Saltar ao contido

Naisten SM-sarja 2010-2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaNaisten SM-sarja 2010-2011
Imaxe
TipoAuroraliiga Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 2010-2011 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoHPK Kiekkonaiset Editar o valor en Wikidata

2011Editar o valor en Wikidata

A tempada 2009-2010 da Naisten SM-sarja foi a 29ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 11 de setembro de 2010 e concluíu o 6 de marzo de 2011. Pola súa banda os play-offs comezaron o 8 de marzo de 2011 e finalizaron o 29 de marzo coa disputa do terceiro partido das finais. Nesta edición participaron un total de nove equipos.

Ao finalizar a tempada o HPK alzou gañou o primeiro campionato da súa historia logo de derrotar nas finais (3-0) ao Ilves, que defendía o título conquistado na tempada precedente.[1] Pola súa banda as Kärpät conseguiron a medalla de bronce logo de derrotar ás Blues en Espoo (2-4).

Nesta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés entregouse por primeira vez a Aurora Borealis Malja, que substituíu a Sammon Malja como trofeo ao equipo campión de Finlandia en categoría feminina.

Movementos na liga

[editar | editar a fonte]

Expansión a Kuortane

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Team Kuortane.

Nesta tempada a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou a incorporación dun novo equipo na máxima categoría do hóckey feminino finlandés con base na localidade de Kuortane, na rexión de Ostrobotnia do Sur, como proxecto para desenvolver o hóckey feminino do país nórdico..[2][3]

A chegada do equipo á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés provocou a expansión da liga de oito a nove equipos, dos cales o daquela denominado Team Oriflame foi o equipo máis novo,[3] cun elenco de xogadoras nadas a maioría en 1994 e procedente de pequenas vilas de Finlandia. Jari Risku foi nomeado adestrador xefe do equipo para a tempada do seu debut.[2]

Introdución da Aurora Borealis Malja

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Aurora Borealis Malja.

Nesta tempada introduciuse a Aurora Borealis Malja como trofeo entregado ao equipo gañador en substitución da Sammon Malja.[4] O trofeo foi donado á Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo polo daquela embaixador do Canadá en Finlandia, Christopher Shapardanov, e os fondos para a súa adquisición procederon principalmente de doazóns da comunidade finlandesa do Canadá.[5][6] A Aurora Borealis Malja foi entregada a Federación Finlandesa, representada polo seu presidente Kalervo Kummola e o director executivo Matti Nurminen, o 21 de marzo de 2011 no Helsingin jäähalli de Helsinqui.[5]

Mudanzas nos corpos técnicos

[editar | editar a fonte]

A principios de xullo Mika Väärälä incorporouse ao corpo técnico do equipo de Jyväskylä como adestrador xefe logo de coñecer o posto vacante e poñerse en contacto co club. Väärälä viña de traballar para a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo como adestrador dos equipos de rapazas nos eventos da federación, onde comezou a seguir e a interesarse polo xóckey sobre xeo feminino. [7]

No HPK Jarkko Julkunen substituíu a Toni Kettunen no banco do equipo de Hämeenlinna,[8][9] que na tempada precedente conseguira a medalla de bronce.[10]

Estrutura da competición

[editar | editar a fonte]

A tempada 2010-11 da Naisten SM-sarja dividiuse en tres fases:

  • A rolda preliminar, disputada entre os meses de setembro e novembro, constou de nove equipos que xogaron todos contra todos a dobre volta, co que cada unn xogou un total de 16 partidos.[11] Esta fase comezou o 11 de setembro e finalizou o 28 de novembro.[12][13]
  • Os seis mellores equipos da rolda preliminar clasificáronse para a liga regular, disputada igualmente a dobre volta todos contra todos, e contando para a clasificación os rexistros da primeira fase de competición. Pola súa banda, os tres equipos peor clasificados da liga regular disputaron a serie de clasificación contra os tres mellores equipos da I-divisioona, en formato de liga a tripla volta, disputando un total de 15 partidos, e os dous equipos mellor clasificados xogaron a tempada seguinte na máxima categoría.[12][13]
  • Todos os equipos que disputaron a liga regular clasificáronse para os play-offs. Os dous primeiros da táboa clasificáronse directamente para as semifinais, mentres que os catro equipos restantes disputaron as series de cuartos de final: o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º. Os ganadores dos cuartos pasaron ás semifinais, de xeito que o equipo peor clasificados se enfrontou ao mellor clasificado. Os dous equipos que superaron as semifinais enfrontáronse nas finais. Todas as series disputáronse ao mellor de cinco encontros, con vantaxe de campo para o equipo mellor clasificado na liga regular, agás a disputa da medalla de bronce, que se xogou a partido único.[12]

