Team Kuortane
Team Kuortane | |
---|---|
Fundación | 2010 |
Cidade | Kuortane, Ostrobotnia do Sur Finlandia |
Liga | Naisten Liiga |
Adestrador | Mira Kuisma |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
https://kuortaneenlukio.fi/jaakiekko-team-kuortane/ | |
Team Kuortane é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Kuortane, Finlandia. Actualmente compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Kuortaneen jäähalli, un pavillón con capacidade para 350 persoas.
Foi fundado en 2010, comezando a competir directamente na Naisten Liiga. Dende a súa creación o equipo xogou un total de nove veces as series pola Aurora Borealis Malja, nas que chegou disputar as semifinais nas tempadas 2017-18 e 2019-20. O maior logro do equipo na súa historia ata a tempada 2023-24 foi a medalla de bronce acadada en 2018, aínda que a causa da pandemia por coronavirus o equipo non puido disputar o partido polo bronce fronte o Kärpät en 2020.
O Team Kuortane é a base da selección feminina sub-18 de Finlandia, e a súa adestradora, Mira Kuisma é a seleccionadora. Moitas xogadoras do equipo teñen xogado coa selección finlandesa absoluta, ben durante a súa etapa en Kuortane ou como integrantes doutros equipos, conseguindo medallas para o país nórdico. Ademais varias xogadoras do equipo recibiron algún dos premios individuais da Naisten Liiga e/ou foron incluídas nalgún dos dous equipos das estrelas que cada ano designa a competición.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacemento e primeiras tempadas
[editar | editar a fonte]O Team Kuortane foi creado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo, logo dos XXIos Xogos Olímpicos de Inverno celebrados en Vancouver, como proxecto para desenvolver o hóckey feminino do país nórdico. Para a tempada 2010-11 a federación anunciou a incorporación dun novo equipo na máxima categoría do hóckey feminino finlandés con base na localidade de Kuortane, na rexión de Ostrobotnia do Sur, en cuxos Kuortaneen urheilulukio e Kuortaneen urheiluopisto estudian, viven e adestran as xogadoras.[1][2][3]
A chegada do equipo á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés provocou a expansión da liga de oito a nove equipos, dos cales o daquela denominado Team Oriflame era o equipo máis novo,[2] cun elenco de xogadoras nadas a maioría en 1994 e procedente de pequenas vilas de Finlandia. Jari Risku foi nomeado adestrador xefe do equipo para a tempada do seu debut.[1]
O Team Oriflame debutou na Naisten SM-sarja o 11 de setembro de 2010 en Jyväskylä, onde Caen fronte aoo JYP por 6-2.[4] O equipo de Kuortane non sumou o seu primeiro punto da tempada ata o quinto partido, disputado no Kuortaneen jäähalli, no que caeron fronte o Salo HT na prórroga.[5] A primeira vitoria da historia do equipo, con todo, non chegou na liga, senón nun encontro internacional que o enfrontou á seslección sub-18 de Noruega o 14 de outubro de 2010 por oito goles a un.[6] Ao final da primeira fase da competición o equipo finalizou na última posición da táboa con tan só cinco puntos: 13 derrotas, 2 derrotas na prolongación, e unha única vitoria nos 60 minutos regulamentarios conseguida na última xornada fronte o LoKV en Lohja (1-4). O Oriflame foi o segundo equipo que menos goles anotou (22), tan só superado polo Salo HT, e foi o segundo que máis goles encaixou (77), superado tamén polo Salo HT, que finalizou na penúltima posición da táboa cun punto máis que as de Kuortane. A última posición levou o equipo a xogar a serie clasificatoria para manter a categoría xunto co LoKV e o Salo HT, ademais das xogadoras dos Pelicans 2000, o K-Oulu e o IHK.[7]
Ao finalizar a serie clasificatoria o equipo estudantil mantivo a súa praza na máxima categoría logo de finalizar na segunda posición con 34 puntos, dous menos que o primeiro clasificado, LoKV, e oito máis que Salo HT, que foi o terceiro clasificado e último equipo en manter a categoría. A nivel individual Saana Valkama foi a máxima puntuadora da serie clasificatoria con 36 puntos (18 goles e outras tantas asistencias).[8] Ademais de Valkama tamén salientaron as figuras de Niina Mäkinen e Christa Alanko.[3]
Para a súa segunda tempada consecutiva na elite do hóckey feminino finlandés, o adestrador Jari Risku esperaba que o seu equipo, integrado por 24 xogadoras cunha media de idade de 17,5 anos, puidera clasificarse para entre os seis primeiros equipos e así disputar as series polo título. As xogadoras do Oriflame comezaron a preparación co inicio do ano escolar en agosto de 2011, e como parte da súa preparación o equipo de Kuortane enfronotouse á selección do Xapón,[9][10] dous enfrontamentos que finalizaron coas vitorias das asiáticas por 4-6 no primeiro partido e 2-6 no segundo.[11][12]
A liga comezou o sábado 10 de setembro de 2011 coa derrota en Jyväskylä fronte ás xogadoras do JYP (3-1).[13] No seu quinto partido de liga chegou a primeira vitoria para as xogadoras de Risku (11-0) fronte o LoKV,[14] mais a pesar da mellora do equipo quedou ás portas de clasificarse entre os seis primeiros equipos logo de finalizar na sétima posición con 20 puntos, dous menos que o JYP, sexto.[15] Finalmente, o Oriflame dominou completamente o grupo pola permanencia, gañando os 15 encontros que disputou e conseguindo así a permanencia na elite por terceira tempada consecutiva.[16]
Primeira participación nos play-offs
[editar | editar a fonte]Na súa terceira tempada o equipo comezou cunha dobre vitoria, primeiro na casa fronte o Ilves (3-2) cunha gran actuación da porteira local Tiia Ranne,[17] e na segunda xornada en Kuopio fronte o KalPa de forma contundente (2-8), o que lle valeu para situarse na segunda posición da táboa por detrás das xogadoras do Espoo Blues.[18] A pesar do bo inicio, o equipo acabou nunha meritoria quinta posición cun rexistro de 11 vitorias, 2 vitorias na prolongación, e 15 derrotas.[19] Nas series pola Aurora Borealis Malja, as xogadoras de Kuortane caeron en tres partidos (4-2, 4-1 e 4-0).[20][21] Deste xeito o equipo puña punto e final a unha tempada histórica coa súa primeira participación para os play-offs.
