Saltar ao contido

Anna Kilponen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Kilponen

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1995 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
Orivesi, Finlandia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Dakota do Norte (pt) Traducir
Quinnipiac University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura169 cm Editar o valor en Wikidata
Peso163 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogadora de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFinlandia Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefenseman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Team Kuortane
Quinnipiac Bobcats women's ice hockey
North Dakota Fighting Hawks women's ice hockey
Ilves Naiset
2019– Linköpings FC
2020– Ilves Naiset
2021–2021 Kunlun Red Star
2021– Ilves Naiset
2022– Kunlun Red Star
2022– Metropolitan Riveters
2023–2023 ZSC Lions Frauen
2023– Ilves Naiset
Participou en
febreiro de 2014Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: anna-kilponen Editar o valor en Wikidata

Anna Kilponen, nada o 16 de maio de 1995 en Orivesi (Finlandia), é unha xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo, que xoga na posición de defensa. O seu equipo actual é o Ilves de Tampere, na Naisten Liiga finlandesa. Xogou catro tempadas no hóckey universitario norteamericano na NCAA Division I: dúas tempadas nas North Dakota Fighting Hawks e outras dúas nas Quinnipiac Bobcats. Logo da súa carreira nas ligas colexiais xogou na Svenska damhockeyligan (SDHL) de Suecia nas filas do Linköping HC, na Naisten Liiga finlandesa con Ilves Naiset, e na Zhenskaya Hockey League (ZhHL) coas KRS Vanke Rays.[1]

Como integrante da selección finlandesa, Kilponen gañou as medallas de bronce nos Campionato do Mundo feminino de hóckey sobre xeo en 2015[2] e 2017 e representou a Finlandia no torneo feminino nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Anna Kilponen naceu en Orivesi o 16 de maio de 1995,[4] e comezou a súa afección moi nova, entrando en contacto co xeo aos catro anos. Inicialmente Kilponen practicou a patinaxe artística, mais logo pasouse ao hóckey sobre xeo, xogando no Fortuna da súa cidade natal.[5]

De Orivesi marchou a Tampere, onde en 2009 comezou a súa carreira sénior na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-sarja, nas filas de Ilves Naiset, club no que permaneceu dúas tempadas.[5][4] Na tempada 2010-11, pouco despois do seu debut, foi nomeada capitá suplente con tan só 15 anos. Con todo, na tempada seguinte Kilponen fichou polo Team Oriflame de Kuortane, tamén na SM-sarja, club no que puido compaxinar a práctica do hóckey sobre xeo cos seus estudos. No Oriflame xogou entre as tempadas 2011-12 e a 2013-14, sendo a capitá do equipo na tempada 2012-13. Logo de tres tempadas no equipo de Ostrobotnia so Sur, na tempada 2014-15 regresou a Ilves e foi nomeada capitá.[4]

Antes do inicio da tempada 2015-16 Kilponen mudouse aos Estados Unidos para asistir á Universidade de Dakota do Norte e xogar ao hóckey na NCAA cos North Dakota Fighting Hawks. Xogou dúas tempadas cos Fighting Hawks, exercendo como capitá suplente na tempada 2016-17, ata que a universidade suprimiu o programa de hóckey sobre xeo feminino en 2017.[6] Entón Kilponen foi transferida á Universidade de Quinnipiac e xogou para os Quinnipiac Bobcats ata que se graduou en 2019.[7]

De volta en Europa Kilponen fichou polo Linköping da SDHL sueca, co que debutou na tempada 2019-20 season.[8] O seu rexistro dun gol e dúas asistencias en 36 partidos de tempada supón o seu mínimo.[4]

En xaneiro de 2022 asinou co KRS Vanke Rays da Zhenskaya Hockey League rusa xunto coas tamén finlandesas Noora Räty e Minttu Tuominen, equipo co que se proclamou campioa de liga.[9][10] Con todo, en xullo de 2022 Kilponen fichou polos Metropolitan Riveters da Premier Hockey Federation norteamericana.[10][11]

A finais de novembro de 2023 anunciouse o regreso de Kilponen ao Ilves.[12]

Coa selección finlandesa

[editar | editar a fonte]

En 2014 Kilponen foi seleccionada polo combinado nacional de Finlandia para disputar os Xogos Olímpicos de Inverno 2014 celebrados na cidade rusa de Sochi, xogando nos seis partidos que disputou o seu equipo, e realizando dúas asistencias.[13][5]

En 2014, Kilponen disputara con Finlandia dous Campionatos do Mundo. O seu debut chegou en 2012.[14][15]

Kilponen participou en tres campionatos coa selección finlandesa sub-18, nos Campionatos do Mundo sub-18, sendo a primeira convocatoria en 2011, cando gañou unha medalla de bronce como integrante do equipo.[16][17][18][19]

  1. "Две россиянки, трое призёров ЧМ-2021: «КРС Ванке Рэйз» обновили состав" (en ruso). Zhenskaya Hockey League. 3 de setembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2021. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  2. "2015 IIHF World Championship roster" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  3. "Anna KILPONEN - Olympic Ice Hockey | Finland" (en inglés). International Olympic Committee. 2016-06-26. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Anna Kilponen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Hanhikoski, Herkko (5 de febreiro de 2014). "Opiskelijana olympialaisiin: Anna Kilponen". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 23 de maio de 2023. 
  6. "Anna Kilponen Bio" (en inglés). undsports.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2019. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  7. "Anna Kilponen - Women's Ice Hockey" (en inglés). Quinnipiac University Athletics. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  8. "Kilponen '19 Signs with Linköping Hockey Club" (en inglés). Quinnipiac University Athletics. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  9. Westerlund, Jenna (17 de xaneiro de 2022). "Noora Räty siirtyy HPK:sta Kiinaan – Samaan seuraan myös kaksi muuta suomalaispelaajaa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 23 de maio de 2023. 
  10. 10,0 10,1 levine, Justin (14 de xullo de 2022). "RIVETERS ADD ANOTHER OLYMPIAN IN DEFENDER ANNA KILPONEN" (en inglés). Metropolitan Riveters. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2023. Consultado o 23 de maio de 2023. 
  11. Levine, Justin (14 de xullo de 2022). "Riveters Add Another Olympian In Defender Anna Kilponen" (en inglés). Metropolitan Riveters. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2022. Consultado o 22 de agosto d 2022. 
  12. Seppä, Lassi (24 de novembro de 2023). "Ilvekselle kova puolustajavahvistus − Anna Kilponen palaa tupsukorviin". jatkoaika.com (en finés). Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  13. "IIHF - Team Finland Stats - 2014 Olympics" (PDF) (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2018. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  14. "IIHF - Team Finland Stats - 2012 World Championship" (PDF) (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  15. "IIHF - Team Finland Stats - 2013 World Championship" (PDF) (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  16. IIHF (2011). IIHF Media Guide & Record Book 2012 (en inglés). Fenn/M&S. p. 557. ISBN 978-0-7710-9598-6. 
  17. {{Cita web |url=http://reports.iihf.hockey/Hydra/242/IHW2420FIN_83_5_0.pdf |título=IIHF - Team Finland Stats - 2011 U-18 World Championship |editorial=IIHF |dataacceso=24 de agosto de 2022 |lingua=en
  18. "IIHF - Team Finland Stats - 2012 U-18 World Championship" (PDF) (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de agosto de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  19. "IIHF - Team Finland Stats - 2013 U-18 World Championship" (PDF) (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de agosto de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2022.