Naisten SM-sarja 1989-1990
Tipo | Auroraliiga |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Localización e Datas | |
País | Finlandia |
A tempada 1989-1990 da Naisten SM-sarja foi a oitava tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de sete equipos tomaron parte na competición. Por primeira vez na historia da liga introducíronse os play-offs polo título, que constaron de semifinai e finais.
Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o quinto título da súa historia.
Estrutura da tempada
[editar | editar a fonte]A competición constou dunha liga regular a dobre volta na que cada equipo disputou un total de 12 encontros, e foron introducidos os play-offs polo título, que constaron de semifinai e finais, ademais dun partido pola medalla de bronce.[1][2] O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.
Os catro mellores equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, que se xogaron en series ao mellor de tres encontros, os gañadores de cada unha das dúas series disputaron as finais, tamén ao mellor de tres encontros, mentres que os outros dous equipos xogaron un partido para decidir a medalla de bronce do campionato finés.[1][2]
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Na tempada 1989-90 o número de equipos da liga reduciuse a sete logo das renuncias do Sport de Vaasa, que foi substituído polas Tiikerit de Hämeenlinna, e o IFK de Helsinqui.
Nome | Cidade |
---|---|
EVU | Vantaa |
Ilves | Tampere |
Ilves-Kiekko | Tampere |
SaiPa | Lappeenranta |
Shakers | Kerava |
Tiikerit | Hämeenlinna |
Ässät | Pori |
Liga regular
[editar | editar a fonte]Ao final da liga regular o EVU de Vantaa finalizou na primeira posición con 21 puntos logo de gañar 10 partidos, empatar un e perder outro. O Ilves foi o equipo máis goleador con 105 goles a favor, metres que o EVU foi o menos goleado logo de encaixar tan só 10 goles. Por contra as Tiikerit de Hämeenlinna foron o equipo que máis goleado (104) e o que menos goles anotou (6). O Ilves protagonizou unha vez máis as maiores goleadas, como o 16-0 e o 0-14 fronte ás Tiikerit.[2]
Ao final da tempada as Tiikerit finalizaron na última posición e tiveron que xogarse a permanencia fronte as TPS de Turku.[2]
- Clasificación
Pos. | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | EVU | 12 | 10 | 1 | 1 | 55 | 10 | +45 | 21 |
2 | Ilves | 12 | 10 | 0 | 2 | 105 | 12 | +93 | 20 |
3 | Shakers | 12 | 8 | 2 | 2 | 44 | 31 | +13 | 18 |
4 | SaiPa | 12 | 6 | 1 | 5 | 37 | 48 | -11 | 13 |
5 | Ässät | 12 | 4 | 0 | 8 | 26 | 44 | -18 | 8 |
6 | Ilves-Kiekko | 12 | 2 | 0 | 10 | 21 | 45 | -24 | 4 |
7 | Tiikerit | 12 | 0 | 0 | 12 | 6 | 104 | -98 | 0 |
- Resultados
EVU | Ilves | Shakers | SaiPa | Ässät | Ilves-K | Tiikerit | |
EVU | 1-0 | 3-0 | 5-2 | 3-0 | 8-0 | 8-0 | |
Ilves | 6-0 | 2-3 | 11-2 | 10-1 | 6-2 | 16-0 | |
Shakers | 2-2 | 0-10 | 4-2 | 5-1 | 4-2 | 7-1 | |
SaiPa | 0-6 | 2-14 | 4-4 | 4-0 | 4-1 | 4-0 | |
Ässät | 0-4 | 1-6 | 3-5 | 1-2 | 3-2 | 9-1 | |
Ilves-K | 0-4 | 0-10 | 0-1 | 1-2 | 1-2 | 10-0 | |
Tiikerit | 0-11 | 0-14 | 1-9 | 1-9 | 1-5 | 1-2 |
Líderes de anotación