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010-11 tomaron parte na competición un total de nove equipos. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi as rexión de Uusimaa, con dous (Blues e LoKV), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Central, Finlandia Propia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa. Seis dos equipos participantes compartían os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (Blues, HPK, Ilves, JYP, KalPa e Kärpät).

Nome Cidade Adestrador/a Capitá
Blues Espoo Sami Haapanen[14]
HPK Hämeenlinna Jarkko Julkunen[8]
Ilves Tampere Samuli Marjeta[15]
JYP Jyväskylä Mika Väärälä[7]
KalPa Kuopio Jari Savolainen[16]
LoKV Lohja
Kärpät Oulu Seppo Karjalainen[17]
Salo HT Salo
Team Kuortane Kuortane Jari Risku

Rolda preliminar

[editar | editar a fonte]

A liga comezou o 11 de setembro de 2010 coa disputa de catro partidos. Un dos enfrontamentos máis salientados da xornada inaugural enfrontou no Tesoman jäähalli de Tampere aos dous finalistas da tempada anterior, o Ilves (campioas) e as Blues (subcampioas), nun partido que se decidiu a favor das de Espoo grazas a un gol de Pia Lund no minuto 51:27 (5-6). Tamén na xornada inaugural o recentemente creado Team Oriflame caeu no seu debut fronte o JYP.[12] O equipo de Kuortane foi de feito o último dos nove equipos que tomaron parte na competición en estrear o seu marcador de puntos, xa que non conseguiu puntuar nos catro partidos que disputara ata o 19 de setembro, cando o equipo escolar caeu nos shootouts fronte o Salo HT na casa,[18] e de feito, a primeira vitoria da historia do equipo non chegou na liga, senón nun encontro internacional que o enfrontou á seslección sub-18 de Noruega o 14 de outubro de 2010 por oito goles a un.[19]

O 1 de outubro de 2010 anunciouse que Linda Välimäki, que permanecera fóra das pistas no inicio da tempada, fichara polas Espoo Blues.[20] O 3 de outubro as Kärpät e o LoKV protagonizaron a quenda de shootouts máis longa da tempada, que só se decidiu logo de realizar 16 lanzamentos.[21]

O HPK protagonizou un inicio de competición espectacular con sete vitorias consecutivas nos 60 minutos regulamentarios que fixeron que o equipo de Hämeenlinna sumara de tres en tres ata o seu oitavo partido, que as xogadoras do Team Oriflame conseguiron levar á prórroga, o que supuxo que o HPK só puidera sumar dous puntos pola vitoria.[22] A primeira derrota do HPK chegou o 27 de outubro a mans das Blues (2-0) en Laaksolahti, o que reduciu a dous puntos a distancia entre o equipo de Espoo e o de Hämeenlinna.[23]

Na derradeira fin de semana da rolda preliminar o Salo HT e o Team Oriflame aspiraban a conseguir a súa primeira vitoria chegou a primeira e unha única vitoria nos 60 minutos regulamentarios.[24] As xogadoras de Salo conseguiron bater no penúltimo partido ás de Kuortane, deixando a clasificación sentenciada a falta da última xornada.[25] Pola súa banda, o Team Oriflame divo que esperar ata o derradeiro partido, que gañou (1-4) ao LoKV en Lohja. A vitoria das de Kuortane non supuxo ningunha mudanza na parte baixa da clasificación e o LoKV, o Salo HT, ademais das propias xogadoras do Team Oriflame tiveron que disputar a serie de clasificación para manter a categoría fronte aos equipos dos Pelicans 2000, o K-Oulu e o IHK. Na parte alta da clasificación, as Blues conseguiron finalizar na primeira posición logo de gañar na prórroga ao KalPa, o que lles permitiu sumar un punto máis que o HPK, que gañou con autoridade ao Salo HT (0-6).[13]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Fonte: Leijonat.fi[26]