Loitando por manterse
[editar | editar a fonte]A pesar da mellora do equipo na tempada precedente, na 2013-14 as xogadoras dirixidas de Risku volveron quedar fóra dos play-offs ao finalizar na sétima posición, a tan só un punto das sextas clasificadas do KalPa.[22] Logo de que cinco xogadoras finalizaran os seus estudos na primavera de 2013, seis novas xogadoras uníronse ao equipo, que tivo unha idade media de 17,5 anos.[23] Na loita pola permanencia o Oriflame dominou o grupo xunto co KJT de Kerava, gañando nove dos dez partidos que disputaron e sendo o equipo máis goleador e o menos goleado.[24]
Na tempada seguinte o agora denominado Team Kuortane presentou un equipo moi novo (16,8 anos de media) e con moitas mudanzas, ademais non puido xogar moitos partidos antes do comezo da competición por mor da gripe. En palabras do adestrador, Jari Risku, o equipo presentaba como principal virtude as súas porteiras, mentres que a principal debilidade era a anotación,[25] algo que se confirmou ao final da liga regular, na que o equipo foi o menos anotador (33 goles) e acabou como pechacancelas con tan só 12 puntos.[26] No grupo pola permanencia as xogadoras de Kuortane sufriron para manter a categoría, permanencia que conseguiu logo de gañar contra as súas inmediatas perseguidoras, as Ll-89 de Lapinlahti, os dous últimos partidos da tempada (3-4 na prórroga e 1-0) cun gran último partido da porteira Anni Keisala, nomeada mellor porteira da Naiste SM-sarja esa tempada.[27]
Asentamento entre os oito mellores
[editar | editar a fonte]A tempada 2015-16 comezou co torneo de apertura en Hämeenlinna, onde os oito equipos integrantes da máxima categoría disputaron as dúas primeiras xornadas de liga entre os días 12 e 13 de setembro.[28] O equipo volveu de Hämeenlinna cun punto logo de perder contra as anfitrioas no seu debut (5-3) e de caer na prórroga fronte o Ilves na segunda xornada (3-4).[29] Malia as numerosas caras novas o equipo experimentou unha notable mellora respecto da tempada anterior, e logo de 18 partidos disputados xa conseguira sumar máis puntos que en todo curso 2014-15,[30] e á conclusión da liga regular ocupou a quinta posición e clasicouse para os play-offs.[31] Nas eliminatorias o Team Kuortane non puido superar ás Kärpät (cuartas clasificadas), e logo de ceder na prórroga no primeiro partido disputado en Oulu (2-1) caeron con contundencia no segundo partido disputado na casa (1-6), o que puxo o punto e final á segunda participación do equipo colexial nas series polo campionato.[32]
A tempada seguinte comezou de novo co torneo de apertura en Hämeenlinna. A pesar de que o equipo non comezou ben a tempada logo de caer no seu debut fronte o KJT (2-1),[33] as xogadoras dirixidas por Risku conseguiron unha importante cuarta posición na liga regular e clasificáronse para os play-offs por segundo ano consecutivo. Nas series enfrontáronse na primeira rolda ao HPK.[34] O equipo de Hämeenlinna conseguiu a vitoria na prórroga na súa visita a Kuortane no primeiro encontro (2-3), e no segundo, Noora Jaakkola cun gol no minuto 62:15 eliminou as aspiracións de medalla do Team Kuortane (4-3).[35]
Primeira medalla
[editar | editar a fonte]Na tempada 2017-18 produciuse unha mudanza na máxima competición do hóckey sobre xeo feminino, que pasou a denominarse Naisten Liiga.[36] Ese ano a liga comezou co torneo de apertura en Tampere, onde o equipo disputou os seus dous primeiros encontros da tempada. O Kuortane non puido comezar cunha vitoria a nova tempada ao caer no Tesoman jäähalli fronte o KalPa (5-2).[37] Con todo, o equipo conseguiu gañar os seguintes tres partidos para colocarse provisionalmente na segunda posición.[38] Finalmente, logo de disputarse os 30 partidos da liga regular, o Kuortane finalizou na quinta posición cun rexistro de 17 vitorias, 1 derrota máis aló do tempo regulamentario, e 12 derrotas para un total de 52 puntos, dez menos que as segundas clasificadas, as xogadoras do Kärpät.[39]
Logo da conclusión da liga regular fixéronse públicos os galardóns individuais da competición: Petra Nieminen foi premiada co trofeo Katja Riipi á mellor atacante, Anna-Lotta Räsänen recibiu o trofeo Noora Räty como mellor debutante, mentres que Jari Risku foi premiado co trofeo Hannu Saintula ao mellor adestrador. Ademais Petra Nieminen foi incluída no primeiro equipo das estrelas e Eve Savander no segundo.[40] Por outra banda, as xogadoras do equipo Petra Nieminen e Jenniina Nylund foron nomeadas xogadoras do mes en decembro e febreiro respectivamente.[41]
Nas series polo título o equipo enfrontouse ao HPK, que finalizara a liga regular na cuarta posición cun punto máis que as de Ostrobotnia do Sur. As xogadoras dirixidas por Risku eliminaron pola vía rápida ás de Hämeenlinna logo de impoñerse en tres partidos (1-4, 3-0 e 1-4). Deste xeito o equipo colexial conseguiu a clasificación para as semifinais por primeira vez na súa historia.[42][43] Nas súas primeiras semifinais as xogadoras de Kuortane enfrontáronse ás gañadoras da liga regular, o Ilves, nunha eliminatoria moi igualada. Logo de perder no primeiro partido na prórroga, as xogadoras de Risku empataron a serie no segundo partido. No terceiro encontro as de Tampere volveron impoñerse máis aló dos 60 minutos regulamentarios, e finalmente remataron a serie no cuarto partido (3-2) nun partido que se decidiu no derradeiro terzo cun gol de Linda Välimäki que as de Kuortane non puideron remontar malia a xogar sen porteira durante un minuto e medio, polo que tiveron que conformarse con disputar o partido pola medalla de bronce.[44][45][46]
