Saltar ao contido

Naisten SM-sarja 1991-1992

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaNaisten SM-sarja 1991-1992
TipoAuroraliiga Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísFinlandia Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1991-1992 Editar o valor en Wikidata

1990 Editar o valor en Wikidata
1992Editar o valor en Wikidata

A tempada 1991-1992 da Naisten SM-sarja foi a décima tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Un total de oito equipos tomaron parte na competición.

Ao final da tempada o Ilves de Tampere conseguiu o sétimo título da súa historia logo de impoñerse ás Shakers de Kerava nas finais (2-0).

Estrutura da tempada

[editar | editar a fonte]

A competición constou dunha liga regular a dobre volta na que cada equipo disputou un total de 14 encontros.[1] O sistema de puntuación concedeu dous puntos pola vitoria, un polo empate e o equipo perdedor non sumaba ningún punto.

Os catro mellores equipos da liga regular clasificáronse para as semifinais, que se xogaron en series ao mellor de tres encontros, os gañadores de cada unha das dúas series disputaron as finais, tamén ao mellor de tres encontros, mentres que os outros dous equipos xogaron un partido para decidir a medalla de bronce do campionato finés.[1]

Equipos participantes

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1991-92 participaron un total de oito equipos, un máis que na tempada precedente logo do ascenso do Ketterä de Imatra

Nome Cidade
EKS Espoo
Ilves Tampere
KalPa Kuopio
Ketterä Imatra
SaiPa Lappeenranta
Shakers Kerava
TPS Turku
Ässät Pori

Liga regular

[editar | editar a fonte]

Ao final da liga regular o Ilves de Tampere finalizou na primeira posición con 26 puntos logo de gañar 12 partidos e empatar dous. O equipo de Tampere foi tamén o máis goleador con 114 goles a favor e o menos goleado logo de encaixar tan só 6 goles. Por contra o SaiPa de Lappeenranta foi o equipo que menos goles anotou (13), e as Ässät de Pori foron o equipo máis goleado (76).[1]

Clasificación
Pos. Equipo PX V E D GF GC DG Pts
1 Ilves 14 12 2 0 114 6 +108 26
2 Shakers 14 10 2 2 96 19 +77 22
3 EKS 14 11 0 3 58 19 +39 22
4 KalPa 14 3 4 6 23 60 -37 10
5 Ässät 14 4 2 8 24 76 -52 10
6 TPS 14 4 1 9 22 59 -37 9
7 Ketterä 14 3 2 9 20 70 -50 8
8 SaiPa 14 0 3 11 13 62 -49 3

Líderes de anotación

[editar | editar a fonte]

A xogadora do Ilves Anne Nurmi foi a máxima puntuadora da liga regular, rexistrando 31 puntos en 14 partidos. Ihalainen foi a máxima goleadora con 23 goles, mentres que a líder en asistencias foi Marianne Ihalainen (Ilves) con 19. Anne Haanpää, tamén do Ilves, foi a xogadora máis penalizada cun total de 37 minutos de penalización.[1][2]

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Anne Nurmi Ilves 14 23 8 31 12
2 Marika Lehtimäki Ilves 14 18 11 29 4
3 Tiia Reima Ilves 14 20 8 28 10
4 Johanna Ikonen Shakers 14 16 12 28 2
5 Marianne Ihalainen Ilves 14 9 19 28 4

Play-offs

[editar | editar a fonte]
  Semifinais Final
             
  1 - Ilves 2  
  4 - KalPa 0  
 
      1 - Ilves 2
    2 - Shakers 0
 
 
Terceiro e cuarto posto
  2 - Shakers 2   3 - EKS   1
  3 - EKS 1     4 - KalPa   0


Partido polo bronce

[editar | editar a fonte]
EKS 3 - 1
KalPa
Ilves-K – Tiikerit
Ilves Shakers 3–1
Shakers Ilves 4–5
O Ilves gaña as finais 2-0.

Estatísticas das series

[editar | editar a fonte]
Xogadoras
Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Liisa Karikoski EKS 4 3 3 6 0
2 Tiia Reima Ilves 4 3 3 6 2
3 Jaana Peltonen Ilves 4 4 1 5  0

Equipo campión

[editar | editar a fonte]

O equipo do Ilves que conquistou o campionato finlandés feminino en 1992 estivo integrado polas seguintes xogadoras:[3]

Campión feminino de Finlandia


Ilves

Porteiras: Liisa-Maria Sneck, Miia Lehtimäki

Patinadoras: Anne Nurmi, Marika Lehtimäki, Tiia Reima, Marianne Ihalainen, Tiina Pihala, Kirsi Hirvonen, Katri Niemelä, Jaana Peltonen, Sari Salmela, Sari Kustila, Tiina Koivumäki, Jenni Leinonen, Liisa Mäenpää, Sari Saha, Merja Leppänen, Jaana Rautavuoma, Maarit Rastas, Anne Kalava, Katariina Surakka

Series pola permanencia

[editar | editar a fonte]

Na loita pola permanencia o SaiPa descendeu de categoría, gañando a súa praza o JoKP de Joensuu. Pola súa banda, o Ketterä mantivo a categoría.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "NAISTEN SM-HISTORIA". JÄÄKIEKKOKIRJA 2023 (en finés). Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo. p. 253. 
  2. "1991-1992 REGULAR SEASON PLAYER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. 
  3. "1991 Ilves" (en finés). Leijonat.fi. Consultado o 28 de abril de 2023. 
  4. "1991-1992 STANDINGS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 21 de setembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]