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 Blues 16 13 1 0 2 83 31 +52 41
2 HPK 16 12 2 0 2 81 19 +62 40
3 Ilves 16 9 1 1 5 61 36 +25 30
4 Kärpät 16 7 2 1 6 65 52 +13 26
5 JYP 16 7 2 1 6 41 41 0 26
6 KalPa 16 7 1 2 6 43 44 -1 25
7 LoKV 16 5 0 2 9 32 60 -28 17
8 Salo HT 16 1 1 1 13 17 85 -68 6
9 Team Oriflame 16 1 0 2 13 22 77 -55 5

Liga regular

[editar | editar a fonte]

O 11 de decembro, dúas semanas despois de finalizar a rolda preliminar, seis mellores equipos da rolda preliminar comezaron a liga regular, na que se contabilizaron os puntos que os equipos conseguiron na fase previa, polo que as Blues comezaron na parte alta da clasificación.[13][27]

Os partidos máis interesante da primeira fin de semana da liga regular foron os do dobre enfrontamento entre ás Blues fronte as xogadoras do HPK, primeiras e segundas clasificadas respectivamente na fase preliminar e no que ambos equipos se xogaron o liderado. A primeira fin de semana foi ademais a única na que se disputou a liga regular antes do Nadal, cando a liga parou durante máis dun mes antes de reanudarse o 22 de xaneiro de 2011.[28]

A clasificación apretouse xa despois da primeira fin de semana, cando o dobre enfrontamento entre os dous primeiros clasificados saldouse cunha vitoria para cada un dos equipos, as Kärpät gañaron os seus dous encontros, un deles fronte o Ilves, que partía con tan só catro puntos de vantaxe sobre as xogadoras de Oulu, o que deu como resultado que entre as primeiras clasificadas só oubera un punto de vantaxe a favor das xogadoras de Espoo, e entre as terceiras e cuartas houbera a mesma diferenza.[29] A figura de Anne Helin (Kärpät) salientou nesta primeira fin de semana logo de conseguir 10 puntos (7 goles + 3 asistencias), participando nos oito goles do seu equipo na xornada do domingo fronte o JYP (8-1), o que lle valeu para situarse como líder da clasificación de puntuadoras da liga regular.[30]

Antes de retomarse a competición para todos os equipos, o 15 de xaneiro de 2011 enfrontárons as Blues e as Ilves, nun partido no que as vixentes campioas precisaban a vitoria para recurtar algún dos 11 puntos de vantaxe no liderado que tiñan as de Espoo,[31] o que conseguiu logo de derrotalas por 3-0 nun partido no que a súa porteira Viivi Vartia conseguiu un shutout e no que as xogadoras de Tampere dominaron obrigando á porteira de Espoo Isabella Portnoj a deter 46 disparos. A vitoria do Ilves deixou ás de Tampere a oito puntos do liderado e a sete das segundas clasificadas (HPK).[32]

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 HPK 26 20 2 0 4 122 32 +90 26
2 Blues 26 19 1 0 6 105 56 +49 59
3 Ilves 26 16 1 1 8 101 49 +52 51
4 Kärpät 26 10 3 2 11 94 84 +10 38
5 KalPa 26 9 2 3 12 62 95 -33 34
6 JYP 26 9 2 1 14 56 73 -17 32

Líderes de anotación

[editar | editar a fonte]
Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Anne Helin Kärpät 20 35 16 51 55
2 Emma Laaksonen Blues 25 9 29 38 16
1 Annina Rajahuhta HPK 23 17 20 37 12
1 Pia Lund Blues 25 14 22 36 22
1 Sari Kärnä Ilves 25 15 20 35 14

Play-offs

[editar | editar a fonte]
Cuartos de final Semifinais Final
           
 1 - HPK  3
 4 - Kärpät  3
 4 - Kärpät  0  
 5 - KalPa  0  
   1 - HPK  3
 
   3 - Ilves  0
 3 - Ilves  3
 3 - Ilves  3  
 6 - JYP  0  
 2 - Blues  0  

Equipo campión

[editar | editar a fonte]