No partido polo bronce o Team Kuortane enfrontouse ás xogadoras do Espoo Blues, o equipo máis laureado da competición, que finalizara a liga regular na terceira posición e caeran nas semifinais fronte ás Kärpät no quinto partido. A final de consolación xogouse en Espoo e as xogadoras do Kuortane sorprenderon ás locais dende o inicio, cando tomaron vantaxe cun gol de Petra Nieminen, no segundo terzo outros dous goles de Linnea Melotindos e Jenniina Nylund ampliaron a vantaxe, e no último terzo dous goles máis do equipo colexial puxeron o 0-5 definitivo no estadio de Tapiola nun partido no que salientou a figura da porteira visitante Tiia Pajarinen, quen conseguiu manter a portería a cero con 36 paradas, garantindo a medalla de bronce.[47][48]
Entre as xogadoras que conquistaron a medalla de bronce encontrábanse a porteira Tiia Pajarinen, así como as posteriormente internacionais coa selección finesa Sini Karjalainen, Sara Säkkinen, Viivi Vainikka, Kiira Yrjänen, Eve Savander, Sanni Rantala, Jenniina Nylund, Emilia Vesa e Petra Nieminen.[49]
Transición e etapa con Mira Kuisma
[editar | editar a fonte]Logo de conquistar a primeira medalla da historia do equipo Jari Risku deixou o equipo e foi substituído por Arttu Sissala.[50]
Como nas tempadas anteriores, a tempada 2018-19 comezou co torneo de apertura, desta volta celebrado na cidade de Oulu entre os días 8 e 9 de setembro de 2018,[51] onde as xogadoras de Kuortane debutaron cunha ampla goleada fronte o TPS (3-13).[52] Logo dos 18 encontros da fase preliminar o Team Kuortane finalizou na quinta posición, a última que daba acceso a xogar na división superior.[53] Nesta primeira fase salientou a figura da porteira Aino Laitinen, que cun 91,94% de paradas foi a segunda porteira máis efectiva da competición, só por detrás da portira de Espoo Jenna Silvonen.[54] O Team Kuortane chegou ás dúas últimas xornadas sen posibilidades de mellorar a súa clasificación da primeira fase da competición, e cun dobre enfrontamento coas xogadoras do KalPa, contra as que caeran no seu ata o momento último partido fronte ás de Kuopio por un contundente 0-9.[55] O equipo comezou nos cuartos de final as series polo título, enfrontándose precisamente ao KalPa, cuarto clasificado con 22 puntos máis que o Kuortane, e que gañara en catro dos cinco enfrontamentos entre ambos equipos esa tempada.[56] A pesar de sorprender no primeiro partido ás xogadoras de Kuopio na capital de Savonia do Norte (4-5), as de Kuortane caeron nos seguintes partidos, quedando fora da loita polas medallas.[57] A nivel individual Emilia Vesa foi recoñecida como a mellor xogadora do mes de decembro.[58]
Na tempada seguinte o equipo conseguiu chegar ás semifinais por segunda vez na súa historia. Ao finalizar a tempada 2018-19 produciuse unha mudanza no banco do Team Kuortane coa chegada de Mira Kuisma, que viña de conseguir tres medallas de xeito consecutivo coas Kärpät de Oulu e que era ademais a seleccionadora do combinado finlandés sub-18, cargo que na práctica desempeñaba a adestradora ou adestrador de Kuortane, equipo que viña achegando en torno á metade das xogadoras do equipo nacional sub-18.[59] A competición comezou co torneo de apertura celebrado en Kuopio entre os días 7 e 8 de setembro de 2019.[60] Ao final da tempada de outono as xogadoras de Kuortanne finalizaron na cuarta posición con 40 puntos, tres menos que as segundas clasificadas (KalPa), polo que disputaron a división superior.[61] Ao final da segunda fase de competición o Kuortane caeu á quinta posición, perdendo deste xeito o factor cancha nas series polo título, nas que se enfrontou na primeira rolda ao HPK,[62] equipo ao que eliminou nunha dura serie que non se decidiu ata o quinto e definitivo partido en Hämeenlinna (3-1).[63] Con todo, as xogadoras de Kuisma non tiveron ningunha opción nas semifinais fronte o K-Espoo e perderon pola vía rápida en tres partidos (6–3, 4–1 e 7–3), quedando relegadas á loita pola medalla de bronce.[64] Con todo, a causa da pandemia por coronavirus a tempada cancelouse logo das semifinais e o partido polo bronce non se chegou disputar.[65] A nivel individual Viivi Vainikka recibiu o trofeo Emma Laaksonen ao xogo limpo e formou parte, xunto coa súa compañeira Kiira Yrjänen, do segundo equipo das estrelas da Naisten Liiga.[66] Ademais Yrjänen foi nomeada xogadora do mes de outubro,[67] e Vainikka xogadora do mes de xaneiro.[68]
A tempada 2020-21 comezou con moitas mudanzas no equipo de Kuortane, xa que ata doce xogadoras novas se incorporaron para a nova campaña e sete deixaron o equipo,[69] polo que o grupo estivo formado por xogadoras moi novas e o seu principal obxectivo foi chegar á serie superior. Ademais a situación sanitaria en Ostrobotnia do Sur dificultó o traballo do equipo.[70] Finalmente o Kuortane non conseguiu cumprir o obxectivo e tivo que disputar a división inferior, xogándose a clasificación para os play-offs coas Kärpät, RoKi, Lukko, Sport e JYP. O equipo comezou ben a división inferior, sumando seis puntos nos primeiros dous partidos,[71] e finalmente conseguiu un ano máis unha praza para disputar as series polo campionato na derradeira xornada logo de gañar ao RoKi no Lappi Areena de Rovaniemi (1-2).[72] A oitava posición na clasificación xeral fixo que as xogadoras de Kuisma se enfrontaran ao K-Espoo, primeiro clasificado, nos cuartos de final.[73] Como ocorrera na tempada precedente, as de Kuortane non tiveron opcións ante as de Espoo e acabaron cedendo en dous partidos (4-2 e 0-6).[74]
