20 | 18 |
6 | Ässät | 14 | 6 | 3 | 5 | 46 | 41 | +5 | 15 |
5 | Shakers | 14 | 4 | 4 | 6 | 41 | 44 | -3 | 12 |
7 | SaiPa | 14 | 5 | 0 | 9 | 39 | 56 | -17 | 10 |
4 | Sport | 14 | 2 | 0 | 12 | 26 | 129 | -103 | 4 |
8 | Ilves-Kiekko | 14 | 1 | 1 | 12 | 30 | 88 | -58 | 3 |
- Resultados
Ilves | EVU | HIFK | Ässät | Shakers | SaiPa | Sport | Ilves-Kiekko | |
Ilves | 2-2 | 5-4 | 5-0 | 1-0 | 7-1 | 24-0 | 6-1 | |
EVU | 1-3 | 4-0 | 5-0 | 6-0 | 5-0 | 5-0 | 10-0 | |
HIFK | 2-2 | 0-2 | 3-1 | 3-2 | 4-2 | 9-0 | 9-2 | |
Ässät | 4-4 | 2-9 | 4-3 | 3-3 | 5-0 | 10-2 | 8-1 | |
Shakers | 2-7 | 1-6 | 3-3 | 1-1 | 4-2 | 6-5 | 2-1 | |
SaiPa | 1-8 | 1-3 | 3-6 | 1-4 | 4-3 | 7-0 | 7-3 | |
Sport | 0-19 | 1-7 | 3-5 | 2-1 | 0-12 | 3-8 | 5-1 | |
Ilves-Kiekko | 0-13 | 1-14 | 0-2 | 2-3 | 2-2 | 1-2 | 15-5 |
Anotadoras
[editar | editar a fonte]Ao finalizar a liga regular, a xogadora do EVU de Vantaa Liisa Karikoski foi a máxima puntuadora con 33 puntos (21 goles e 12 asistencias). A máxima goleadora, con todo, foi Arja Kaunola do IFK de Helsinqui, mentres que Minna Nisula do Ilves) foi a máxima asistente con 13 asistencias.[2]
Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | PIM |
---|---|---|---|---|---|---|
Liisa Karikoski | EVU | 13 | 21 | 12 | 33 | 6 |
Marianne Ihalainen | Ilves | 14 | 19 | 11 | 30 | 8 |
Anne Haanpää | Ilves | 14 | 19 | 11 | 30 | 10 |
Tiina Pihala | Ässät | 14 | 16 | 13 | 29 | 8 |
Tiia Reima | Ilves | 14 | 20 | 8 | 28 | 14 |
Riikka Nieminen | EVU | 6 | 19 | 7 | 26 | 2 |
Kirsi Rasa | SaiPa | 14 | 13 | 12 | 25 | 4 |
Jaana Peltonen | Ilves | 14 | 15 | 8 | 23 | 2 |
Katri Javanainen | Ässät | 14 | 11 | 12 | 23 | 24 |
Arja Kaunola | HIFK | 14 | 25 | 7 | 22 | 2 |
Series pola permanencia
[editar | editar a fonte]Logo das series pola permanencia, as xogadoras do Ilves-Kiekko mantiveron a categoría, mais as Tiikerit ascenderon á máxima categoría logo de que o Sport decidira abandonar a competición.[2]
Ilves-K – Tiikerit | |||
---|---|---|---|
Ilves-K | Tiikerit | 6–7 | |
Tiikerit | Ilves-K | 1–5 | |
Ilves-K | Tiikerit | 5–4 | |
Ilves-Kiekko gaña a serie 2-1. |
Desempate
[editar | editar a fonte]Ao empatar a puntos os dous primeiros clasificados (Ilves e EVU) xogouse un partido de desempate que se decidiu na prórroga a favor do equipo de Vantaa.[2][1]
Ilves | 3 - 4 (0–0, 3–1, 0–2 OT1: 0–0 OT2: 0–1) |
EVU |
Equipo campión
[editar | editar a fonte]O equipo do EVU que conquistou o campionato finlandés feminino en 1989 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]
Campión feminino de Finlandia EVU |
Porteiras: Leila Tuomiranta, Soina Polvinen Patinadoras: Liisa Karikoski, Riikka Nieminen, Tuija Kohonen, Kristiina Suninen, Maarit Rautiainen, Kirsi Koskela, Peppi Luomajoki, Marianne Sulen, Soile Ojala, Taru Partio, Terttu Ranta, Mervi Jakonen, Nina Honkanen, Tuula Keronen, Tarja Kujanpää |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 28 de abril de 2023.
- ↑ "1988 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023.