O equipo do HPK que conquistou o campionato finlandés feminino en 2011 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[33]

Campión feminino de Finlandia
HPK

Porteiras: Maija Hassinen, Vilma Vaattovaara

Patinadoras: Annina Rajahuhta, Riikka Noronen, Eveliina Similä, Fanny Jalonen, Anne Tuomanen, Susanna Niemelä, Sanna Lankosaari, Nora Liikanen, Mira Huhta, Tea Villilä, Elisa Rytkönen, Venla Hovi, Katja Riipi, Jutta Stoltenberg, Hanna Honkonen, Katja Nurmesniemi, Julia Rouru, Ella Pietikäinen, Salla Rantanen, Viivi Vaattovaara, Janna Jokinen

Serie de clasificación

[editar | editar a fonte]

O 11 de decembro os tres peores equipos da rolda preliminar comezaron a serie de clasificación contra os tres mellores equipos da segunda categoría: IHK, Kiekko-Oulu e Pelicans 2000.[13]

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 Team Oriflame 15 11 0 1 3 75 30 +45 34
2 LoKV 15 11 0 0 4 70 31 +39 33
3 Salo HT 15 10 1 1 3 52 22 +30 33
4 IHK 15 8 1 0 6 72 31 +41 26
5 Kiekko-Oulu 15 2 0 0 13 30 108 -78 6
6 Pelicans 2000 15 1 0 0 14 16 93 -77 3

Equipos das estrelas

[editar | editar a fonte]
1º equipo das estrelas[34]
Posición Xogadora Equipo
Porteira Maija Hassinen HPK
Defensa Emma Laaksonen Blues
Defensa Anna Kilponen Ilves
Á Annina Rajahuhta HPK
Centro Anne Helin Kärpät
Á Anne Tuomanen HPK