Logo dos 20 partidos da fase preliminar da tempada 2021-22 o equipo finalizou na quinta posición e clasificouse para a división superior logo de rexistrar nove vitorias, unha vitoria e dúas derrotas máis aló do tempo regulamentario, e oito derrotas para un total de 31 puntos, dous menos que as cuartas clasificadas do Ilves.[75] Na división superior o Team Kuortane caeu á sexta posición logo de non conseguir vitorias, sendo superado polo TPS de Turku, polo que se enfrontou ás Kärpät, terceiras clasificadas, nos cuartos de final.[76][77] Logo da primeira fase o equipo tivo que enfrontarse a numerosas dificultades en forma de enfermidades e ausencias nos adestramentos que dificultaron a preparación para as series, onde o equipo de Oulu se impuxo en tres partidos (4–3, 4–2 e 6-1).[77] A nivel individual Tuuli Tallinen recibiu o trofeo Noora Räty á mellor debutante da Naisten Liiga, mentres que Oona Koukkula e Sofianna Sundelin foron incluídas no segundo equipo das estrelas da liga.[78]
Na tempada seguinte o formato da Naisten Liiga mudou a unha liga regular na que os dez equipos xogaron unha cuádrupla volta entre eles e posteriormente os oito primeiros disputaron os play-offs[79] A liga comezou co torneo de apertura disputado en Hämeenlinna durante os días 10 e 11 de setembro.[80] A pesar do éxito acadado nas dúas primeiras xornadas en Hämeenlinna, nas que derrotou ao Ilves e ao TPS,[81] o Kuortane acabou a liga regular na sexta posición, a mesma que a tempada precedente, e polo tanto clasificouse para os play-offs. Nas series polo campionato o equipo dirixido por Kuisma enfrontouse ao K-Espoo, terceiro clasificado da liga regular. A serie presentábase igualada, xa que nos catro enfrontamentos da liga regular tres foran para as de Espoo e un para as de Kuortane, decidíndose tres deles por un gol de diferenza. Finalmente as de Kuortane caeron en catro partidos (3-1) a pesar de ter sorprendido ás xogadoras de Sami Haapanen no primeiro partido da serie (3-4 para as de Kuortane).[82][83][84] A nivel individual Kerttu Lehmus gañou o premio á atleta estudante Sub-18, mentres que a porteira Emilia Kyrkkö foi a xogadora do mes de setembro.[85][86]
Identidade do equipo
[editar | editar a fonte]Nome
[editar | editar a fonte]Se ben dende o debut do equipo na tempada 2010-11 ata a tempada 2013-14 a súa denominación foi Team Oriflame debido ao patrocinio da empresa de cosmética Oriflame, inicialmente o nome do equipo era Team Finland Kuortane. Na tempada 2014-15 a denominación do equipo pasou a ser a actual, Team Kuortane.[1][87][88]
Logotipo e cores
[editar | editar a fonte]O logotipo do Team Kuortane é o mesmo que o do Kuortane Olympic Training Center, que integra o do Comité Olímpico Finlandés.[89][90] Nas súas redes sociais o equipo emprega unha imaxe na que se ve unha xogadora de hóckey sobre xeo difuminada detrás das letras co nome do equipo en azul e o nome do "Kuortane Olympic Training Center" en negro debaixo.[91][92] Nas súas primeiras tempadas a antiga imaxe do Kuortane Olympic Training Center, consistente nun círculo dividido en sectores ao xeito dos meridianos e paralelos da esfera terrestre de distintas cores co mapa de Finlandia, foi tamén a imaxe do equipo, sen incluír o logotipo do Comité Olímpico Finlandés.[93]
O equipo, fundado pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo emprega as mesmas cores que os equipos nacionais de Finlandia, o azul e o branco. O ton do azul mudou do azul claro nas primeiras tempadas do equipo ao azul escuro na tempada 2022-23.
Pavillón
[editar | editar a fonte]O Team Kuortane xoga os seus partidos como local no Kuortaneen jäähalli, un pavillón finalizado en 1998 e con capacidade para 350 persoas e situado nas proximidades da Kuortaneen urheiluopisto.[94][95]
O equipo ten disputado tamén partidos como local no Alavuden jäähallissa, na cidade veciña de Alavus.[96]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadoras
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Actualizado a 15 de febreiro de 2024.[97]
Capitás
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia o Team Kuortane tivo dez capitás, todas elas de nacionalidade finlandesa e Salla Tammisalo foi a primeira capitá do equipo, desempeñando esta función durante a primeira tempada do equipo. A maioría de capitás do equipo só o foron durante unha tempada, e tan só Sara Säkkinen (dúas tempadas) e Nea Tervonen (dúas tempadas) foron capitás do equipo máis dunha tempada. A seguinte táboa amosa as capitás do Team Kuortane:[98]
Nome(s) | Período |
---|---|
Salla Tammisalo | 2010-11 |
Christa Alanko | 2011-12 |
Anna Kilponen | 2012-13 |
Sara Säkkinen | 2015-17 |
Sini Karjalainen | 2017-18 |
Kiia Nousiainen | 2018-19 |
Emilia Vesa | 2019-20 |
Anna-Lotta Räsänen Kiira Yrjänen |
2020-21 |
Nea Tervonen | 2021- |
Líderes históricas
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia tres xogadoras do Team Kuortane superaron a barreira dos 100 puntos. Nas estatísticas de xogo salientan as figuras de Viivi Vainikka e Nea Tervonen. Vainikka é a máxima goleadora da historia do equipo con 68 goles en 112 encontros disputados, ademais é a líder histórica en puntos, cun total de 129. Pola súa banda Tervonen é a xogadora que máis partidos vestiu a camisola do Kuortane con 135, e a que máis asistencias sumou cun total de 69. A continuación os rexistros das cinco máximas puntuadoras históricas do equipo:[99]
Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.