[editar | editar a fonte]A xogadora do Ilves Marianne Ihalainen foi a máxima puntuadora da liga regular, rexistrando 33 puntos en 12 partidos. Ihalainen foi a máxima goleadora con 21 goles, así como a líder en asistencias con 12. Katri Javanainen, do Ässät, pola súa banda foi a xogadora máis penalizada cun total de 34 minutos de penalización.[1][2]
Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | PIM | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Marianne Ihalainen | Ilves | 12 | 21 | 12 | 33 | 0 |
2 | Anne Haanpää | Ilves | 12 | 13 | 11 | 24 | 18 |
3 | Kirsi Rasa | SaiPa | 12 | 10 | 11 | 21 | 10 |
4 | Liisa Karikoski | EVU | 12 | 11 | 8 | 19 | 2 |
5 | Tiina Pihala | Ilves | 12 | 9 | 10 | 19 | 12 |
Play-offs
[editar | editar a fonte]Semifinais | Final | |||||
1 - EVU | 2 | |||||
4 - SaiPa | 1 | |||||
1 - EVU | 0 | |||||
2 - Ilves | 2 | |||||
Terceiro e cuarto posto | ||||||
2 - Ilves | 2 | 3 - Shakers | 0 | |||
3 - Shakers | 0 | 4 - SaiPa | 1 |
Semifinais
[editar | editar a fonte]EVU (1) vs SaiPa (4)
[editar | editar a fonte]Ilves-K – Tiikerit | |||
---|---|---|---|
EVU | SaiPa | 2–3 (OT) | |
SaiPa | EVU | 0–1 | |
EVU | SaiPa | 7–3 | |
O EVU gaña a serie 2-1. |
Ilves (2) vs Shakers (3)
[editar | editar a fonte]Ilves-K – Tiikerit | |||
---|---|---|---|
Ilves | Shakers | 3–0 | |
Shakers | Ilves | 0–7 | |
O Ilves gaña a serie 2-0. |
Partido polo bronce
[editar | editar a fonte]Shakers | 1 - 2 |
SaiPa |
Finais
[editar | editar a fonte]Ilves-K – Tiikerit | |||
---|---|---|---|
EVU | Ilves | 0–5 | |
Ilves | EVU | 4–1 | |
O Ilves gaña as finais 2-0. |
Estatísticas das series
[editar | editar a fonte]- Xogadoras
Xogadora | Equipo | PX | G | A | Pts | PIM | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Kirsi Rasa | SaiPa | 4 | 5 | 2 | 7 | 0 |
2 | Katja Pirinen | SaiPa | 4 | 2 | 5 | 7 | 0 |
3 | Marika Lehtimäki | Ilves | 4 | 1 | 5 | 6 | 0 |
Equipo campión
[editar | editar a fonte]O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1990 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]
Campión feminino de Finlandia Ilves |
Porteiras: Liisa-Maria Sneck, Katri Ahvenjärvi Patinadoras: Marianne Ihalainen, Anne Haanpää, Tiina Pihala, Tiia Reima, Anne Nurmi, Sari Saha, Jenni Leinonen, Päivi Halonen, Jaana Peltonen, Jaana Rautavuoma, Jaana Rautavuoma, Kirsi Hirvonen, Marika Lehtimäki, Leena Majaranta, Maarit Rastas, Miia Lehtimäki, Eija Sorvari |
Series pola permanencia
[editar | editar a fonte]O último clasificado da liga regular, as Tiikerit, tiveron que xogarse a permanencia na máxima categoría fronte o segundo clasificado da I-divisioona (segunda categoría), o TPS.[2]
Logo das series pola permanencia, as xogadoras do TPS de Turku conseguiron o ascenso de categoría, mais a renuncia a competir na máxima categoría por parte do Etelä-Vantaan Urheilijat e o Ilves-Kiekko fixo que ascendera á máxima categoría o KalPa de Kuopio.[2]
Ilves-K – Tiikerit | |||
---|---|---|---|
Tiikerit | TPS | 2–4 | |
TPS | Tiikerit | 3–1 | |
O TPS gaña a serie 2-0. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "Finnish Women's Hockey League Results" (en inglés). whockey.com. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "1990 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023.