Xogadoras do mes

[editar | editar a fonte]
  1. "HPK:n lätkämimmeille kultaa". Yle Uutiset (en finés). 29 de marzo de 2011. Consultado o 17 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 "Team Oriflame Kuortane nuorella joukkueella SM-sarjaan" (en finés). Leijonat.fi. 10 de setembro de 2010. Consultado o 11 de marzo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Jääkiekon naisten SM-sarjassa mielenkiintoinen tulokas". mtv3.fi (en finés). 10 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2023. 
  4. Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
  5. 5,0 5,1 "Tältä se näyttää - Aurora Borealis -malja julkistettiin! Kirjoittanut Toimitus" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  6. Nordqvist, Tina (28 de abril de 2014). "Mestareiden maljat" (en finés). Suomi Seura. Consultado o 24 de xuño de 2023. 
  7. 7,0 7,1 Mennander, Pasi (10 de setembro de 2010). "JYPin valmentaja Väärälä: Mitalia lähdemme hakemaan". Leijonat.fi (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 Mennander, Pasi (10 de setembro de 2010). "HPK:n päävalmentaja Julkunen: Vain mestaruus kelpaa". Leijonat.fi (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  9. Niiranen, Jussi (23 de novembro de 2011). "Totuuden hetki -kisaaja: En ole tirkistelijä". Ilta Sanomat (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  10. "Naisten SM:n mitalijoukkueet kautta aikojen" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  11. Mennander, Pasi (11 de decembro de 2010). "Sarjajärjestelmä - Näin pelit jatkuvat naisten SM-sarjassa!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Mennander, Pasi (11 de setembro de 2010). "HPK aloitti naisten SM-sarjan murskavoitolla, Rajahuhta 4+2" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Mennander, Pasi (28 de novembro de 2010). "Blues jatkoaikamaalilla naisten SM-alkusarjan voittoon" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  14. Mennander, Pasi (10 de setembro de 2010). "Bluesin joukkueenjohtaja Annu Rokkanen: Jälleen mitalitaistoon". Leijonat.fi (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  15. Mennander, Pasi (10 de setembro de 2010). "Ilveksen päävalmentaja Marjeta: Unelmista pelataan". Leijonat.fi (en finés). Consultado o 18 de outubro de 2023. 
  16. Mennander, Pasi (23 de xaneiro de 2011). "JYPin Anna Vanhala taas tehokas, KalPalle niukka voitto naisten SM-sarjassa". Leijonat.fi (en finés). Consultado o 8 de abril de 2024. 
  17. "Historia" (en finés). KarpatNaiset.fi. Consultado o 21 de abril de 2024. 
  18. Mennander, Pasi (19 de setembro de 2010). "Team Oriflame nousi pois nollakerhosta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 22 de outubro de 2023. 
  19. Mennander, Pasi (16 de outubro de 2010). "Hymy herkässä! Team Oriflamelle historiallinen voitto - katso kuvat!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  20. Mennander, Pasi (1 de outubro de 2010). "Linda Välimäki siirtyy Bluesiin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 29 de novembro de 2023. 
  21. Mennander, Pasi (24 de outubro de 2010). "Naisten SM viikonloppuna: Pisterohmuja ja pitkä voittomaalikisa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  22. Mennander, Pasi (22 de outubro de 2010). "Naisten SM: Blues nöyrin mielin kovaan testiin - vastassa HPK" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  23. Mennander, Pasi (28 de outubro de 2010). "HPK "sai mitä tilasi" - avaustappio naisten SM:ssä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  24. Mennander, Pasi (21 de novembro de 2010). "Naisten SM: Blues, KalPa ja HPK kahden kotivoiton joukkueet viikonloppuna" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  25. Mennander, Pasi (28 de novembro de 2010). "Olipa kierros! Naisten SM:ssä sarjataulukko uusiksi" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023. 
  26. Mennander, Pasi (28 de novembro de 2010). "Blues jatkoaikamaalilla naisten SM-alkusarjan voittoon" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de xuño de 2023. 
  27. "Naisten SM-sarja käyntiin - Kärkijoukkueet heti vastakkain" (en finés). Leijonat.fi. 11 de decembro de 2011. Consultado o 2 de decembro de 2023. 
  28. Mennander, Pasi (11 de decembro de 2010). "Naisten SM: HPK:ssa odottava tunnelma ennen viikonlopun Blues-otteluita" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  29. Mennander, Pasi (12 de decembro de 2010). "Vuoroin vieraissa - Bluesin vuoro kaapata sarjapisteet HPK:lta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  30. Mennander, Pasi (12 de decembro de 2010). "Kärppien Anne Helin JYPin painajainen: 6+2!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  31. Mennander, Pasi (14 de xaneiro de 2011). "Naisten SM: Ilves yrittää raapaista Bluesilta avauspisteet" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  32. Mennander, Pasi (15 de xaneiro de 2011). "Naisten SM: Ilves nollasi Bluesin, Vartialle nollapeli" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 5 de marzo de 2024. 
  33. "2011 Kärpät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 19 de agosto de 2023. 
  34. 34,00 34,01 34,02 34,03 34,04 34,05 34,06 34,07 34,08 34,09 34,10 34,11 Mennander, Pasi (11 de marzo de 2011). "Naisten SM-sarjan palkinnot 2010-11 - Tässä nimilista!" (en finés). Liiga. Consultado o 19 de agosto de 2023. 
  35. Mennander, Pasi (30 de marzo de 2011). "Naisten SM:n pudotuspelien MVP: Annina Rajahuhta!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  36. "Championnat féminin de Finlande 2010/11" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  37. Mennander, Pasi (1 de outubro de 2010). "Naisten SM-sarjan Kuukauden pelaaja: Annina Rajahuhta HPK" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  38. Mennander, Pasi (1 de novembro de 2010). "Naisten SM:n lokakuun pelaaja on Kärppien Anne Helin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  39. Mennander, Pasi (3 de decembro de 2010). "Kuukauden pelaaja Laaksonen nauttii SM-sarjan tasaisista otteluista" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  40. Mennander, Pasi (7 de xaneiro de 2011). "Naisten SM-sarjan kuukauden pelaaja: Anne Tuomanen HPK" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de agosto de 2023. 
  41. "Naisten SM-sarjan kuukauden pelaaja: Isabella Portnoj Blues" (en finés). Leijonat.fi. 4 de xaneiro de 2011. Consultado o 21 de xuño de 2023. 
  42. Mennander, Pasi (8 de marzo de 2011). "Naisten SM:n kuukauden pelaaja: Saara Tuominen Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 21 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]