Xogadora | Pos | PX | G | A | Pts |
---|---|---|---|---|---|
Viivi Vainikka | C/W | 112 | 68 | 61 | 129 |
Sofianna Sundelin | LW/RW | 110 | 57 | 60 | 117 |
Nea Tervonen | C | 135 | 31 | 69 | 100 |
Jenna Kaila | LW | 122 | 48 | 44 | 92 |
Kiira Yrjänen | C/W | 93 | 54 | 37 | 91 |
Adestradoras e adestradores
[editar | editar a fonte]Dende a creación do proxecto de Kuortane tres persoas estiveron á fronte do banco do equipo. Tradicionalmente o equipo é adestrado pola mesma persoa que ten o posto de seleccionadora do equipo nacional finlandés sub-18. O primeiro adestrador foi Jari Risku, que foi tamén o máis lonxevo no cargo, xa que dirixiu o equipo durante oito tempadas. Na tempada 2019-20 chegou ao banco Mira Kuisma, que levara ás Kärpät ao campionato en dúas ocasións (2017 e 2018). A seguinte táboa amosa as adestradoras e adestradores do Team Kuortane:[100]
Nome(s) | Período |
---|---|
Jari Risku | 2010-2018 |
Arttu Sissala | 2018-19 |
Mira Kuisma | 2019- |
O proxecto
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O Team Kuortane naceu como un proxecto único no deporte feminino do país nórdico, desenvolvido conxuntamente pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo, o Comité Olímpico Finlandés, a Kuortaneen urheiluopisto e o Kuortaneen lukio. O seu obxectivo é preparar a rapazas e mulleres que aspiran a converterse en atletas de elite e así nutrir os equipos nacionais. Cada ano o programa selecciona a unhas 15 rapazas, que viven, estudan e adestran no Centro de Adestramento do Comité Olímpico Finlandés na localidade de Kuortane.[101][88]
Ademais da preparación deportiva, as participantes do proxecto poden estudar no Kuortaneen urheilulukio, así como programas de formación profesional secundaria. A institución educativa de Kuortane é a única na que o hóckey sobre xeo feminino está posicionado no primeiro lugar.[101] Se ben o proxecto non é gratuíto para as participantes, estas poden acceder a bolsas relacionadas cos estudos.[88]
Entre as vantaxes que ofrece o proxecto ás xogadoras en formación está o aproveitamento do tempo, xa que as xogadoras non invisten tempo no traslado ao lugar de adestramento ao vivir e estudar nas proximidades, e a posibilidade de adestrar máis tempo no xeo, xa que o equipo é case o único usuario das instalacións. A alimentación e o descanso están coidados para procurar o máximo rendemento das deportistas do proxecto.[101][88]
O Team Kuortane e as seleccións finlandesas
[editar | editar a fonte]Un total de 98 patinadoras e 15 porteiras pasaron polo equipo ata a tempada 2022-23, das cales 23 patinadoras e tres porteiras chegaron á selección absoluta, o que supón un 24% e un 23% respectivamente.
As xogadoras do Team Kuortane conforman o núcleo da selección sub-18 con case a metade das xogadoras en 2019, cando o equipo finlandés gañou o seu segundo bronce.[88] Ademais a seleccionadora do combinado nacional sub-18, Mira Kuisma, é a adestradora do equipo.
Varias xogadoras teñen xogado coa selección absoluta mentres vestían a camisola do Kuotane, como Petra Nieminen e Sara Säkkinen, que gañaron o bronce olímpico nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2022.[88]
Críticas
[editar | editar a fonte]Do mesmo xeito que outros proxectos anteriores nos que se inspira como o modelo de agrupar os mellores xogadores soviéticos no CSKA de Moscova, o Team Kuortane non é criticado abertamente polos dirixentes dos outros clubs da Naisten Liiga, mais poucos o apoian. O equipo tampouco conta cunha base de público, e en 2023 carecía tamén dun sitio web.[88]
Timo Savela criticaba o proxecto nunha profunda análise do equipo publicada no sitio web especializado Jatkoaika.com. Segundo o comentarista, o proxecto centrado nun puñado de xogadoras é:[88]
“ | ... un bo exemplo de programa de desenvolvemento elitista que socava o papel dos operadores locais no aumento do número de xogadoras. | ” |
— Timo Savela |
O éxito do proxecto tamén é cuestionable, xa que dende que se creou o equipo a selección sub-18 tan só conseguiu dous bronces nos Campionatos do Mundo, un deles o mesmo ano que se creou o equipo e tan só tres xogadoras do meso foron seleccionadas.[88]
Savela sinala que a pesar do éxito do equipo ao achegar un 24% das súas patinadoras e o 23% das súas porteiras á selección absoluta, poucas acabaron converténdose en xogadoras habituais no combinado nacional do país nórdico, e moitas xa amosaran o seu potencial nos seus equipos de orixe antes de chegar a Kuortane, e no caso das porteiras como Anni Keisala, Eveliina Mäkinen e Tiina Ranne só acadaron o éxito logo de observar dende o banco ás experienciadas Meeri Räisänen e Noora Räty. O comentarista sinala que moi poucas das xogadoras formadas no proxecto podían competir coas xogadoras canadenses.[88]
De acordo coas observacións de Savela, tan só o 10% das xogadoras que participaran na Naisten Liiga na tempada 2021-22 pasaran por Kuortane, e sinala tamén un pobre impacto das xogadoras do Team Kuortane en Norteamérica, polo que o programa non sería exitoso na súa opinión. Para Salvela, as vantaxes que ofrece o Team Kuortane, afastadas das que poden ofrecer os clubs, fan que o resto de equipos poidan perder ás súas propias xogadoras, un caso que prexudicou especialmente ao Ilves.[88]
A nivel organizativo da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia o Team Kuortane tamén pode ser visto como un inconveniente, xa que a liga prográmase tendo en conta o calendario do equipo sub-18 en lugar de empregar criterios adultos.[88]
Un dato significativo é que case a metade das xogadoras que formaron parte do equipo entre 2010 e 2022 deixaron de xogar, así como unha quinta parte das que chegaron debutar coa selección nacional. Savela sinala que este fracaso pode deberse ás promesas de éxito deportivo e ás imaxes da selección finlandesa que vende o equipo e que son difíciles de realizar.[88]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Trofeos colectivos
[editar | editar a fonte]- 1 medalla de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2018[102]
Trofeos individuais
[editar | editar a fonte]- Trofeo Tuula Puputti: recompensa cada ano á mellor porteira da liga. Dúas xogadoras do equipo recibiron o galardón, para un total de tres trofeos conseguidos pola entidade:[103]
- Anni Keisala: 2015 e 2016[104][105]
- Emilia Kyrkkö: 2023[106]
- Trofeo Katja Riipi: entregado cada ano á mellor dianteira da liga. Recibe o seu nome en honor á ex xogadora de Ilves, entre outros equipos, Katja Riipi. Dúas xogadoras do equipo alzaron a galardón dende a súa introdución na tempada 2005-06:[107]
- Petra Nieminen: 2018[108]
- Trofeo Noora Räty: outorgado á mellor debutante na liga dende a tempada 2005-06. Na tempoda 2021-22 tan só unha xogadora do equipo gañara o galardón nalgunha ocasión:[109]
- Suvi Ollikainen: 2012
- Petra Nieminen: 2016[105]
- Anna-Lotta Räsänen: 2018[108]
- Tuuli Tallinen: 2022[110]
- Trofeo Emma Laaksonen: o premio ao xogo limpo entrégase dende a tempada 2011-12. Unha xogadora de Ilves Naiset gañou o premio nunha ocasión:[111]
- Emilia Vesa: 2019
- Viivi Vainikka: 2020[112]
- Premio á atleta estudante Sub-18: recoñece á mellor xogadora menor de 18 anos que compaxina a súa carreira deportiva cos estudos. Dúas xogadoras do equipo conseguiron este recoñecemento:[113]
- Kiia Nousiainen: 2018[108]
- Nea Tervonen: 2021[114]
- Kerttu Lehmus:2023[106]
- Trofeo Hannu Saintula: entregado cada ano á mellor adestradora ou adestrador dende a tempoda 2011-12. Un único adestrador conseguiu o galardón co equipo de Kuortane:
- Jari Risku: 2018[108]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
*G: Goalie (porteiro)
*C: Center (central)
*W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
*D: Defenceman (defensa). - ↑ As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Team Oriflame Kuortane nuorella joukkueella SM-sarjaan" (en finés). Leijonat.fi. 10 de setembro de 2010. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Jääkiekon naisten SM-sarjassa mielenkiintoinen tulokas". mtv3.fi (en finés). 10 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2010. Consultado o 13 de marzo de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 "Team Kuortane" (en finés). Leijonat.fi. 7 de febreiro de 2023. Consultado o 23 de xaneiro de 2024.
- ↑ "HPK aloitti naisten SM-sarjan murskavoitolla, Rajahuhta 4+2" (en finés). Leijonat.fi. 11 de setembro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Team Oriflame nousi pois nollakerhosta" (en finés). Leijonat.fi. 19 de setembro de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (16 de outubro de 2010). "Hymy herkässä! Team Oriflamelle historiallinen voitto - katso kuvat!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 1 de decembro de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (28 de novembro de 2010). "Blues jatkoaikamaalilla naisten SM-alkusarjan voittoon" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (20 de marzo de 2011). "Naisten SM-karsintasarja paketissa - LoKV, Team Oriflame ja Salo HT uusivat sarjapaikkansa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (10 de agosto de 2011). "Koulu alkoi Kuortaneella - Team Oriflamen kauden avausvastustaja Japani!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (9 de setembro de 2011). "Team Oriflamen kapteeni Christa Alanko: "Joukkue täynnä hyviä ja sitoutuneita pelaajia"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ "Japanin maajoukkue kukisti Team Oriflamen Kuortaneella" (en finés). 20 de agosto de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (21 de agosto de 2011). "Japani toistamiseen parempi harjoituspelissä" (en finés). Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ "Futis vaihtui maalintekoon jääkiekossa - "Hullunkivaa pelata pitkästä aikaa!"" (en finés). 11 de setembro de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (24 de setembro de 2011). "Team Oriflamella helppo iltapuhde - HPK nousi viime hetkellä" (en finés). Consultado o 17 de marzo de 2023.
- ↑ "Ilves Naisten SM-alkusarjan voittaja" (en finés). 20 de novembro de 2011. Consultado o 17 de marzo de 2023.
- ↑ "2011-2012 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de marzo de 2023.
- ↑ "Team Oriflame avasi kauden voitolla" (en finés). 15 de setembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "Blues ja Team Oriflame puhtaalla pelillä avausviikonlopusta" (en finés). 17 de setembro de 2012. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "2012-2013 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Mennanen, Pasi (20 de febreiro de 2013). "Kärpät kukisti Team Oriflamen toistamiseen" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (26 de febreiro de 2013). "Kauden viimeinen veisuu Kuortaneelta - JoJo riimitteli sarjakauden pakettiin" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "Blues jyräsi naisten SM:n runkosarjassa - Valmentaja kehuu junnuosastoa ja haluaa "lisää puita uuniin"" (en finés). 1 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (11 de setembro de 2013). "Team Oriflame tavoittelee playoff-paikkaa - "Raikasta ja rohkeaa jääkiekkoa!"" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (6 de abril de 2014). "Salo HT taisteli asenteella loppuun asti - Team Oriflame ja KJT säilyttivät paikkansa Naisten SM-sarjassa" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Ikonen, Petteri (12 de setembro de 2014). "Naisten SM // Team Kuortane: ”Vahvuuksia ovat maalivahtipeli ja tiivis viisikkopelaaminen”" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2014). "Naisten SM-sarjan runkosarja pelattu - Tässä playoff-joukkueet!" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (15 de marzo de 2015). "Team Kuortane ja LL-89 huipensivat naisten SM-karsinnan - Anni Keisalan nollapeli siivitti Teamin viivan paremmalle puolelle" (en finés). Consultado o 18 de marzo de 2023.
- ↑ "Naisten SM-sarjan avausviikonloppu kokoaa naiskiekon kirkkaimmat tähdet Hämeenlinnaan 12.–13.9." (en finés). 8 de setembro de 2015. Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (13 de setembro de 2015). "Kauden aloituksessa paljon hyviä kohtaamisia - "Hyvällä tiellä ollaan"" (en finés). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Nyholm, Taru (28 de novembro de 2015). "Team Kuortane jatkaa ennakkoluulottomalla linjalla Naisten SM-sarjassa - ”Ei tarvitse puristaa mailaa”" (en finés). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Nyholm, Taru (8 de febreiro de 2016). "Naisten SM-sarjan runkosarja päätökseen - ”Edessä hienot pelit”" (en finés). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Nyholm, Taru (20 de febreiro de 2016). "Naisten SM-sarjan välieräparit selvisivät - Tarkki iski kahdesti" (en finés). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Nyholm, Taru (12 de setembro de 2016). "Kärpät jahtaa mitalia Naisten SM-sarjassa - ”Ehdottomasti”" (en finés). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Nyholm, Taru (5 de febreiro de 2017). "Kärpät on Naisten SM-sarjan runkosarjan voittaja - ”Painetta onnistua”" (en finés). Consultado o 19 de marzo de 2023.
- ↑ Nyholm, Taru (26 de febreiro de 2017). "Naisten SM-sarjassa HPK varmisti paikkansa välierissä" (en finés). Consultado o 20 de marzo de 2023.
- ↑ "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). Leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "HPK Naisten Liigan avausottelun voittoon - Meeri Räisänen torjui 58 kertaa!" (en finés). 16 de setembro de 2017. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Naisten Liigan sarjakärjessä HPK - Maalivahti Meeri Räisänen huippuvedossa" (en finés). 25 de setembro de 2017. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Naisten Liigan runkosarja päätökseen - Puolivälieräparit selvillä!" (en finés). 5 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Naisten Liigan kauden 2017-18 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). 8 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Team Kuortaneen Jenniina Nylund Naisten Liigan helmikuun kuukauden pelaaja" (en finés). 2 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Team Kuortane varmisti paikkansa Naisten Liigan välierissä" (en finés). 11 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Kuortane teki historiaa ja marssi Naisten Liigan välieriin ensimmäistä kertaa". Jatkoaika.com (en finés). 10 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ Hämäläinen, Arno (18 de marzo de 2018). "Ilvekselle makea ensimmäinen kiinnitys finaalipaikkaan − Team Kuortane taipui voittomaalikilpailussa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ Hämäläinen, Arno (23 de marzo de 2018). "Ilves jälleen Team Kuortanetta parempi voittomaalikilpailussa − välieräsarja lauantaina katkolla tupsukorville". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ "Ilves Naisten Liigan finaaliin, Team Kuortane pelaa pronssista". Jatkoaika.com (en finés). 24 de marzo de 2018. Consultado o 8 de abril de 2023.
- ↑ Karjalainen, Timo (31 de marzo de 2018). "Team Kuortane selätti Bluesin pronssiottelussa". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 9 de abril de 2023.
- ↑ Tiskonlahti, Kirsi (24 de marzo de 2018). "Team Kuortane saavutti ensimmäisen mitalinsa Naisten Liigassa – Pajarinen torjui nollapelin". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 9 de abril de 2023.
- ↑ "Team Kuortane" (en finés). Leijonat.fi. 7 de febreiro de 2023. Consultado o 24 de setembro de 2023.
- ↑ "Jääkiekko" (en finés). Kuortane.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (8 de setembro de 2018). "Näin pelataan Naisten Liigan avausviikonloppuna - Viime kauden finalistit heti vastakkain" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (9 de setembro de 2018). "Näin Naisten Liigassa pelattiin lauantaina - Turnausviikonloppu jatkuu sunnuntaina viidellä ottelulla" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (26 de novembro de 2018). "Naisten Liigan alkusarja pelattiin päätökseensä - Tässä lopullinen sarjataulukko" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (26 de novembro de 2018). "Bluesin Jenna Silvonen Naisten Liigan alkusarjan maalivahtitilaston ykkönen" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de febreiro de 2019). "Naisten Liigan viimeiset runkosarjan ottelut viikonloppuna – Näistä lähtökohdista peleihin!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Valkjärvi, Reetta (21 de febreiro de 2019). "Naisten Liigan pudotuspelit alkavat lauantaina – Nämä joukkueet pelaavat puolivälierissä" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ "Puolivälierät 2018-2019" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (4 de xaneiro de 2019). "Team Kuortaneen Emilia Vesa Naisten Liigan joulukuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Teiskonlahti, Kirsi (17 de marzo de 2019). "Kärppien kultasormi Kuisma jatkaa matkaansa Kuortaneelle – pronssijuhliin huipentui työläs kausi: "Olin aika puhki tammikuussa"" (en finés). Yle Urheilu. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (6 de setembro de 2019). "Naisten Liigan kausi käynnistyy Kuopiossa – Tässä avausturnauksen ohjelma" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (3 de decembro de 2019). "Sarjataulukkokatsaus: Naisten Liigan alkusarjavaihe pelattu – Näin kausi jatkuu" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (3 de febreiro de 2020). "K-Espoo voitti Naisten Liigan ylemmän jatkosarjan – Lopputaulukko" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de marzo de 2020). "Team Kuortane Naisten Liigan välieriin – Välieräparit K-Espoo–Kuortane, Kärpät–KalPa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (7 de marzo de 2020). "K-Espoo eteni Naisten Liigan finaaliin – Team Kuortane nurin otteluvoitoin 3–0 – Maalikooste" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (26 de marzo de 2020). "Jääkiekkoliiton hallituksen päätökset kauden keskeytymisen vaikutuksista kuluneen kauden sijoituksiin ja kauden 2020-21 sarjapaikkoihin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (23 de marzo de 2020). "Naisten Liigan kauden 2019–20 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de novembro de 2019). "Team Kuortaneen Kiira Yrjänen Naisten Liigan lokakuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (4 de febreiro de 2020). "Team Kuortaneen Viivi Vainikka Naisten Liigan tammikuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (5 de setembro de 2020). "Millainen on kauden 2020–21 Team Kuortane? "Nälkäinen ja vauhdikas porukka"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (30 de novembro de 2020). "Team Kuortaneen joukkue on kohdannut alkukaudella monia haasteita: ”Emme ole antaneet muutosten vaikuttaa tekemiseemme”" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (11 de xaneiro de 2021). "Kuortaneella ja RoKilla vahva avaus Naisten Liigan alemmassa jatkosarjassa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de marzo de 2021). "Maalikooste: Team Kuortane varmisti paikkansa pudotuspeleissä kukistamalla niukasti RoKin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (1 de marzo de 2021). "Naisten Liigan puolivälieräsarjat käyntiin keskiviikkona – Tässä parit!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (6 de marzo de 2021). "Kiekko-Espoo, KalPa, HIFK ja Ilves välieriin Naisten Liigassa – Näin pelattiin lauantaina" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (13 de decembro de 2021). "Tältä näyttää Naisten Liigan alkusarjan lopputaulukko – Kuusi parasta joukkuetta ylempään jatkosarjaan" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (20 de marzo de 2022). "Naisten Liigan puolivälieräsarjat käyntiin ensi lauantaina – Tässä parit!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ 77,0 77,1 Viljanen, Markus (7 de abril de 2022). "Kuortaneen kausi päättyi puolivälieriin, mutta päävalmentaja Mira Kuisman kausi jatkuu vielä pitkälle kesään" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (13 de xuño de 2022). "Naisten Liigan kauden 2021–22 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Löfman, Heikki (9 de setembro de 2022). "Naisten Liiga alkuun – kaikki joukkueet heti tulessa viikonvaihteen avausturnauksessa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ "NAISTEN LIIGAN AVAUSTURNAUS VIIKONLOPPUNA HÄMPTONISSA!" (en finés). HPK.fi. 7 de setembro de 2022. Consultado o 12 de setembro de 2022.
- ↑ Löfman, Heikki (11 de setembro de 2022). "Kuortane jatkoi voittolinjalla TPS:ää vastaan: "Olimme valmiita alusta lähtien"" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Löfman, Heikki (4 de marzo de 2023). "Naisten Liiga: Kiekko-Espoo ja HPK voittoihin ja välieriin" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Löfman, Heikki (22 de febreiro de 2023). "Naisten Liiga: Pudotuspelit käyntiin – näin puolivälieräparit mittelivät runkosarjassa" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Löfman, Heikki (25 de febreiro de 2023). "Naisten Liiga: HIFK musertava puolivälieräavauksessa – Kuortane haki vierasvoiton Espoosta" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (24 de febreiro de 2023). "Naisten Liigan kauden 2022–23 ensimmäisten pelaajapalkintojen voittajat ovat tässä: Pejzlova, Holopainen, Lehmus!" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (3 de outubro de 2022). "Team Kuortaneen Emilia Kyrkkö Naisten Liigan syyskuun pelaaja" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 17 de abril de 2023.
- ↑ Ikonen, Petteri (12 de setembro de 2014). "Naisten SM // Team Kuortane: ”Vahvuuksia ovat maalivahtipeli ja tiivis viisikkopelaaminen”" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 11 de marzo de 2023.
- ↑ 88,00 88,01 88,02 88,03 88,04 88,05 88,06 88,07 88,08 88,09 88,10 88,11 88,12 Savela, Timo. "TEAM KUORTANE − NAISKIEKON TÄHTITEHDAS?". Jatkoaika.com. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ "Kuortane Olympic Training Center" (en finés). Kuortane.com. Consultado o 4 de xuño de 2023.
- ↑ Sitio web oficial do [[Comité Olímpico Finlandés (en finés)
- ↑ Imaxe de perfil do equipo no Facebook
- ↑ Imaxe de perfil do equipo no Twitter
- ↑ Hanhikoski, Herkko (5 de febreiro de 2014). "Opiskelijana olympialaisiin: Anna Kilponen". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 4 de xuño de 2023.
- ↑ "Kuortaneen jäähalli" (en finés). jaahalliportaali.fi. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Jäähalli" (en finés). kuortane.com. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ Aralinna, Virpi (30 de xaneiro de 2016). "Joukkueenjohtajan otteluraportti: Team Kuortane lauantaikierroksella KalPaa parempi" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ "KOKOONPANO Team Kuortane" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 15 de febreiro de 2024.
- ↑ "Team Kuortane - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 12 de marzo de 2023.
- ↑ "Team Kuortane - All Time Overall Totals Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de maio de 2023.
- ↑ "Team Kuortane - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 17 de xuño de 2023.
- ↑ 101,0 101,1 101,2 Mennander, Pasi (7 de decembro de 2011). "Team Oriflame on ainutlaatuinen jääkiekkojoukkue" (en finés). Consultado o 17 de xuño de 2023.
- ↑ Teiskonlahti, Kirsi (31 de marzo de 2018). "Team Kuortane saavutti ensimmäisen mitalinsa Naisten Liigassa – Pajarinen torjui nollapelin". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 12 de marzo de 2023.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Goaltender (Tuula Puputti Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ Mennander, Pasi (6 de marzo de 2025). "Naisten SM-sarjan kauden 2014-15 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ 105,0 105,1 Mennander, Pasi (4 de marzo de 2016). "Naisten SM-sarjan kauden 2015-16 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ 106,0 106,1 Mennander, Pasi (10 de xuño de 2023). "Naisten Liigan kauden 2022–23 palkitut pelaajat, valmentajat ja tuomarit" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Best Forward (Katja Riipi Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ 108,0 108,1 108,2 108,3 Mennander, Pasi (8 de marzo de 2018). "Naisten Liigan kauden 2017-18 palkitut pelaajat, erotuomarit ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ Mennander, Pasi (13 de xuño de 2022). "Naisten Liigan kauden 2021–22 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ Mennander, Pasi (23 de marzo de 2020). "Naisten Liigan kauden 2019–20 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
- ↑ "Awards - Naisten Liiga (W) U18 Scholastic Player of the Year" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de marzo de 2023.
- ↑ Mennander, Pasi (25 de marzo de 2021). "Naisten Liigan kauden 2020–21 palkitut pelaajat ja tähtikentät" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Team Kuortane |